Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se acorda publicar as disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (A Coruña) e das súas modificacións.

O 21 de xullo de 2000 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo. Posteriormente, con datas do 6 de maio de 2005 e 15 de maio de 2008, aprobáronse as súas modificacións puntuais nº 1 e nº 2.

No proxecto sectorial e nas súas modificacións propúxose a creación dun centro loxístico de transportes como zona industrial especializada na organización e a regulación dos fluxos de transporte e de información, así como un punto de conexión e articulación de redes de transporte dos distintos medios e de converxencia de servizos loxísticos.

O artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, establece que o acordo de aprobación definitiva será publicado no Diario Oficial de Galicia e o plan ou proxecto sectorial entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación. En cumprimento desta disposición, no DOG nº 189, do 28 de setembro de 2000, publicouse o acordo de aprobación do dito proxecto sectorial. Porén, na dita publicación e na das súas modificacións non se incluíron as disposicións normativas do proxecto sectorial, tal e como exixe o artigo 4 da Lei 10/1995, de 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Co fin de cumprir co trámite indicado nas normas citadas, e consonte a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo do 5 de xullo de 2016, ditada no recurso de casación nº 1571/2015, procede acordar a publicación das disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (A Coruña) e das súas modificacións.

Tras a súa publicación, deberase modificar o planeamento urbanístico municipal do concello de Culleredo para adecuar as súas determinacións ao proxecto que se aproba, consonte o disposto nos artigos 24 da Lei 10/1995 e 11.2 do Decreto 80/2000.

Polo exposto,

Logo de examinar o expediente administrativo, a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Publicar as disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, así como as súas modificacións.

Consonte o disposto nos artigos 24 da citada Lei 10/1995 e 11.2 do xa citado Decreto 80/2000, deberase modificar o planeamento urbanístico municipal para adecuar as súas determinacións ao proxecto que se aproba.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (A Coruña) e as súas modificacións atópase publicado no portal web da consellería de Infraestruturas e Mobilidade na ligazón https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/normativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

«Capítulo previo. Antecedentes

Índice: capítulo previo

1. Antecedentes.

2. Necesidade e conveniencia da redacción deste documento.

1. Antecedentes.

O Concello de Culleredo, no marco de creación, renovación e mellora da infraestrutura do seu termo municipal, propúxose a creación dun centro loxístico de transportes (en diante CLTC) como zona industrial especializada na organización e a regulación dos fluxos de transporte e de información, así como punto de conexión e articulación de redes de transporte dos distintos medios (ferrocarril, estrada, porto e aeroporto) e de converxencia de servizos loxísticos. A súa situación será no lugar denominado Outeiro (Ledoño) por parecer o punto máis idóneo polas súas características excepcionais en canto a comunicacións coas principais infraestruturas de transportes.

O Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, establece no seu artigo 183 e seguintes o procedemento que se seguirá para obter a preceptiva autorización da Administración competente, neste caso a Xunta de Galicia (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda) que autoriza a súa construción por orde da citada consellería do 8 de setembro de 1998, na virtude da cal, o Concello de Culleredo procedeu á publicación do correspondente concurso para a adxudicación da concesión administrativa para a construción e explotación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (DOCE do 12.3.1999, BOE do 18.3.1999 e DOG do 25.3.1999), tras a aprobación plenaria dos oportunos pregos de bases, na data do 23 de febreiro de 1999.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Transportes considerou en informe do 31 de xaneiro do ano que corre, que os centros de transportes de mercadorías autorizados por esa dirección xeral, como é o caso, son de interese público e/ou utilidade social para a Comunidade Autónoma.

Por último, convén salientar que a Xunta de Galicia, en resposta parlamentaria a unha pregunta do BNG, sinalou no 30 de agosto de 1999 o seguinte: “A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda outorgou autorización para a construción dun centro de transportes de mercadorías ao Concello de Culleredo. Este concello resolveu recentemente o concurso de construción e explotación do devandito centro, polo que nun prazo razoable a área de influencia da cidade da Coruña poderá contar cunha importante infraestrutura de transportes por estrada”.

2. Necesidade e conveniencia da redacción deste documento.

Considerando que a execución da dotación e das instalacións proxectadas e recollidas neste proxecto sectorial non se adecuan ás determinacións urbanísticas recollidas no plan local vixente no territorio de Culleredo (Plan xeral de ordenación urbana, en diante PXOU) e dado que na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, se regula o procedemento para a execución dos proxectos sectoriais que sexan cualificados de incidencia supramunicipal polo Consello da Xunta de Galicia, é necesaria e conveniente a redacción deste documento para os efectos da súa tramitación ante a Xunta de Galicia para solicitar desta:

a) A aprobación deste proxecto como proxecto de interese supramunicipal para os efectos previstos no artigo 24 da Lei 10/1995.

b) O recoñecemento en concreto da utilidade pública e urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a instalación proxectada de conformidade co punto segundo da disposición adicional terceira da Lei 2/1998, do 8 de abril, da Xunta de Galicia, de medidas tributarias de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión.

Capítulo 1

Descrición do espazo en que se asenta a instalación deste proxecto e ámbito territorial de incidencia

Índice do capítulo 1

1. Ámbito.

1.1. Descrición.

1.2. Características topográficas, paisaxísticas, vexetación e arboredo.

1.3. Usos e edificacións existentes.

1.4. Infraestruturas existentes no ámbito.

1.5. Estrutura da propiedade do solo.

2. Ámbito territorial de incidencia do proxecto sectorial.

1. Ámbito.

1.1. Descrición.

O ámbito de solo afectado polas instalacións do CLTC ten unha superficie de 602.476,19 m2 segundo a delimitación pormenorizada recollida nos planos de información e ordenación do capítulo 7. Localízase no termo municipal de Culleredo, no lugar de Burras, pertencente ás parroquias de Orro e Ledoño, e na confluencia das seguintes infraestruturas de comunicación:

• A-6 autovía do Noroeste.

• CP-3109 estrada provincial de Arteixo a Culleredo.

• FF-CC A Coruña-Santiago.

O ámbito do solo afectado polo CLTC ten os seguintes límites:

• Norte: A-6 autovía do Noroeste.

• Sur: CP-3109 estrada provincial de Culleredo a Ledoño, camiño de servidumes e diversas parcelas de distintas formas e características articuladas sobre a base dun parcelario de orixe agrícola e forestal soportada en diversos camiños.

• Leste: CP-3109 estrada provincial de Culleredo a Ledoño.

• Oeste: FFCC-A Coruña-Santiago, diversas parcelas de distintas formas e características articuladas sobre a base dun parcelario de orixe agrícola e forestal soportada entre outros, polo camiño de Ledoño a Orro.

1.2. Características topográficas, paisaxísticas, vexetación e arboredo.

1.2.1. Topografía.

A área de estudo considerada atópase nunha zona de relevos suaves. A topografía é descendente en dirección leste ata chegar á estrada Culleredo-Ledoño, que enlaza coa autovía. Nun primeiro tramo atópanse ladeiras que baixan desde a vía do ferrocarril (cota aproximada +110 m) ata a cota +50 m. Estas ladeiras presentan, fundamentalmente, un aproveitamento forestal. A partir da cota +50 m aparecen terreos bastante chairos e fértiles, o uso fundamental dos cales é o agrícola, que, ao estaren regados polo regueiro de Orro e polo río Valiñas, presentan aproveitamentos de importancia.

As zonas principais de valgada discorren a ambos os dous lados do regueiro de Orro e do río Valiñas, con alturas inferiores aos 25 m.

Xeoloxicamente a zona de estudo enmárcase no Macizo Hercínico. Das cinco zonas en que este macizo se divide na Península Ibérica, esta área pertence á denominada zona centro ibérica e, dentro dela, ao dominio de Galicia Tras-os-Montes.

Na área de estudo atópanse dous tipos de rochas: xistos e granitos. Os xistos pertencen ao complexo de Ordes e dentro das unidades que compoñen este complexo forman parte da unidade de Betanzos-Arzúa.

1.2.2. Vexetación.

Distínguese no ámbito unha soa serie de vexetación, aínda que en áreas próximas aparece unha segunda serie, pertencente a outro piso bioclimático. As series na devandita orde son:

– Serie colina galaico-portuguesa acidófila do carballo ou Quercus robur.

– Serie montana galaico-portuguesa acidófila do carballo ou Quercus robur.

Obviamente, só a primeira delas será descrita nesta epígrafe.

Áchase amplamente distribuído en case todas as provincias corolóxicas da rexión Eurosiberiana da Península Ibérica. Ocupa un extenso territorio no norte e noroeste peninsular, sobre todo nos sectores cántabro-euskaldún, galaico-asturiano e galaico-portugués, onde representa unha cintura ou chanzo altitudinal costeiro, de amplitude variable. En xeral, a este piso bioclimático colino pertencen os territorios costeiros, vales e montañas desde o mar ata os 300 a 400 metros de altitude, aínda que esta cota pode oscilar apreciablemente nalgunhas bisbarras. En todo este piso bioclimático as cabezas de serie ou etapas maduras das sinasociacións, ou sigmetum, teñen unha estrutura boscosa, na cal preponderan as árbores caducifolias, con excepción das series sucesorias de carrascas e aciñeiras, que son perennifolias.

Das 7 series recoñecidas deste piso, a que nos ocupa intégrase nas series das carballeiras colinas e colinos-montanas acidófilas cántabro-atlánticas.

As series das carballeiras acidófilas colino-montanas cántabro-atlánticas presididas polo carballo de folla sésil ou, simplemente, carballo (Quercus robur) áchanse amplamente distribuídas por todo o noroeste da Península Ibérica.

Cara a occidente, a partir do subsector galaico-asturiano setentrional, as carballeiras acidófilas son dominantes en todos os solos oligo-mesótrofos e só inclúen algún ameneiro (Alnus glutinosa) nos solos de hidromorfía temporal marcada (Carpinion, Alno-Ulmion).

A serie colina galaico-portuguesa acidófila do carballo (Rusco-Querceto roboris sigmetum) corresponde no seu óptimo estable a unha carballeira densa de carballos (Quercus robur), que poden levar certa cantidade de cerquiños (Quercus pyrenaica), acivros (Ilex aquifolium), castiñeiros (Castanea sativa), loureiros (Laurus nobilis) e sobreiras (Quercus suber) en certos casos.

No sotobosque da carballeira, ademais dun bo número de herbas nemorais esciófilas, como Teucrium scorodonia, Hypericum pulchrum, Holcus mollis, Asplenium onopteris, Luzula forsteri, Viola riviniana, Linaria triornithophora, Omphalodes nitida, Aquilegia vulgaris subsp. dichroa, Anemone trifolia subsp. albida, Luzula sylvatica subsp. henriquesii, etc., existe un sotobosque arbustivo máis ou menos denso no que adoitan acharse elementos mediterráneos da clase Quercetea ilicis, como Ruscus aculeatus, Daphne gnidium, Arbutus unedo, Rubia peregrina, Viburnum tinus, etc., coexistindo con outros vexetais caducifolios eurosiberianos ou de área máis ampla, como Pyrus cordata, Lonicera periclymenum, Frangula alnus, Crataegus monogyna, Corylus avellana, etc. A área desta serie parece coincidir bastante ben co piso colino do sector galaico-portugués, aínda que a xeito de comunidade permanente pode acharse tanto en certas solainas e cristas cálidas do piso colino galaico-asturiano como nalgunhas avesedas moi húmidas do piso mesomediterráneo do sector beirense litoral.

A degradación moderada dos bosques desta serie permite a extensión das xesteiras oceánicas colinas e mesomediterráneas, pobres en especies de distribución galaico-portuguesa, ourensá e beirense litoral (Cytisenion striati: Ulici europeai Cytisetum striati), a estrutura da cal corresponde a un piornal de gran talle rico en fentos, silveiras e toxos (Cytisus striatus, Ulex europaeus subsp. latebracteatus, Rubus lusitanus, Pteridium aquilinum, etc.).

Resulta ser moi significativo e diagnóstico na Galicia meridional que ao ascender ao piso montano do sector galaico-portugués (Vaccinio mitilli-Quercetum roboris sigmetum) ingresen na xesteira outros piornos como Genista polygaliphylia de Cytisus striatus, Cytisus scoparius e Cytisus grandiflorus.

As breixeiras que aparecen tras os lumes continuados e polas repoboacións de piñeiros resineiros (Pinus pinaster subsp. atlantica) levan xa un bo número de elementos da breixeira mediterránea ibero-atlántico do Ericion umbellatae: Ulex minor, Genista triacanthos, Cistus psilosepalus, etc., pero manteñen aínda outro da breixeira cántabro-atlántica do Daboecienion: Daboecia cantábrica, Pseudarrhenatherum longifolium, etc.

A vocación dos territorios correspondentes ás series das carballeiras colino-montanas acidófilas cántabro-atlánticas é agrícola, forestal e gandeira.

Nas marxes dos ríos, en solos con certa humidade edáfica, a vexetación potencial está constituída polas amieirais e bidueirais da asociación Senecio bayonensis-Ainetum glutinosae, na cal xunto co ameneiro (Alnus glutinosa) aparece o freixo (Fraxinus angustifolia), o bidueiro (Betula pubescens subsp. celtiberica) e salgueiros (Salix atrocinerea).

Nestas formacións asócianse especies como:

Alnus glutinosa (ameneiro).

Betula celtiberica (bidueiro).

Salix atrocinerea.

Frangula alnus (sanguiño).

Senecio nemorensis.

Osmunda regalis (fento real).

Carex broteriana.

Fentos.

Rubus sp. (silveiras).

Salix salvifolia.

Fraxinus angustifolius (freixo).

Sambucus nigra (sabugueiro).

Crataegus monogyna (espiño branco).

1.2.3. Paisaxe.

Podemos distinguir a grandes trazos dous tipos de paisaxe na zona:

– Montes e ladeiras: corresponde esta unidade á maior parte da área de estudo (ver mapa adxunto). Constitúena os montes e ladeiras cuxa cobertoira vexetal varía desde a matogueira de degradación ata as parcelas agrícolas de explotación familiar, pasando por masas boscosas de coníferas, frondosas ou mixtas, en maior ou menor entidade e densidade. A capacidade de absorción visual é variable, dependendo da altura e distribución da vexetación arbórea, aínda que será máis alta que na unidade de chaira costeira. Nalgúns tramos desta unidade apréciase a paisaxe en mosaico galega, na cal se intercalan terreos de dedicación agrícola varada e mouteiras dispersas.

– Chaira de cultivo: as ladeiras descenden cara a cotas máis baixas e ábrense nunha máis ou menos larga chaira que acolle a maior densidade de núcleos e vivendas da bisbarra. Esta presenza humana expándese alén das edificacións e mediatiza o ámbito, aparecendo as explotacións agrícolas de forma continua. Por tanto, a cobertoira vexetal arbórea faise máis escasa. Este factor, engadido á condición do relevo, fai que a capacidade de absorción visual sexa menor, como se estudará no capítulo dedicado á previsión de alteracións. As liñas fanse máis suaves, se cabe, e cobra forza a veiga dominante no segundo plano. Os elementos da paisaxe, tales como forma, textura, contraste, etc., están definidos en función dos dous factores considerados e atópanse variedades en cada un deles.

1.3. Usos e edificacións existentes.

A grande maioría das parcelas están destinadas a un uso puramente agrícola, onde se atopan as edificacións que están reflectidas no plano IU.5 e que se describen no capítulo 8.

1.4. Infraestruturas existentes no ámbito.

Dentro do ámbito existe unha liña de tendido aéreo de alta tensión que cruza o territorio de forma case diagonal de norte a sur.

Acompáñase doutra liña aérea eléctrica en media tensión.

1.5. Estrutura da propiedade do solo.

Ver plano nº IU.4 dentro do capítulo 7.

2. Ámbito territorial de incidencia do proxecto sectorial.

O CLTC responde á posibilidade desde o punto de vista técnico e económico de establecer no termo municipal de Culleredo unha central integrada de mercadorías que dea satisfacción, dentro do ámbito provincial da Coruña e rexional de Galicia, ás necesidades que o sector de transportes de mercadorías presenta na zona. Ademais, este centro pretende contribuír á dinamización económica articulando unha oferta viable por si mesma ao conxugar arredor dos servizos as empresas de transporte unha promoción capaz de soportar un importante investimento e onde conflúan intereses diversos.

O termo municipal de Culleredo atópase centrado na bisbarra urbana directa da Coruña. Del parten as saídas principais da cidade cara aos corredores da autoestrada do Atlántico e da autovía do Noroeste, ademais de acoller o aeroporto de Alvedro e o trazado ferroviario das liñas que unen A Coruña con Santiago, Ferrol e Lugo.

A área de influencia directa do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo confórmana en sentido amplo as provincias da Coruña e Lugo, e particularmente as bisbarras da Coruña, Ferrol e Santiago, todas elas conectadas polas vías de comunicación que se expoñen a seguir:

– A-6 autovía do Noroeste.

– A-9 autoestrada do Atlántico.

– A-55 autoestrada A Coruña-Carballo.

– N-VI A Coruña-Madrid.

– N-550 A Coruña-Tui.

– N-651 A Coruña-Ferrol.

– C-552 A Coruña-Fisterra.

– Ferrol-As Pontes-Vilalba.

– AC-400/403 A Coruña-Muros.

– FFCC A Coruña-Santiago.

– FFCC A Coruña-Ferrol.

– FFCC A Coruña-Lugo.

Dentro do ámbito definido por estas vías de comunicación atópanse o aeroporto de Alvedro e os importantes portos da Coruña e Ferrol.

Os polígonos industriais da área merecen unha análise pormenorizada por seren orixe e destino dunha alta porcentaxe do volume de mercadorías circulantes.

Entre eles cabe destacar en primeiro lugar os que se atopan máis próximos á cidade da Coruña, que son os da Grela-Bens e Pocomaco na mesma cidade e os de Bergondo e Sabón na súa periferia máis inmediata.

Un pouco máis afastados xa, sitúanse outros de grande importancia e relevo, como son, na área de Ferrol, o polígono da Gándara, na de Betanzos, o de Piadela e, en Santiago, o do Tambre.

Ademais, existe un plan de solo empresarial por parte das administracións públicas para a instalación de novos parques industriais en Galicia que promoverán o Instituto Galego de Vivenda e Solo (por parte da Xunta de Galicia) e a Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento de Solo (por parte da Administración central).

Este plan prevé a construción na área de estudo dos parques empresariais de:

– Culleredo, Cambre-Sada, Carral e Carballo no ámbito da Coruña.

– Narón, Fene-Cabanas, Pontedeume, Cedeira e As Somozas no ámbito de Ferrol.

– Cee-Corcubión e Ponteceso na Costa da Morte.

– Ordes, Santa Comba, Negreira, Arzúa, Teixeiro, Melide e Guitiriz cara ao interior.

Capítulo 2

Organismo titular da instalación obxecto deste proxecto

1. Organismo titular da instalación obxecto deste proxecto.

O organismo promotor e titular da localización e instalación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo é o Concello de Culleredo.

Capítulo 3

Xustificación do interese público e utilidade social da instalación obxecto deste proxecto

Índice do capítulo 3

1. Xustificación.

2. Contexto de demanda do transporte de mercadorías.

2.1. Transporte de mercadorías terrestre en España.

2.2. Transporte de mercadorías en Galicia.

2.2.1. Transporte de mercadorías por estrada.

2.2.2. Transporte de mercadorías por ferrocarril.

2.2.3. Transporte de mercadorías no porto da Coruña.

2.3. Avaliación dos impactos socioeconómicos.

3. Conclusión.

1. Xustificación.

Para os efectos de xustificar o interese público e a utilidade social das dotacións e instalacións recollidas neste proxecto sectorial, a seguir enuméranse diversos aspectos que interesa significar relativos á incidencia deste proxecto sectorial na súa área de influencia.

As empresas de transporte atópanse cada día máis necesitadas de novos espazos para situaren as súas actividades. A expansión urbanística limita a dispoñibilidade de solo, a un tempo que a ampliación dos servizos destas empresas require cada vez máis necesidades de espazo. Os elevados prezos que se rexistran no mercado do solo reducen cada vez máis as posibilidades dunha situación óptima, e por esta razón a promoción dun CLT en solo facilitado a bo prezo pola Administración pode resultar unha solución eficaz para facilitar as actividades loxísticas nunha soa área onde se concentren todos os servizos e actividades, creando unha infraestrutura común que permita a xeración de economías de escala.

Neste contexto, o CLTC supón:

a) Solo planificado e urbanizado. Ofrécese solo planificado e urbanizado para a súa utilización por todos os operadores loxísticos.

Ademais, a iniciativa pública e a posterior xestión mixta, coa participación dos usuarios, poden asegurar unha explotación racional dun investimento nacido con todas as vantaxes na súa fase de promoción.

b) Boas comunicacións. Sitúase ao pé da nova autovía de acceso á Coruña e da vía férrea A Coruña-Santiago, próxima ao aeroporto de Alvedro e cunha rápida e boa conexión co porto da Coruña.

c) Economías de escala. Póñense en contacto os grandes operadores do transporte cos de pequena e mediana dimensión (fraccionamento e consolidación), e estes cos prestatarios loxísticos (almacenistas e distribuidores), feito que implica unha aproximación oferta/demanda. Esta aproximación é beneficiosa especialmente para o pequeno transportista, que soporta actualmente o custo do intermediario.

Ademais, o contacto directo cos grandes operadores do transporte pode facilitar a especialización dos pequenos.

d) Facilidades de implantación, investimento, compartición de servizos. A existencia de empresas de servizos compartidas, fundamentalmente nos temas de comunicación e de xestión empresarial, facilitarán a prestación de novos servizos ao cargador, que cada vez desexa máis deixar estes servizos en mans do prestatario.

As conexións infraestruturais e de telecomunicacións existentes entre os diversos CLT e a existencia de servizos de contratación en cada unha delas minimizan o risco dunha volta de baleiro.

Tamén se ten a posibilidade de acceder a un réxime de aluguer e de crear unha estrutura modular dos almacéns, reducindo con iso os investimentos iniciais e os custos fixos.

Por outra parte, no contexto da ampliación do mercado a todo o conxunto de países que integran a UE, vese a necesidade de todas as empresas, e entre elas as de transportes, de seren máis competitivas, o que quere dicir tamén ofrecer novos servizos relacionados coas actividades loxísticas.

Así pois, é claro que o CLTC debe asumir todas as funcións dunha central loxística de transporte e o seu desenvolvemento levará consigo o do sector do transporte en particular e o da rexión que a acolle, Galicia.

2. Contexto de demanda do transporte de mercadorías.

Describirase sucintamente o volume de mercadorías que se transportan na área de influencia do centro de Culleredo. Dentro deste conxunto de mercadorías alcanza especial relevo a oportunidade que representa a creación dun centro loxístico de transportes en Culleredo debido á súa privilexiada situación, tanto na conexión coas redes europeas de transporte (autovía do Noroeste, autoestrada do Atlántico, liña férrea A Coruña-Santiago, etc.) como a súa proximidade co aeroporto de Alvedro e sobre todo a súa doada conexión co porto da Coruña.

Isto confírelle unha especial aptitude para a existencia dunha central integrada de mercadorías que favoreza a intermodalidade no transporte de mercadorías na rexión galega.

2.1. Transporte de mercadorías terrestre en Galicia.

Como primeiro avance, o transporte de mercadorías terrestre en España móvese nunhas cifras globais (tráfico nacional + internacional) de 640 millóns de toneladas anuais, o que supón 110.000 millóns de t-km cada ano. Por modos de transporte, a táboa seguinte mostra estes datos desagregados e correspondentes aos anos 1994 e 1995.

t (miles)

t-km (millóns)

Estrada

1994

614.362

97.881

1995

621.989

102.592

Ferrocarril

1994

17.437

6.165

1995

18.914

6.933

Segundo o teor destas cifras, é preciso resaltar que o transporte de mercadorías por ferrocarril supón soamente o 3 % (en t) e o 6,8 % (en t-km) do transporte por estrada. Ademais, máis do 50 % deste transporte por ferrocarril corresponde a combustibles líquidos, produtos siderúrxicos, cereais e cementos, todo isto mercadorías que non son susceptibles de seren almacenadas en centrais integradas de mercadorías.

Cabe facer notar, con todo iso, que a pesar da tendencia crecente do transporte de mercadorías ferroviario (8,5 % en t e 12,5 % en t-km no ano 1995 respecto ao ano 1994) en relación á posición máis estancada do transporte por estrada (incrementos do 1,2 % en t e do 4,8 % en t-km no ano 1995 respecto ao ano 1994), a cota de mercado actual decántase considerablemente sobre o transporte por estrada. Iso pon de manifesto, por unha parte, a baixa presenza actual do modo ferroviario, pero, por outro lado, a súa enorme potencialidade de crecemento dentro do transporte terrestre de mercadorías.

A táboa seguinte mostra o volume de transporte por ferrocarril de mercadorías susceptibles de seren captadas por unha central integrada de mercadorías.

Contedores

Detalle e paquete express

Servizo

t

t-km

t

t-km

t

t-km

1994

3.882

2.467

439

234

550

70

1995

4.433

2.673

397

208

489

66

2.2. Transporte de mercadorías en Galicia.

2.2.1. Transporte de mercadorías por estrada.

O transporte de mercadorías desde a provincia da Coruña (ámbito de influencia do centro de Culleredo) cara á Meseta prodúcese sobre todo pola estrada N-VI, e desde Santiago pola N-547 (cara a Lugo) e pola N-525 (cara a Ourense). En Lugo conéctase coa N-VI e en Ourense coa N-120 cara a Ponferrada.

Outros fluxos menos significativos prodúcense con Asturias, a través da N-634 (desde Baamonde) e da N-640 (desde Lugo).

a) Tráfico internacional.

Na táboa seguinte móstrase o volume de mercadorías transportadas por estrada entre Galicia e os diferentes países europeos.

Países

Orixe: Galicia (miles de t)

Destino: Galicia (miles de t)

Alemaña

24,9

12,2

Bélxica

-

11,5

Dinamarca

-

0,3

Francia

379,4

119,7

Grecia

-

17,7

Holanda

2,8

42,3

Irlanda

-

8,1

Italia

67,0

15,4

Portugal

326,8

223,3

Gran Bretaña

4,6

33,3

Andorra

11,0

0,9

Outros países europeos

-

20,7

Total

817,4

505,4

Obsérvase que a importancia das importacións ou exportacións de mercadorías de Galicia desde/ata os países europeos, respecto do total do volume transportado, é da orde do 10 % respecto ao volume transportado co resto de España. É de destacar que é significativamente maior o volume de exportacións que o de importacións.

Os fluxos predominantes establécense, como é natural, con Portugal e con Francia, adquirindo os demais países unha importancia relativa moito menor.

b) Tráfico interrexional en Galicia.

O tráfico interrexional permite valorar o transporte de mercadorías entre Galicia e o resto das comunidades autónomas españolas.

Da explotación da Enquisa permanente de transporte de mercadorías por estrada de 1993 obtense que Galicia é a orixe de 7,21 millóns de t de mercadorías por estrada con destino ao resto de España, o que representa o 4,9 % do total. Considerando Galicia como destino, recibe 7,38 millóns de toneladas do resto das comunidades autónomas españolas, o que significa o 5,02 %.

Distínguese entre mercadoría total e mercadoría xeral (parte de mercadoría total que non é transportada en condicións especiais de transporte).

A seguir móstranse os valores das relacións entre Galicia e o resto das comunidades autónomas españolas.

CC.AA.

Orixe: Galicia (miles de t)

Destino: Galicia (miles de t)

Andalucía

595

387

Aragón

216

188

Asturias

1.364

879

Cantabria

73

142

Castilla-La Mancha

268

377

Castilla y León

1.405

2.608

Cataluña

762

815

Extremadura

80

52

La Rioja

33

122

Madrid

944

730

Murcia

152

95

Navarra

85

137

País Vasco

570

409

Valencia

664

438

Total

7.211

7.379

Os datos de volume de mercadorías (en miles de t) compleméntanse cos datos de veh x km relativos ao tráfico interrexional.

CC.AA.

Orixe: Galicia

(miles de veh x km)

Destino: Galicia

(miles de veh x km)

Andalucía

41.080

25.360

Aragón

10.420

15.260

Asturias

20.420

26.310

Cantabria

5.560

1.860

Castilla-La Mancha

14.730

13.320

Castilla y León

54.930

73.070

Cataluña

43.700

43.360

Extremadura

4.510

2.030

La Rioja

2.800

5.430

Madrid

56.470

43.660

Murcia

11.360

6.770

Navarra

1.660

5.750

País Vasco

16.540

14.390

Valencia

31.020

38.130

Total

315.200

317.700

Con orixe en Galicia, o 44 % da mercadoría total é considerada mercadoría xeral.

Con destino a Galicia, esta proporción baixa ao 25 %.

c) Transporte intrarrexional en Galicia.

O volume de mercadoría total por transporte intrarrexional en Galicia pódese estimar en 215 millóns de toneladas ao ano.

O percorrido medio ponderado de cada tonelada transportada está, no ámbito intraprovincial, sobre os 25 km, mentres que no ámbito interprovincial se atopa nos 105 km.

O volume de mercadoría xeral estímase en 70.000 miles de toneladas anuais.

d) Resumo.

A táboa seguinte mostra un resumo dos tráficos anuais de mercadoría total.

Orixe: Galicia

(miles de t/ano)

Destino: Galicia

(miles de t/ano)

Total

(miles de t/ano)

Tráfico internacional

817

505

1.322

Tráfico interrexional

7.211

7.379

14.590

Tráfico intrarrexional

215.000

215.000

215.000

Total

233.028

222.884

230.912

2.2.2. Transporte de mercadorías por ferrocarril.

O tráfico de ferrocarril a partir da Coruña segue dúas rutas ben diferenciadas. A primeira parte da Coruña cara a Betanzos, onde se bifurca nas liñas Betanzos-Lugo-Madrid e Betanzos-Ferrol. A segunda toma a dirección sur cara a Santiago, onde tamén se bifurca nas direccións Santiago-Ourense-Madrid e Santiago-Pontevedra-Vigo.

Atendendo a datos do ano 1989, a circulación media diaria de trens de mercadorías é a seguinte:

Santiago-A Coruña

3 trens de mercadorías

Betanzos-A Coruña

9 “ “

Betanzos-Ferrol

2 “ “

A partir da III Enquisa nacional de transporte de mercadorías (1988), obtivéronse os datos para mercadoría total (conxunto de produtos transportados por ferrocarril) e mercadoría xeral (mercadoría total excluíndo os graneis líquidos e sólidos).

Atendendo ás características do propio CLTC, considerarase particularmente a mercadoría xeral como a que pode ser almacenada e distribuída desde alí.

As táboas seguintes reproducen os datos de transporte de mercadorías por ferrocarril máis significativos:

Transporte interrexional de mercadoría total

Tipo

Volume de mercadoría anual (miles de t)

Porcentaxe

Vagón completo

579,065

76,21 %

Contedores

174,609

22,98 %

TIDE

4,255

0,56 %

Paquete expreso

1,9

0,25 %

Total

759,829

100 %

Entradas á Coruña

475,72

62,61 %

Saídas da Coruña

284,109

37,39 %

Galicia administra as mercadorías por ferrocarril a través das xerencias da Coruña e de Vigo. Os datos reflectidos na táboa refírense á provincia da Coruña, e calculáronse a partir da matriz orixe/destino provincial do transporte interrexional de mercadorías e da distribución do tipo de mercadoría da Xerencia da Coruña.

Polo que se refire ao transporte intrarrexional de mercadoría total, a seguinte táboa expresa a matriz orixe/destino de ámbito provincial (cifras en t).

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

A Coruña

2.060,8

113.500,7

3.540,4

16.885,7

135.987,6

Lugo

69.130,5

1.033,6

34.136,5

60.766,5

165.067,1

Ourense

6.703

3.010,7

17.705

20.167,9

47.586,6

Pontevedra

15.778,4

3.776,1

120.084,8

70.694,4

210.333,7

Total

93.672,7

121.321,1

175.466,7

168.514,5

558.975

A táboa seguinte reflicte a distribución do transporte interrexional de mercadoría xeral, distinguindo entre mercadoría con orixe e mercadoría con destino Galicia.

Transporte interrexional de mercadoría xeral

Comunidades autónomas

Orixe Galicia

(miles de t)

Destino Galicia

(miles de t)

Total

(miles de t)

Porcentaxe

Mercadoría xeral

Conted.

Mercadoría xeral

Conted.

Castilla y León

50

34

67

45

196

34,39 %

Cataluña

91

60

9

5

165

28,95 %

Valencia

31

21

1

1

54

9,47 %

País Vasco

23

15

2

2

42

7,37 %

Madrid

16

10

2

1

29

5,09 %

Outras CC.AA.

21

13

30

20

84

14,73 %

Total

232

153

111

74

570

100 %

Galicia mantén un movemento de mercadorías por ferrocarril sobre todo con Castilla y León e con Cataluña. Coa primeira mantén unha relación principalmente importadora e coa segunda claramente exportadora. Coa Comunidade Valenciana, o País Vasco e Madrid prodúcense fluxos de certa entidade, mentres que co resto das comunidades españolas a entidade destes é moito menor.

Estes datos de mercadoría xeral, reflectidos a nivel galego, distribúense provincialmente do seguinte xeito:

Orixe (t)

Destino (t)

Total (t)

A Coruña

122.892,0

59.051,8

181.943,8

Lugo

19.916,0

9.569,6

29.485,6

Ourense

55.787,0

26.807,6

85.594,6

Pontevedra

186.405,0

89.571,0

275.976,0

Total

385.000,0

185.000,0

570.000,0

Polo que se refire ao transporte intrarrexional de mercadoría xeral, a seguinte táboa expresa a matriz orixe/destino de ámbito provincial (cifras en toneladas).

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

A Coruña

346,5

19.086,8

595,4

3.435,6

23.464,3

Lugo

11.625,3

173,8

5.740,8

10.218,8

27.758,7

Ourense

1.127,2

523,1

2.977,4

3.391,5

8.019,2

Pontevedra

2.653,3

635,0

20.194,0

11.888,3

35.370,6

Total

15.752,3

20.418,7

29.507,6

28.394,2

94.612,8

No conxunto do movemento intrarrexional e interrexional, a mercadoría xeral movida por ferrocarril con orixe/destino en Galicia supón anualmente 664.613 t.

2.2.3. Transporte de mercadorías no porto da Coruña.

O porto da Coruña sitúase entre os dez primeiros de España atendendo ao tráfico portuario desenvolvido.

Concretamente, con datos de 1995, atendendo ao tráfico portuario (en miles de t), o porto coruñés atópase en noveno lugar, con 12.088.000 t, despois dos de Algeciras, Tarragona, Bilbao, Barcelona, Xixón, Huelva, Valencia e Santa Cruz de Tenerife, e experimentando un crecemento respecto ao ano 1994 do 2,89 %.

Os medios de transporte utilizados para a entrada ou saída de mercadorías do porto por vía terrestre son o ferrocarril, a estrada ou a canalización. Na táboa seguinte móstrase o volume de mercadorías transportadas por cada modo durante o ano 1992.

Descargadas de barcos (t)

Cargadas en barcos (t)

Total (t)

Ferrocarril

136.104

-

136.104

Estrada

1.827.412

993.006

2.820.418

Canalización

6.479.249

3.826.152

10.305.401

Total

8.442.765

4.819.158

13.261.923

Respecto ao tráfico por ferrocarril, obsérvase que só se transporta mercadoría descargada dos buques e non existe achega de mercadoría por ferrocarril desde o hinterland do porto cara a este. O fluxo, por tanto, dáse só na dirección buque-porto-terra e non na inversa.

Tendo en conta que a composición media dun tren transporta 300 t, as 136.104 t anuais supoñen uns 455 trens. Considerando 260 días hábiles ao ano, obtéñense entre un e dous trens diarios.

Polo que respecta ao fluxo por estrada, obsérvase que o 64,79 % das mercadorías proceden do desembarco de buques e o 35,21 % de vehículos pesados para seren embarcadas no porto.

Considerarase que as mercadorías son transportadas por estrada por vehículos pesados (camións ríxidos e articulados). A carga media dun vehículo ríxido establécese en 6 t e a dun vehículo articulado en 14 t; e para a distribución de cada tipo de vehículo recórrese á Enquisa de tráfico e contaxe de vehículos nos accesos a Galicia, pola meseta, realizada pola Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas en 1992, que proporciona, para vehículos pesados que o 42 % eran de 2 ou 3 eixes, e o 58 % de máis de 3 eixes.

Dadas as características da mercadoría do porto, faise un axuste incrementando levemente a porcentaxe de vehículos articulados (máis de 3 eixes), considerando:

60 % vehículos articulados.

40 % vehículos ríxidos.

Con esta distribución, a carga media de vehículo pesado é de 11 t. Con estes datos, resultan uns 165.000 camións de saída con carga do porto anualmente e uns 90.000 camións cargados de entrada a este. Considerando 260 días hábiles anualmente, resulta unha media diaria de saída de 635 camións cargados e de entrada de 350 camións cargados.

O CLTC pode ser un elemento de potenciación do tráfico de mercadoría xeral, o máis interesante desde o punto de vista da economía portuaria, para o porto da Coruña.

A oferta conxunta porto máis CLTC, xunto coa súa promoción comercial, pode incrementar a atracción de mercadoría xeral cara ao porto da Coruña, transformándoo nunha porta de entrada da mercadoría xeral de toda Galicia.

Evidentemente, avaliar a potencialidade de atracción de mercadoría portuaria é completamente imposible, xa que dependerá moi directamente dun conxunto de factores exóxenos, basicamente comercialización do conxunto porto máis CLTC e competitividade do porto da Coruña no tratamento da mercadoría xeral.

2.3. Avaliación dos impactos socioeconómicos.

O impacto dun CLT sobre Culleredo e a bisbarra pode ter estes efectos socioeconómicos:

a) Desenvolvemento e modernización.

A pesar de que os conceptos de desenvolvemento e modernización consecuentes á existencia dun CLT sexan de difícil cuantificación, non por iso se ha deixar de destacar a súa importancia como impactos positivos dunha implantación destas características. Destácanse os seguintes:

– A estrutura económica de Culleredo quedará máis equilibrada ao implantarse un centro de servizos tan significativo como un CLT.

– Os servizos que presta o CLTC son necesarios para moitas actividades industriais e comerciais e, por tanto, a súa existencia é un claro elemento de desenvolvemento económico, en canto representa un factor positivo que avaliar na implantación de novas empresas.

– Tampouco é menosprezable o que representa a existencia dun CLT, cunha organización e servizos modernos, para a imaxe do propio municipio e da área de influencia.

– As empresas que se establezan no CLTC, así como moitas das que utilicen aqueles servizos, son empresas xeradoras de contactos de negocios a nivel nacional e internacional.

b) Creación de postos de traballo.

Os postos de traballo directamente relacionados co CLTC obtéñense dos que proporciona cada unha das súas actividades; así, pódese avaliar, co CLTC en pleno funcionamento, polas superficies de cada unha das áreas e/ou servizos proxectados que as empresas de transporte crearían uns 750 postos de traballo, e os servizos de atención aos vehículos, de acollida e complementarios, outros 100 adicionais.

Por outra banda, a ocupación indirecta defínese como un 20-30 % dos postos de traballo directos.

3. Conclusión.

Do anterior dedúcese a xustificación do interese público e utilidade social do CLTC, interese que a Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia declara en contestación dada no 31 de xaneiro de 2000 á consulta efectuada no seu día polo Concello de Culleredo a este respecto e que se transcribe a seguir:

“En relación coa súa consulta, esta dirección xeral considera que a función dos centros de transporte de mercadorías é estratéxica para a Comunidade Autónoma galega xa que, por un lado, facilitan o proceso de integración dun sector excesivamente atomizado como o do transporte, no que predominan os empresarios autónomos cun só vehículo e, por outro lado, constitúen un instrumento indispensable para facilitar a transición do sector do transporte de mercadorías cara á loxística.

A devandita función permite unha dinamización importante da economía e un incremento da súa eficiencia, produtividade e, por tanto, competitividade.

Neste sentido, os centros de transporte de mercadorías autorizados por esta dirección xeral por cumpriren os requisitos establecidos nos artigos 127 e seguintes da LOTT e concordantes do ROTT son de interese público e/ou utilidade social para esta comunidade”.

Capítulo 4

Descrición das características da instalación obxecto deste proxecto, investimento previsto e duración temporal estimada da execución e recursos económicos afectos

Índice do capítulo 4

1. Descrición das obras e instalacións.

1.1. Movemento de terras.

1.2. Pavimentacións.

1.3. Saneamento.

1.3.1. Rede de augas pluviais.

1.3.2. Rede de augas fecais.

1.3.3. EDAR.

1.3.4. Canalización.

1.4. Rede de auga potable.

1.5. Instalacións eléctricas e iluminación.

1.5.1. Rede de alta tensión.

1.5.2. Rede de media tensión.

1.5.3. Rede de baixa tensión.

1.5.4. Rede de iluminación pública.

1.6. Canalización telefónica e fibra óptica.

1.7. Xardinaría, sinalización, reposición, camiños e varios.

2. Zonificación do CLT de Culleredo.

2.1. Parque empresarial.

2.1.1. Zona de naves 1.

2.1.2. Zona de naves 2.

2.1.3. Zona de naves 3.

2.2. Estación intermodal de intercambio.

2.3. Servizos do centro.

2.3.1. Zona de naves taller.

2.3.2. Zona de superficie comercial.

2.3.3. Zona de hotel.

2.3.4. Zona de centro de acollida e restaurante.

2.3.5. Zona de edificio administrativo e centro de oficinas.

2.3.6. Inspección técnica de vehículos.

2.3.7. Estación de servizo.

2.3.8. Aparcamento de vehículos pesados.

2.3.9. Aparcamento de vehículos lixeiros.

2.4. Área de actividades loxísticas e intermodais.

2.5. Vías.

2.6. Zonas verdes.

3. Usos do CLT.

3.1. Usos das naves almacén.

3.2. Usos do edificio administrativo.

3.3. Usos do edificio de oficinas.

3.4. Usos da superficie comercial.

3.5. Usos do centro de acollida e restaurante.

3.6. Usos das naves taller.

4. Limitacións á propiedade.

4.1. Ferrocarril.

4.2. Estrada provincial CP-3109.

4.3. Autovía do Noroeste.

5. Investimento previsto.

6. Duración temporal estimada para a execución.

7. Recursos económicos afectos.

1. Descrición das obras e instalacións.

1.1. Movemento de terras.

A cota de implantación vén definida por limitar a pendente máxima a un 6 % na vía de acceso e nas vías interiores con aparcadoiros ou patios de manobra.

Así mesmo, tívose en conta o movemento de terras necesario para a canalización do río Orro, cuxo caudal nun período de retorno de 500 anos ascende a 22 m3/s.

1.2. Pavimentacións.

As pavimentacións proxéctanse coas características de calidade xeométrica e de resistencia que require este tipo de centros: as calzadas de 12 m de largo con zona de servizos de 5 m en vías entre patios de manobra.

Predimensionáronse os firmes e patios de manobra para unha estimación de tráfico entre 200 e 800 vehículos pesados/día, tendo ademais en conta as sobrecargas que implican estes.

Do devandito predimensionamento obtense que os firmes asfálticos (correspondentes a todas as vías do centro) estarán formados por dúas capas de 9 e 6 cm sobre dúas capas de material granular e balastro artificial de base de 20 cm. Pola súa banda, os pavimentos hidráulicos (correspondentes á zona de servizo, área de servizo e zona de aparcadoiro de vehículos pesados), resólvense cunha capa de 20 cm de espesor de formigón HP-40 con mallazo Ø 6,5 a 20, contía do 0,6 % sobre base de 15 cm de macádam recebado.

1.3. Saneamento.

1.3.1. Rede de augas pluviais.

Consiste na execución dunha rede de tubaxes de 8.500 ml que verten á canalización do río Orro que discorre polo interior do CLTC. O material elixido para as conducións é PVC para saneamento na calidade corrugado cor gris.

Dispóñense ao longo da rede pozos de visita e sumidoiros nas rúas.

1.3.2. Rede de augas fecais.

Esta rede estenderase ao longo de 3.350 ml en diámetros de 300 mm e 400 mm en PVC calidade corrugado cor tella, situando pozos de rexistro suficientes para que os futuros inquilinos poidan acometer a evacuación das súas parcelas con facilidade. Esta rede finaliza na EDAR, as características da cal se definen a seguir.

1.3.3. EDAR.

A estación depuradora de augas residuais localízase baixo a zona de aparcadoiro reservada para vehículos pesados e verte os seus efluentes ao río Orro no tramo en que este discorre pola canalización proxectada.

Os procesos principais da estación depuradora son os seguintes:

1. Desbaste de grosos; reixa 5 cm entre eixes.

2. Desbaste de finos; baruto 0,6 mm.

3. Tratamento físico-químico; proceso de mestura e floculación con adición de coagulantes cunha flotación final con extracción de lamas en superficie.

4. Tratamento de lamas con espesamento, estabilización con polielectrólito e deshidratación final con filtro banda.

O sistema elixido está influído porque os afluentes esperados deben ter forte carga de aceites e graxas, así como deterxentes procedentes dos lavados dos vehículos. Non obstante, se o peso destas actividades é menor, poderase recorrer a un sistema máis sinxelo de depuración e con menos automatismos.

Non obstante, aquelas actividades cuxas verteduras non estean previstas, para o bo funcionamento da EDAR deberán efectuar unha depuración previa das devanditas verteduras antes de conectar coa rede de augas fecais aquí descrita.

En canto á calidade do efluente, defínense os seguintes parámetros:

– D.B.O5 <25 mg/l.

– D.Q.O. <125 mg/l.

– S.S. <25 mg/l.

– Fósforo <2 mg/l.

– Nitróxeno <10 mg/l.

– C.T. <500 ud/100 ml.

– C.F. <100 ud/100 ml.

1.3.4. Canalización.

A canalización do regueiro Orro realízase sobre a base das exixencias do organismo de bacía, Augas de Galicia, que exixe en principio un período de retorno para o cálculo do caudal de enchente de 500 anos.

De non mediar xestión posterior en que o citado organismo consinta rebaixar o período de recorrencia, os caudais obtidos para os diferentes tramos da canalización son da orde de 15,1 m3/s considerando a bacía ata o punto augas abaixo do paso inferior do ferrocarril, e 22 m3/s considerando a bacía completa ata o ponte de Carollo, situada na estrada CP-3109, punto final da nosa canalización.

En canto á canalización en si, hai que, destacar que no seu tramo inicial, ata o punto onde actualmente pasa baixo a liña de ferrocarril A Coruña-Santiago, unicamente se vai proceder a un desvío da canle, quedando a devandita condución a ceo aberto. Chegados a ese punto, procederase a entubar o río para conducilo ata o anteriormente mencionado paso baixo a liña férrea, para unha vez salvado o devandito paso, volver realizar unha canalización a ceo aberto seguindo a liña marcada polo pé do noiro resultante do recheo necesario para a construción da estación intermodal. A devandita canalización discorrerá deste xeito ata atoparse co pé do noiro correspondente á construción da vía de acceso á mencionada estación intermodal, momento a partir do cal a canalización se realiza de xeito subterráneo baixo o CLTC ata a súa finalización.

1.4. Rede de auga potable.

Captarase da rede municipal de Culleredo mediante unha canalización Ø 150 de fundición.

O caudal de cálculo utilizado é o de 15 l/s que, aínda que é algo conservador en canto aos servizos que se esperan no CLTC, se considera necesario para ter unha resposta aceptable ante un incendio.

A rede esténdese ao longo de 4.000 ml de conducións de PVC de molécula orientada de Ø 125 e Ø 90 mm e dispóñense válvulas de corte en todos os nós para abastecer por circuítos alternativos segundo as necesidades e avarías.

Disponse, así mesmo, a localización de hidrantes contra incendios en zonas estratéxicas.

1.5. Instalacións eléctricas e iluminación.

1.5.1. Rede de alta tensión.

Para a liña de alta tensión, que discorre polos terreos sobre os cales se asentará o CLTC, estudarase co propietario de esta a conveniencia de mantela aérea ou levala mediante unha canalización subterránea.

1.5.2. Rede de media tensión.

A distribución eléctrica principal do complexo realizarase en media tensión a 15/20 kV que, a través de transformadores debidamente situados, transformarán en baixa tensión para a subministración final aos diferentes receptores e á iluminación pública.

Toda a instalación cumprirá coa normativa seguinte.

– Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación.

– Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Normas UNE.

– Normas UEFE.

– Recomendacións UNESA.

– Norma básica da edificación.

Realizarase subterránea por todo o complexo, pechada en anel-bucle, canalizada en condutores de aluminio de 3 (1X150) mm2 e illamento RHZ-12/20 kV.

A transformación en baixa tensión realizarase mediante centros de transformación de manobra exterior MT/BT de 250 kVA e 400 kVA para 24 kV.

1.5.3. Rede de baixa tensión.

Desde o cadro de baixa tensión de cada centro de transformación partirán as liñas de distribución en baixa tensión ao complexo, baixo tubo PVC Ø 160, en condutores RV 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm2 Al, circundando os diferentes edificios co fin de subministrar posteriormente os receptores.

1.5.4. Rede de iluminación pública.

Distribuirase preferentemente pola zona de servizo, iluminando sobre as vías.

Realizarase con luminarias pechadas de aluminio fundido con difusor de vidro para vapor de sodio de alta presión de 250 W e 400 W segundo a necesidade, sobre columnas metálicas troncocónicas galvanizadas de 12 m de altura.

A iluminación nas zonas de carga-descarga e peiraos realizarase con proxectores de S.A.P. 250 W sobre as viseiras do edificio.

A distribución eléctrica será subterránea, con condutores 0,6/1 kV e canalización de PVC.

O goberno da iluminación efectuarase mediante centros de mando estratexicamente situados cos correspondentes equipamentos de protección e distribución.

Así mesmo, a subministración eléctrica aos diferentes centros de mando procederá dun centro de transformación independente previsto para este uso.

Cumpriranse os niveis medios de iluminación (iluminancias/coeficientes de uniformidade) para este tipo de vías.

1.6. Canalización telefónica e de fibra óptica.

Prevese realizala subterránea embebida en prismas de formigón pola zona de servizos. Localízanse as cámaras e arquetas necesarias para a realización da rede.

1.7. Xardinaría, sinalización, reposición, camiños e varios.

Prevese a extensión e angazadura de terra vexetal, plantacións de céspede con limpeza, corte e fertilización durante as obras, instalación de banda bionda e sinalización horizontal e vertical en seguranza viaria, cerramento do recinto, instalación de barreiras en acceso ao CLTC e aparcadoiro de vehículos pesados, dotación de mobiliario urbano, reposición de camiños, peche perimetral do centro con especies vexetais, etc.

2. Zonificación do CLTC.

2.1. Parque empresarial.

2.1.1. Zona de naves 1.

Ámbito.

Comprende as áreas grafadas no plano de ordenación 0.2 coincidentes coas parcelas marcadas coas siglas ZN.1.

Descrición.

Para as naves desta altura existen dous tamaños de cuarteiróns de aproximadamente 8.400 m2 e 12.600 m2. As primeiras conteñen naves que ocupan unha superficie de 4.950 m2 (cuarteiróns 1, 2 e 3), mentres que nas segundas ocupan unha superficie aproximada de 6.930 m2 (cuarteiróns 4, 5, 6 e 7), aos cales se deben sumar 14.940 m2 de cuarteirón 10 existente na zona sur do CLTC, no cal se localiza unha nave de 8.920 m2. Obtéñense uns totais de:

– Suma total dos cuarteiróns: 90.540 m2.

– Suma total das naves: 51.490 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura obrigatoria libre de tesoira de sete metros cincuenta centímetros (7,5 m) e unha altura máxima a liña de cumieira de dez metros cincuenta centímetros (10,5 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e unha planta (B+1).

• Posición da edificación: disponse unha aliñación obrigatoria para posicionar a edificación da nave, establecida a quince metros (15 m), e nalgunhas testeiras a catro metros (4 m) da liña de cuarteirón, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

2.1.2. Zona de naves 2.

Ámbito.

Comprende as áreas grafadas no plano de ordenación 0.2 coincidentes coas parcelas marcadas coas siglas ZN.2.

Descrición.

Igual que no caso anterior, para as naves desta altura existen dous tamaños de cuarteiróns, o primeiro cunha superficie de ao redor de 62.000 m2 (cuarteirón 8) e o segundo cunha superficie duns 10.500 m2 (cuarteirón 9). Nestes cuarteiróns localízanse as mencionadas naves, cunhas superficies de 50.120 m2 e 7.650 m2, respectivamente. Deste modo téñense uns valores finais aproximados de:

– Suma total das parcelas: 72.409 m2.

– Suma total das naves: 57.770 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura obrigatoria libre de tesoira de once metros (11 m) e unha altura máxima a liña de cumieira de quince metros (15 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e dúas plantas (B+2) nos 10 m de largo desde a fronte de cuberta, e permítese unicamente baixo no resto da nave.

• Posición da edificación: disponse unha aliñación obrigatoria para posicionar a edificación da nave, establecida a quince metros (15 m), e nalgunhas testeiras a catro metros (4 m) da liña de cuarteirón, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

2.1.3. Zona de naves 3.

Ámbito.

Comprende as áreas grafadas no plano de ordenación 0.2 coincidentes coas parcelas marcadas coas siglas ZN.3.

Descrición.

Destínanse para este efecto os cuarteiróns 11 e 12, as superficies dos cales son, respectivamente, 16.475 e 8.375 m2. Os devanditos cuarteiróns terán unha superficie máxima edificable respectiva de 13.620 m2 e 4.896 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura obrigatoria libre de tesoira de once metros (11 m) no cuarteirón 11 e de sete metros e medio (7,5 m) no cuarteirón 12, chegando a unha liña de cumieira de quince metros (15 m) na primeira e de dez metros e medio (10,5 m) na segunda.

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e dúas plantas (B+2) nos 10 m de largo desde a fronte de cuberta e permítese unicamente baixo no resto da nave.

• Posición da edificación: no caso do cuarteirón 11 establécese un recuamento obrigatorio de 15 m respecto á vía a que dá fronte, un recuamento máximo de 10 m respecto á liña edificatoria (onde se permite edificabilidade B+2), e un fondo e largo máximos de superficie edificable de 70 e 194,5 m, respectivamente. En canto ao cuarteirón 12, establécense uns recuamentos obrigatorios da superficie edificable con respecto á vía que rodea o cuarteirón que serán de 15 m respecto ao alzado lateral da nave almacén, e de 4 m respecto ao alzado frontal da devandita nave, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

2.2. Estación intermodal de intercambio.

Para acceder á estación intermodal, situada na parcela P-141 na parte noroeste do CLTC, no interior dunha área de solo de 4,8 ha que se dedicarán ao uso que o mercado demande, a parte desde a zona leste do polígono cunha vía de 10 m de largo e unha lonxitude aproximada de 1.350 m. A pendente necesaria para alcanzar a cota de implantación da terminal de ferrocarril (100 m) varía entre o 5 % e o 6 %.

O desvío que se executará sobre a liña A Coruña-Santiago ten unha lonxitude aproximada de 600 m e unha pendente aproximada de 10 milésimas.

En canto á superficie da parcela en que se localizará a nave da estación intermodal, é de 4.550 m2, e serán ocupados pola propia nave da estación 2.675 m2.

2.3. Servizos do centro.

2.3.1. Zona de naves taller.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ZNT.

Descrición.

Resérvanse 11.073 m2 desde a parcela P-110 á P-119, cuxa superficie máxima total de naves será 6.000 m2, dos cales se ocuparán, nun principio, 1.200 m2, e o resto quedará como reserva para establecer talleres e concesionarios.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura obrigatoria libre de tesoira de once metros (11 m) e unha altura máxima de liña de cumieira de quince metros (15 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e dúas plantas (B+2).

• Posición da edificación: establécese un recuamento mínimo da superficie edificable respecto á rúa que rodea as parcelas que será de 2 m na zona traseira das naves e de 15 m na parte dianteira, exceptuando a parcela P-119, onde este último recuamento varía para adaptarse á rúa con que linda, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

2.3.2. Zona comercial.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ZC.

Descrición.

Situada lonxitudinalmente á estrada de acceso ao CLTC, construirase sobre unha superficie de 5.800 m2, na parcela P-137 de 6.000 m2 de superficie total.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura máxima de dezasete metros (17 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e catro plantas (B+4).

• Posición da edificación: o recuamento mínimo que se establece respecto ao lindeiro coa parcela P-136, onde se localiza o hotel, é de cinco metros (5 m), tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

Aparcadoiros.

Será obrigatoria a reserva dunha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 de construción, que poderá situarse en superficie dentro da propia parcela ou subterránea en plantas de soto.

2.3.3. Zona de hotel.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ZH.

Descrición.

Construído na parcela P-136 de 1.425 m2 de superficie, terá unha superficie máxima en planta de 1.175 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura máxima de dezasete metros (17 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e catro plantas (B+4).

• Posición da edificación: con respecto aos recuamentos mínimos da superficie edificable con respecto aos lindeiros das parcelas adxacentes, establécense 5 m respecto á parcela P-137 correspondente á superficie comercial e 3 m con respecto á parcela P-135 correspondente ao centro de acollida e restaurante, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

Aparcadoiros.

Será obrigatoria a reserva dunha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 de construción, que poderá situarse en superficie dentro da propia parcela ou subterránea en plantas de soto.

2.3.4. Zona de centro de acollida e restaurante.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ZAR.

Descrición.

O centro de acollida e restaurante, localizado na parcela P-135 (cunha superficie de 1.700 m2), atópase nun mesmo edificio, que, ademais, conta con aseos, vestiarios, salas de esparexemento para as tripulacións e auditorio multiúsos, así como servizos de cafetaría e restaurante para o público. A superficie total ocupada polo centro de acollida é de 1.570 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura máxima de once metros (11 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e dúas plantas (B+2).

• Posición da edificación: establécense recuamentos mínimos da superficie edificable respecto os lindeiros das parcelas adxacentes. Neste caso, respecto á parcela P-136, correspondente ao hotel establécense 3 m e respecto a parcela P-134, correspondente ao edificio administrativo I, establécense outros 3 m, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

Aparcadoiros.

Será obrigatoria a reserva dunha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 de construción, que poderá situarse en superficie dentro da propia parcela ou subterránea en plantas de soto.

2.3.5. Zona de edificio administrativo e centro de oficinas.

Ámbito.

Comprende as áreas grafadas no plano de ordenación 0.2 coincidente coas parcelas marcadas coas siglas ZEA para o edificio administrativo e ZO para o centro de oficinas.

Descrición.

O edificio administrativo e o centro de oficinas, situados nas parcelas P-134 e P-140, as superficies totais das cales son, respectivamente, 700 e 848 m2, ocupan unha superficie de 630 e 575 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura máxima de once metros (11 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e dúas plantas (B+2).

• Posición da edificación: os recuamentos mínimos das superficies edificables que deben manterse son, no caso do edificio administrativo, 3 m respecto á parcela P-135 correspondente ao centro de acollida e restaurante, e no caso do centro de oficinas, 2 m respecto á rúa que o rodea, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

Aparcadoiros.

Será obrigatoria a reserva dunha praza de aparcadoiro por cada 100 m2 de construción, que poderá situarse en superficie dentro da propia parcela ou subterránea en plantas de soto.

2.3.6. Inspección técnica de vehículos.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ITV.

Descrición.

Localizada na zona próxima aos aparcadoiros, constrúese cunha superficie de 2.425 m2 sobre unha parcela, P-139, de 3.000 m2.

Condicións de edificación.

• Altura máxima: establécese unha altura máxima libre de tesoira de once metros (11 m).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e unha planta (B+1).

• Posición da edificación: establécense recuamentos mínimos da superficie edificable respecto a lindeiro coa parcela adxacente e respecto á rúa que rodea a parcela. Estes son, respectivamente, de 5 e 3 m, tal e como se reflicte no plano de ordenación 0.3.

2.3.7. Estación de servizo.

Ámbito.

Comprende a área grafada no plano de ordenación 0.2 coincidente coa parcela marcada coa sigla ES.

Descrición.

A estación de servizo conta cos servizos de subministración de combustible, lavado, báscula, tenda, etc. e sitúase sobre a parcela P-138, a superficie total da cal é de 4.200 m2.

Condicións de edificación.

• Superficie en planta: establécese en cento cincuenta metros cadrados (150 m2).

• Número de plantas: terá un máximo de baixo e unha planta (B+1).

• Posición da edificación: será a que se fixa no plano de ordenación 0.3.

2.3.8. Aparcadoiro de vehículos pesados.

Cun total de 125 prazas de 3,5 x 17 m cada unha, téñense as seguintes superficies:

– Superficie útil de aparcadoiro: 125 x 3,5 x 17 = 7.438 m2.

– Superficie total dedicada ao aparcadoiro de pesados (contando as vías de distribución do tráfico dentro do aparcadoiro): 16.552 m2.

2.3.9. Aparcadoiro de lixeiros.

Distribuídos uniformemente por toda a área do CLT, cúmprese a ratio convencional dunha praza por cada 150 m2 de superficie de nave construída, o que nos ofrece un total de 1.200 prazas de aparcadoiro para vehículos lixeiros, que ocupan unha superficie de 24.656 m2.

2.4. Área de actividades loxísticas e intermodais.

Situada na zona noroeste do CLT, e ocupando unha superficie de 59.912 m2, destinarase a plataforma de contedores e instalacións auxiliares de almacenaxe e permítese unha ocupación máxima do 10 %, sendo B+l o número de plantas que se permite edificar, e unha altura máxima libre de tesoira de 7,5 m nas naves e a que sexa precisa nas instalacións auxiliares de almacenaxe (depósitos...).

2.5. Vías.

A superficie destinada a vías (6 m por sentido), sen contar a zona de servizos (5 m), é de aproximadamente 54.198 m2, medidos a partir da hipotética liña que une o edificio administrativo e a zona comercial, no que constitúe a superficie dedicada exclusivamente ao CLT.

En canto ás vías de acceso ao CLT, nas cales incluímos as vías que se atopan entre a anterior hipotética liña e o comezo da zona de aparcadoiro, a superficie ocupada por estes é de 12.620 m2.

A vía que une a estación intermodal de intercambio co CLT ocupa unha superficie de 13.450 m2, pois se trata dunha vía dunha lonxitude de 1.345 m e un largo de 10 m.

2.6. Zonas verdes.

Destinaranse como zonas verdes unha superficie de 120.661,19 m2, localizada principalmente na zona oeste do CLTC, á cal hai que sumar os noiros orixinados polo movemento de terras e demais zonas libres existentes no centro e a localización da cal pode apreciarse no plano de ordenación 0.2 coas siglas ZV.

3. Usos do CLTC.

3.1. Usos das naves almacén.

– Almacenaxe, consolidación e fraccionamento de cargas en todas as alternativas que as devanditas actividades permiten (almacenista, distribuidor, grosista...).

– Almacenamento e distribución de embalaxe baixo contrato (paquetaría).

– Almacenamento e posterior distribución por correo (embalaxe baixo contrato).

– Operador loxístico do frío.

– Mensaxaría urxente e correo.

– Calquera outro uso compatible coas actividades propias do CLTC.

– Quedan totalmente prohibidas as actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas mencionadas no Decreto 2414/1961 (título primeiro, capítulo primeiro, artigo 3), exceptuando aquelas relacionadas coa almacenaxe e aquelas que sexan compatibles coas actividades desenvolvidas no CLTC.

3.2. Usos do edificio administrativo.

O edificio administrativo distribuirase en:

– Oficinas en aluguer.

– Comerciais en aluguer.

Dentro dos cales se permitirán centro médico, servizos centrais da sociedade adxudicataria, central de contratación de cargas, asociacións de transportistas, alfándega, oficina bancaria, etc.

3.3. Usos do edificio de oficinas.

O uso deste edificio será o de todo tipo de oficinas compatibles coas actividades que se desenvolvan no CLTC.

3.4. Usos da superficie comercial.

Os usos permitidos na superficie comercial son todos aqueles que están derivados do sector terciario, quedando excluídas todas aquelas actividades molestas, nocivas ou perigosas, de acordo co Decreto 2414/1961, que non sexan compatibles co resto de actividades desenvolvidas no CLTC.

3.5. Usos do centro de acollida e restaurante.

O uso principal do centro de acollida e restaurante é o dedicado á restauración, aínda que no devandito centro se van ofrecer outros servizos, que darán lugar a outros usos, como poden ser duchas, vestiarios, sala de esparexemento e reunión, auditorio multiúsos, etc.

3.6. Usos das naves taller.

As naves taller estarán dedicadas principalmente á instalación de servizos de atención ao vehículo, como poden ser os talleres mecánicos e venda de recambios e pneumáticos, aínda que tamén están permitidos os locais de exposición e venda.

Así mesmo, prevese o uso de lavado de cisternas nas parcelas destinadas a naves taller. O devandito uso supón a subministración de auga quente, desgaseador, elevador pneumático/hidráulico.

4. Limitacións á propiedade.

4.1. Ferrocarril.

De acordo coa Lei de ordenación dos transportes terrestres, do 30 de xullo de 1987, en diante LOTT, establécense no título VIII (Policía de ferrocarrís), as seguintes delimitacións dos terreos inmediatos ao ferrocarril para zona non urbana:

– Dominio público: estes terreos determínanse medindo desde a aresta exterior da explanación unha franxa de 8 m de largo (artigo 280.1).

Só se poderán realizar obras ou instalacións na zona de dominio público do ferrocarril cando sexan necesarias para a prestación do servizo ferroviario ou ben cando a prestación dun servizo público de interese xeral así o exixa, logo de autorización de órgano administrativo competente en materia de ferrocarril. No artigo 283.2 da LOTT explícase que excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas, poderá autorizarse o cruzamento da zona de dominio público, tanto aéreo como subterráneo, por obras e instalacións de interese privado.

– Zona de servidume: consiste nas respectivas franxas de terreo a ambos os lados da liña férrea, delimitadas interiormente pola zona de dominio público, e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas exteriores da explanación, a unha distancia de 20 m medidos desde as arestas exteriores da explanación (artigo 281.l).

Dentro da zona de servidume non poderán realizarse novas edificacións, salvo que excepcionalmente, dadas as circunstancias concorrentes e a xustificación de non prexudicar o ferrocarril, o autorice Renfe. No artigo 285.1 da LOTT establécese que Renfe poderá autorizar na zona de servidume o paso de conducións de auga, eléctricas ou doutro tipo.

– A zona de afección da liña férrea consiste nas respectivas franxas de terreo a ambos os lados, delimitadas interiormente polos límites externos das zonas de servidume e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas exteriores da explanación, a unha distancia de 50 m desde as arestas exteriores da explanación.

Para construír e reedificar na zona, así como para realizar na devandita zona calquera tipo de obras e instalacións fixas ou provisionais, cambiar o uso ou destino destas e plantar ou tallar árbores e, en xeral, realizar calquera actividade que implique limitacións ao ferrocarril, os seus terreos, instalacións ou dependencias, requirirase a autorización previa de Renfe (artigo 286.2).

4.2. Estrada provincial CP-3109.

Na Lei 4/1994, de estradas de Galicia, establécese a área de influencia das estradas, que está integrada polas seguintes zonas:

– Zona de dominio público: para o caso de Culleredo, onde non se expropiou para a construción da CP-3109, tense unicamente a zona comprendida entre arestas exteriores da explanación.

Unicamente se poderán realizar obras, actuacións ou instalacións na zona de dominio público da estrada cando a prestación dun servizo público de interese xeral o exixa, trátese de conexión con ese servizo, de obras imprescindibles para acceder á estrada ou de instalacións provisionais por prazo fixado, logo de autorización da Deputación (artigo 30.2).

– Zona de servidume: consiste en dúas franxas de 2 m medidas desde o límite exterior da zona de dominio público (artigo 32.1).

Na zona de servidume non poderán realizarse obras nin se permitirán máis usos que aqueles que sexan compatibles coa seguranza viaria, logo de autorización da Deputación.

– Zona de afección: consiste en dúas franxas de terreo de 30 m medidas a partir da aresta exterior de explanación.

Para executar na zona de afección calquera tipo de obras ou instalacións fixas ou provisionais, requirirase a autorización previa da Deputación.

– Liña límite de edificación: mídese desde a aresta exterior da explanación e perpendicularmente ao eixe da calzada e, por ser a CP-3109 unha estrada da rede primaria complementaria, esta distancia é de 9,5 m, de acordo co establecido pola Lei 4/1994.

Desde a liña límite de edificación queda prohibido calquera tipo de obras de construción, reconstrución ou ampliación, salvo as que resulten imprescindibles para a mera conservación e mantemento das construcións existentes, que precisarán autorización da Deputación da Coruña (artigo 35.1, Lei 4/1994).

4.3. Autovía do Noroeste.

A Lei de estradas do 29 de xullo de 1988, e o Real decreto 1812/1994, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, establecen as seguintes zonas de protección:

– Zona de dominio público: na autovía do Noroeste consiste na área limitada polas dúas franxas de terreo de 8 m medidas desde a aresta exterior da explanación.

Dentro da zona de dominio só se poderán realizar obras ou instalacións, logo de autorización de Ministerio de Fomento, cando a prestación dun servizo público de interese xeral así o exixa (artigo 76.1, R.D.1812/1994).

– Zona de servidume: consistirá en dúas franxas de terreo delimitadas interiormente pola zona de dominio público e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas exteriores da explanación a unha distancia de 25 m (artigo 77, R.D.1812/1994).

Na zona de servidume non poderán realizarse obras nin se permitirán máis usos que aqueles que sexan compatibles coa seguranza viaria, logo de autorización en calquera caso do Ministerio de Fomento. En todo caso, o citado ministerio pode autorizar a utilización da zona de servidume por razóns de interese xeral.

No artigo 78.3 apartado f) establécese que a zona de servidume poderá ser utilizada para fins que contribúan ao mellor servizo da estrada, tales como camiños agrícolas ou de servizo, e zonas de aparcamento.

– Zona de afección: consiste en dúas franxas de terreo a ambos os dous lados da A-6, delimitadas interiormente pola zona de servidume e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas exteriores da explanación a unha distancia de 100 m (artigo 82).

Para executar na zona de afección calquera tipo de obras ou instalacións fixas ou provisionais, cambiar o uso ou destino destas e plantar ou tallar árbores, requirirase a autorización previa do Ministerio de Fomento.

– Liña límite de edificación: a ambos os dous lados da A-6 establécese a liña límite de edificación que se sitúa 50 m da aresta exterior da calzada (1) (artigo 84.1) e a 25 m no caso do ramal de enlace que sae a Ledoño.

Desde a liña límite de edificación ata a estrada queda prohibido calquera tipo de obra de construción, reconstrución ou ampliación, a excepción das que resulten imprescindibles para a conservación e mantemento das construcións existentes.

(1) A aresta exterior da calzada é o bordo exterior da parte da estrada destinada á de en xeral.

5. Investimento previsto.

Medición

Prezo

Total (Mpts)

1. Compra de terreos

602.479 m2

1.000 pts/m2

602,479

2. Urbanización xeral (movemento de terras, canalización, depuradora e urbanización)

1.100,00

3. Naves almacén de 7,5 m de altura

56.386 m2

35.000 pts/m2

1.973,51

4. Naves almacén de 11 m de altura

71.390 m2

40.000 pts/m2

2.855,60

5. Servizos do centro

5.1. Naves taller

200,00

5.2. Superficie comercial

320,00

5.3. Hotel

50,00

5.4. Centro de acollida e restaurante

55,00

5.5. Edificio administrativo

76,00

5.6. ITV

80,00

5.8. Estación de servizo

75,00

6. Terminal intermodal

600,00

Suma

7.987,589

6. Duración temporal estimada para a execución.

A execución do CLTC ocupará 36 meses contados desde o momento en que se poidan ocupar os terreos afectados por este proxecto.

A terminal intermodal executarase no momento en que se conte cos fondos públicos necesarios e o compromiso de actuación por parte dos operadores ferroviarios, e será conta da sociedade adxudicataria a cesión dos terreos que se adquirirán para este efecto.

7. Recursos económicos afectos.

A execución do CLTC previuse por medio da actuación dun concesionario que achegará os recursos económicos necesarios para a súa total execución conforme o prego de bases do concurso tramitado e adxudicado polo Concello a que se fixo referencia nos antecedentes deste proxecto.

Anexo 1

Cadros de superficies

Superficies do CLT de Culleredo

1. Parque empresarial.

Cuarteiróns 1/2/3 (B+1)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

1/5/9/13/17/21/24

1.110

612x2

7,5

10,5

5.508

4/8/12/16/20

1.037

612x2

7,5

10,5

5.508

2/3/6/7/10/11/14/15/18/19/22/23

1.020

612x2

7,5

10,5

5.508

Cuarteiróns 4/5/6/7 (B+1)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

31/37/43/49/55/61

980

578x2

7,5

10,5

5.202

25

1.007

578x2

7,5

10,5

5.202

67

1.046

578x2

7,5

10,5

5.202

30/36/42/48/54/60/66/72

1.459

578x2

7,5

10,5

5.202

26 a 39 * 32 a 35/38 a 41/44 a 47/50 a 53/56 a 59/62 a 65/68 a 71

962,5

578x2

7,5

10,5

5.202

Cuarteiróns 8 (B+2)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

73/88/89/104

2.176

1.566+224x2

11

10,5

20.358

74 a 87/90 a 103

1.902

1.566+224x2

11

10,5

20.358

Cuarteiróns 9 (B+2)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

105 a 108

2.062

1.546+344x2

11

15

20.098

109

2.201

1.546+344x2

11

15

20.098

Cuarteiróns 10 (B+1)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

120/126/127/133

1.095

637x2

7,5

10,5

5.733

121 a 125/128 a 132

1.095

637x2

7,5

10,5

5.733

Sup. total parcelas (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Vol. total (m³)

Total naves H= 7.5 m

90.540

102.700

7,5

10,5

51.490

462.150

Sup. total parcelas (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Vol. total (m³)

Total naves H= 11 m

72.409

75.618

11

15

57.770

751.946

Sup. total parcelas (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Vol. total (m³)

Totais

162.949

178.318

109.260

1.214.096

Naves almacén

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Cuarteirón 11 (B+2)

16.475

13.620+1.945x2

11

15

177.060

Cuarteirón 12 (B+1)

8.375

4.896x2

7,5

10,5

44.064

2. Área estación intermodal de intercambio.

Nave almacén est. intermodal (B+1)

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Parcela 141

4.550

2.675x2

7,5

10,5

24.075

Total

47.979

3. Servizos do centro.

Naves taller (B+2)

Parcelas

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

110 a 118

1.110

600x3

11

15,0

7.800

119

1.083

600x3

11

15,0

7.800

Sup. total parcelas (m²)

Sup. total máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Sup. total naves (m²)

Totais

11.073

18.000

6.000

Superficie comercial (B+4)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

137

6.000

5.800x5

17

98.600

Hotel (B+4)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

136

1425

1.175x5

17

19.975

Acollida e restaurante (B+2)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

135

1.700

1.570x3

11

17.270

Edificio administrativo (B+2)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

134

700

630x3

11

6.930

Centro de oficinas (B+2)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

140

848

575x3

11

6.325

ITV (B+1)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx.tesoira (m)

Alt.máx.cumieira (m)

Volume (m³)

139

3.000

2.425x2

11

15

31.525

Edificio gasolineira (B+1)

Parcela

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira(m)

Volume (m³)

138

4.200

150x2

6

900

4. Área de actividades loxísticas e intermodais.

Sup. parcela (m²)

Sup. máx. construíble (m²)

Alt. máx. tesoira (m)

Alt. máx. cumieira (m)

Volume (m³)

Estación intermodal (B1)

59.912

5.740x2

7,5*

10,5

51.660

* Altura máxima libre de tesoira de 7,5 m nas naves e as que sexa precisa nas instalacións auxiliares de almacenaxe (depósitos...).

5. Vías.

Sup. (m²)

Vías de acceso e interiores ao CLT

80.268

6. Zona de servizos.

Sup. (m²)

Zona de servizos

25.234

7. Zona de servizos.

Sup. (m²)

Vehículos lixeiros

P1-Oeste

6.739

P2-Norte

6.329

P3-Sur

8.481

En batería

3.107

Total

24.656

Sup. (m²)

Vehículos pesados

16.552

8. Zona de servizos.

Sup. (m²)

Zonas verdes do CLT

120.661,19

9. Varios.

Sup. (m²)

FFCC

4.609

Canalización

745

Camiños de servizo

5118

Total ámbito CLT

602.479,19

Capítulo 5

Incidencias sobre o territorio físico, afeccións ambientais e medidas correctoras

Índice do capítulo 5

Avaliación de efectos ambientais

1. Introdución.

1.1. Marco legal.

1.1.1. No nivel estatal.

1.1.2. No nivel autonómico (Galicia).

1.2. Obxecto do estudo.

1.3. Ámbito do estudo.

2. Descrición do proxecto.

2.1. Movemento de terras.

2.2. Pavimentacións.

2.3. Saneamento.

2.3.1. Rede de augas pluviais.

2.3.2. Rede de augas fecais.

2.3.3. EDAR.

2.3.4. Canalización.

2.4. Rede de auga potable.

2.5. Instalacións eléctricas e iluminación.

2.5.1. Rede de media tensión.

2.5.2. Rede de baixa tensión.

2.5.3. Rede de iluminación pública.

2.6. Canalización telefónica.

2.7. Xardinaría, sinalización, reposición, camiños e varios.

3. Efectos ambientais.

3.1. Actividades proxectadas susceptibles de produciren un efecto sobre o medio.

3.1.1. Fase de construción.

3.1.1.1. Movemento de maquinaria.

3.1.1.2. Roza.

3.1.1.3. Accesos á obra.

3.1.1.4. Vertedoiros.

3.1.1.5. Drenaxe superficial.

3.1.1.6. Escavacións.

3.1.1.7. Movemento de terras.

3.1.1.8. Canalización do río Orro.

3.1.1.9. Préstamos.

3.1.1.10. Aprovisionamento de balastro.

3.1.1.11. Estendedura de balastro.

3.1.1.12. Tendido da vía.

3.1.1.13. Estendedura de firmes.

3.1.1.14. Expropiacións.

3.1.2. Fase de explotación.

3.1.2.1. Presenza do Centro Loxístico de Transportes.

3.1.2.2. Drenaxe das instalacións.

3.1.2.3. Tráfico xerado polas instalacións.

3.1.2.4. Actividades derivadas da construción da gasolineira.

3.1.2.5. Actividades derivadas da construción das naves e talleres.

3.2. Verteduras, emisións, residuos ou outros elementos contaminantes que poidan xerarse coa execución do proxecto.

3.2.1. Emisións gasosas.

3.2.2. Emisións sonoras.

3.2.3. Verteduras ao río.

4. Inventario ambiental.

4.1. Descrición do medio físico no estado preoperacional.

4.1.1. Introdución.

4.1.2. Marco xeográfico.

4.1.3. Morfoloxía e relevo.

4.1.4. Xeoloxía e xeotecnia.

4.1.4.1. Esquema xeolóxico xeral.

4.1.4.2. Formacións afectadas.

4.1.4.3. Estrutura xeral da zona.

4.1.4.4. Hidroxeoloxía.

4.1.5. Bioclimatoloxía.

4.1.5.1. Conceptos xerais.

4.1.5.2. Zona climática.

4.1.6. Augas superficiais.

4.1.7. Solos.

4.1.7.1. Edafoloxía.

4.1.7.2. Capacidade produtiva do solo.

4.1.8. Vexetación.

4.1.8.1. Vexetación potencial.

4.1.8.2. Vexetación de ribeira.

4.1.9. Fauna.

4.1.9.1. Xeneralidades. Nomenclatura.

4.1.9.2. Inventario de especies.

4.1.9.3. Valoración.

4.1.10. Paisaxe. Áreas de interese ecolóxico.

4.1.10.1. Unidades da paisaxe.

4.1.10.2. Valoración.

5. Avaliación dos efectos ambientais.

5.1. Consideracións previas.

5.2. Descrición dos efectos ambientais causados pola execución do proxecto.

5.2.1. Contaminación acústica.

5.2.2. Contaminación atmosférica.

5.2.3. Solos. Erosión.

5.2.4. Recursos hídricos. Calidade da auga.

5.2.5. Vexetación.

5.2.6. Fauna.

5.2.7. Paisaxe.

5.3. Valoración dos efectos ambientais.

5.3.1. Metodoloxía.

5.3.1.1. Criterios de valoración.

5.3.2. Matriz de valoración de impactos.

5.3.3. Estudo comparativo da situación ambiental actual e futura.

6. Establecemento de medidas protectoras e correctoras ambientais.

6.1. Consideracións previas.

6.2. Medidas correctoras no medio físico.

6.2.1. Contaminación acústica.

6.2.2. Contaminación atmosférica.

6.2.3. Solos. Erosión.

6.2.4. Recursos hídricos. Calidade da auga.

6.2.5. Vexetación.

6.2.6. Fauna.

6.2.7. Paisaxe.

7. Establecemento do programa de vixilancia ambiental.

7.1. Xeneralidades.

7.2. Seguimento do programa de obra.

7.2.1. Fase de construción.

7.2.2. Fase de explotación.

7.3. Relacións valoradas e control orzamentario das medidas correctoras.

7.4. Informes.

7.4.1. Informes sistemáticos.

7.4.2. Informes ocasionais.

1. Introdución.

1.1. Marco legal.

1.1.1. No nivel estatal:

Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño (proxectos que requirirán a declaración de impacto ambiental).

Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro (Regulamento para a execución do real decreto lexislativo).

1.1.2. No nivel autonómico (Galicia).

Decreto 442/1990, de impacto ambiental de Galicia.

Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais en Galicia.

Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia.

1.2. Obxecto do estudo.

A avaliación de impacto ambiental é un proceso de análise encamiñada a formar un xuízo previo, o máis obxectivo posible, sobre os efectos ambientais dunha acción humana prevista (proxecto) e sobre a posibilidade de evitalos ou reducilos ata niveis aceptables.

No presente estudo avalíase a incidencia ambiental na zona afectada polo proxecto do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, comezando por unha descrición das características técnicas dos proxectos, para posteriormente identificar os impactos máis significativos e propoñer as medidas correctoras destinadas a minimizalos.

1.3. Ámbito do estudo.

O centro loxístico de transportes atópase situado no termo municipal de Culleredo, nas inmediacións da autovía do Noroeste, treito autopista A-9-Arteixo, á altura do enlace de Culleredo, no p.q. 15+500. A vía de ferrocarril Santiago de Compostela-A Coruña discorre moi próxima a esta zona (lado oeste) e a citada autovía pasa polo lado norte. Por tanto, a comunicación coas principais infraestruturas de transporte é inmediata e vai reforzada pola situación tan próxima do enlace coa autovía.

Finalmente, a estrada Culleredo-Ledoño, despois de enlazar coa autovía, delimita polo lado sueste do ámbito de actuación.

2. Descrición do proxecto.

2.1. Movemento de terras.

A cota de implantación vén definida por limitar a pendente máxima a un 6 % da vía de acceso e a un 2 % nas vías interiores con aparcadoiros ou patios de manobra.

Así mesmo, tívose en conta para a canalización do río Orro, o caudal do cal nun período de retorno de 500 anos ascende a 22 m3/s.

2.2. Pavimentacións.

As pavimentacións proxéctanse coas características de calidade xeométrica e de resistencia que require ese tipo de centros: as calzadas de 12 m de largo con zona de servizos de 5 m en vías entre patios de manobra.

Predimensionarase os firmes para unha estimación de tráfico entre 200 e 800 vehículos pesados/día; e os patios de manobra, tendo ademais en conta as sobrecargas que implican estas.

Os firmes asfálticos con dúas capas de 9 e 6 cm sobre dúas capas de material granular e balastro artificial de base de 20 cm. Os pavimentos hidráulicos, de 20 cm de espesor de formigón HP-40 con malla Ø 6,5 a 20, contía do 0,6 %, sobre base de 15 cm de macádam recebado.

2.3. Saneamento.

2.3.1. Rede de augas pluviais.

Consiste na execución dunha rede de canalización de 8.500 ml. O material elixido para as conducións é PVC para saneamento na calidade corrugado cor gris.

Dispóñense ao longo da rede pozos de visita e sumidoiros nas rúas.

2.3.2. Rede de augas fecais.

Esta rede estenderase ao longo de 3.350 ml en diámetros de 300 mm e 400 mm en PVC calidade corrugado cor tella, situando pozos de rexistro suficientes para que os futuros inquilinos poidan acometer a evacuación das súas parcelas con facilidade.

2.3.3. EDAR.

A estación depuradora de augas residuais terá como procesos principais os seguintes:

1. Desbaste de grosos; reixa 5 cm entre eixes.

2. Desbaste de finos; baruto 0,6 mm.

3. Tratamento físico-químico; proceso de mestura e floculación con adición de coagulantes cunha flotación final con extracción de lamas en superficie.

4. Tratamento de lamas con espesamento, estabilización con polielectrólito e deshidratación final con filtro banda.

O sistema elixido está influído porque os efluentes esperados deben ter forte carga de aceites e graxas, así como deterxentes procedentes dos lavados dos vehículos; non obstante, se o peso destas actividades é menor, poderase recorrer a un sistema máis sinxelo de depuración e con menos automatismos.

2.3.4. Canalización.

A condución do regueiro Orro realízase baseándose nas exixencias do organismo de bacía, Augas de Galicia, que exixe en principio un período de retorno para o cálculo do caudal de enchente de 500 anos.

De non mediar xestión posterior na cal o citado organismo consinta rebaixar o período de recorrencia, os caudais obtidos son da orde de 22 m3/s, para os cales, tendo en conta a pendente dispoñible no río e as velocidades máximas aceptadas, se obtén a sección tipo de deseño.

2.4. Rede de auga potable.

Captarase da rede municipal de Culleredo mediante unha canalización Ø 150 de fundición. O caudal de cálculo utilizado é o de 15 l/s que, aínda que é algo conservador en canto aos servizos que se esperan no centro, se considera necesario para ter unha resposta contraincendios aceptable.

A rede esténdese ao longo de 4.000 ml de conducións de PVC de molécula orientada de Ø 125 e Ø 90 mm e dispóñense válvulas de corte en todos os nós para abastecer por circuítos alternativos segundo as necesidades e avarías.

Disponse, así mesmo, a localización de hidrantes contra incendios en zonas estratéxicas.

2.5. Instalacións eléctricas e iluminación.

A distribución eléctrica principal do complexo realizarase en media tensión a 15/20 kV, que a través de transformadores debidamente situados, transformarán en baixa tensión, para a subministración final aos diferentes receptores e á iluminación pública.

Toda a instalación cumprirá coa normativa seguinte.

Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en centrais eléctricas, subestacións, e centros de transformación.

Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Normas UNE.

Normas UEFE.

Recomendacións UNESA.

Norma básica da edificación.

2.5.1. Rede de media tensión.

Realizarase subterránea por todo o complexo, pechada en anel-bucle, canalizada en condutores de aluminio de 3(1 x 150) mm2 e illamento RHZ -12/20 kV.

A transformación en baixa tensión realizarase mediante centros de transformación de manobra exterior MT/BT de 250 kVA e 400 kVA para 24 kV.

2.5.2. Rede de baixa tensión.

Desde o cadro de baixa tensión de cada centro de transformación partirán as liñas de distribución en BT ao complexo, baixo tubo PVC Ø 160, en condutores RV 0,6/1 kV de 4(1x240) mm2 Al, circundando os diferentes edificios co fin de subministrar posteriormente aos receptores.

2.5.3. Rede de iluminación pública.

Distribuirase preferentemente pola zona de servizo, iluminando sobre as vías.

Realizarase con luminarias pechadas de aluminio fundido con difusor de vidro para vapor de sodio de alta presión de 250 W e 400 W segundo a necesidade, sobre columnas metálicas troncocónicas galvanizadas de 12 m de altura.

A iluminación nas zonas de carga-descarga e peirao, realizarase con proxectores de S.A.P. 250 W sobre as viseiras do edificio.

A distribución eléctrica será subterránea, con condutores 0,6/1 kV e canalización de PVC.

O goberno da iluminación efectuarase mediante centros de mando estratexicamente situados cos correspondentes equipamentos de protección e distribución.

Así mesmo, a subministración eléctrica aos diferentes centros de mando procederá dun centro de transformación independente previsto para este uso.

Cumpriranse os niveis medios de iluminación para este tipo de vías.

2.6. Canalización telefónica.

Prevese realizala subterránea embebida en prismas de formigón pola zona de servizos. Orzaméntanse cámaras e arquetas. Non se detalla a súa instalación posto que esta debe ser obxecto de proxecto visado pola CTNE.

O orzamento deduciuse proporcionalmente do doutros polígonos da zona onde tamén é subterránea.

2.7. Xardinaría, sinalización, reposición, camiños e varios.

Prevese a extensión e angazado de terra vexetal plantacións de céspede con limpeza, corte e abono durante as obras. Instalación de banda bionda e sinalización horizontal e vertical en seguridade vial. Valado do recinto, instalación de barreiras en acceso e aparcamento, dotación de mobiliario urbano, etc.

3. Efectos ambientais.

3.1. Actividades proxectadas susceptibles de produciren un efecto sobre o medio.

3.1.1. Fase de construción.

3.1.1.1. Movemento de maquinaria.

A maquinaria utilizada para a construción das obras móvese pola explanación da propia obra e polas franxas adxacentes que se utilicen posteriormente como camiños de servizo.

3.1.1.2. Roza.

O despexe e roza necesaria para a execución das obras leva consigo a eliminación da capa edáfica. Este efecto, de signo negativo durante as obras, verase minimizado no posible mediante a preservación da capa de terra vexetal para a súa posterior utilización en revexetación de noiros e nas zonas verdes dispostas no polígono.

3.1.1.3. Accesos á obra.

Os accesos á obra realizaranse a través dos camiños actualmente existentes, sen que estea prevista a apertura de ningún novo camiño de acceso.

3.1.1.4. Vertedoiros.

Os produtos resultantes da obra levaranse aos vertedoiros xa existentes na zona.

3.1.1.5. Drenaxe superficial.

A drenaxe que requira a obra realizarase desaugando sobre o río Orro.

A drenaxe natural dos terreos situados nas proximidades manterase e as obras de paso proxectaranse sobre os regueiros actualmente existentes. Os posibles impactos xerados están relacionados coa vertedura de materiais e o aumento de sólidos en suspensión.

3.1.1.6. Escavacións.

As escavacións realízanse mediante medios mecánicos convencionais.

Os materiais procedentes da roza correspondentes ao horizonte edafolóxico superior almacénanse nas zonas de obra para a súa posterior utilización na revexetación dos noiros e zonas verdes.

A acción das escavacións pode reflectirse nunha potenciación da erosión sobre o solo. Debido ás medidas correctoras previstas, non se prevé un impacto relevante neste sentido.

3.1.1.7. Movemento de terras.

O movemento de terras consistirá basicamente na execución dos terrapléns e as escavacións necesarias.

Os impactos producidos por esta actividade están relacionados co medio aéreo, debido a partículas de po en suspensión xeradas, impacto sobre a calidade das augas, debido ás partículas vertidas ao río, e impacto sonoro, debido á maquinaria empregada para desenvolver a devandita actividade. Estes últimos son de difícil cuantificación, ao non existiren medicións específicas. En canto ao impacto sobre o medio aéreo e sobre a calidade das augas, hai que ter en conta que o clima da zona de estudo en canto a réxime pluviométrico é favorable neste aspecto. O impacto producido considérase, por tanto, puntual e reducido, sempre que se tomen medidas paliativas como os riscos sistemáticos durante a época de menores choivas.

3.1.1.8. Canalización do río Orro.

Consiste esta actividade no desvío do curso principal do río Orro, o impacto principal do cal é variar o hábitat natural das especies que habitan no curso do devandito río.

3.1.1.9. Préstamos.

Os préstamos para as achegas que sexan necesarias realizaranse das canteiras que se atopan xa en explotación. As afeccións ambientais debidas a este punto están condicionadas, por tanto, ás características da zona de extracción, a elección da cal non é responsabilidade do proxectista.

3.1.1.10. Aprovisionamento de balastro.

O aprovisionamento de balastro realizarase en canteiras homologadas para tal fin. O impacto que producirá esta actividade é unicamente visual e considérase puntual e reducido.

3.1.1.11. Estendedura de balastro.

A estendedura de balastro sobre a plataforma realizarase mediante a súa subministración con camións que, circulando sobre a propia plataforma, descargarán o material nas zonas de traballo, e simultaneamente procederase a estendelo. Os impactos estarán relacionados coa maquinaria necesaria para efectuar os devanditos traballos.

3.1.1.12. Tendido da vía.

O tendido da vía consiste na colocación sobre a plataforma executada, e con balastro estendido, das travesas e o carril para proceder á súa montaxe. A operación realízase con maquinaria ferroviaria que circula sobre unha vía auxiliar pola cal se desprazan os pórticos guindastre.

A operación complétase coa soldadura dos carrís dos tramos de vía e a colocación dos aparellos de vía (cambios, desvíos, etc.), que posibilitan os cambios nos movementos das circulacións ferroviarias.

As posibles afeccións ocasionadas por estes procesos, en forma de emisións acústicas e gasosas, son de carácter temporal e de pequena importancia.

3.1.1.13. Estendedura de firmes.

Consiste esta actividade en estender, sobre a explanación previamente executada, as capas de materiais definidos no capítulo de firmes para facer que as vías sexan aptas para a circulación dos vehículos.

A estendedura do firme sobre a explanación realizarase mediante a súa subministración con camións que, circulando sobre a propia explanación, descargarán o material nas zonas de traballo, e simultaneamente procederase a estendelo. Os impactos estarán relacionados coa maquinaria necesaria para efectuar os devanditos traballos.

3.1.1.14. Expropiacións.

3.1.2. Fase de explotación.

3.1.2.1. Presenza do Centro Loxístico de Transportes.

O primeiro dos compoñentes ambientais afectados é a paisaxe, pois a urbanización dos terreos afectados provocará un efecto distorsionador sobre a paisaxe existente. A avaliación deste efecto debe considerar aspectos como a natureza da propia paisaxe, así como as características da urbanización. Non obstante, dado que o ámbito de estudo se atopa claramente marcado polo paso da actual autovía A-6 e a liña de ferrocarril A Coruña-Vigo, a zona de estudo ten un baixo interese ecolóxico (dada a ausencia de especies protexidas, espazos naturais de interese ecolóxico, etc.).

Os efectos sobre a fauna debidos á implantación do centro son a consecuente eliminación de especies, principalmente anfibios, réptiles e pequenos mamíferos, que iso leva consigo. En canto ao efecto barreira, cabe destacar que a implantación do centro, dada a localización antes mencionada entre dúas infraestruturas lineais tan importantes como unha autovía e unha liña de ferrocarril, apenas vai ter incidencia no devandito efecto ambiental.

3.1.2.2. Drenaxe das instalacións.

A drenaxe das instalacións construídas realizarase a través das obras de drenaxe deseñadas no proxecto para iso, e que pola súa vez verterán sobre o tramo canalizado do río Orro. As augas que drenan son as que proveñen da precipitación, sen que se poida contaminar máis que polos arrastres de solos que orixinen no seu escorremento.

Este sistema de drenaxe forma parte das obras que se van realizar e a súa incidencia no medio é moi escasa.

3.1.2.3. Tráfico xerado polas instalacións.

Os efectos derivados do tráfico xerado pola construción do centro serán como consecuencia da emisión de contaminantes gasosos e polos ruídos ocasionados.

3.1.2.4. Actividades derivadas da construción da gasolineira.

Os principais efectos ambientais derivados da actividade normal dunha gasolineira son o risco de incendios que leva consigo a acumulación de calquera tipo de combustible, verteduras de graxas e aceites debido ao almacenamento e manipulación constante destes, emisión de contaminantes gasosos e ruídos ocasionados polo constante circular dos vehículos.

3.1.2.5. Actividades derivadas da construción das naves e talleres.

As actividades que vai xerar a implantación das naves e os talleres son, principalmente, o tráfico de vehículos pesados, co que os efectos ambientais implicados nas devanditas actividades son a emisión de contaminantes gasosos e os ruídos ocasionados polo devandito tráfico.

3.2. Verteduras, emisións, residuos ou outros elementos contaminantes que poidan xerarse coa execución do proxecto.

As emisións gasosas que se poden producir, tanto na fase de construción como na de explotación, son as producidas por:

– Gases de combustión nos motores da maquinaria de obras públicas empregada para a construción do centro e do tráfico dos vehículos, tanto lixeiros como pesados, que o devandito centro vai xerar.

– Gases de combustión producidos polas traccións das circulacións ferroviarias.

En canto ás emisións sonoras, estas procederán da circulación dos vehículos citados anteriormente.

3.2.1. Emisións gasosas.

As emisións gasosas esperables da maquinaria de obras públicas utilizada no proceso de construción e dos vehículos que circulen polo centro, unha vez que estea este construído, están referenciadas á potencia nominal das máquinas en operación. Unicamente se consideran gases de combustión nas máquinas que funcionen con motor diésel, xa que, no sector das obras públicas, os motores de explosión non son utilizados máis que en elementos auxiliares de potencia moi pequena.

As emisións esperadas na devandita maquinaria, por hora de funcionamento e por quilovatio de potencia nominal, son:

Gases emitidos

Emisión (gr/hora de funcionamento)

CO (monóxido de carbono)

9,8

HC (hidrocarburos non queimados)

2,1

NOx (óxidos de nitróxeno)

12,6

A produción de compostos sulfurosos e de partículas debe ser practicamente nula se o motor e a bomba de inxección están axeitadamente regulados e o combustible se axusta ás especificacións do gasóleo para automoción.

A emisión total que se pode producir nunha zona concreta depende do número de máquinas en operación, da potencia destas e do réxime de funcionamento. En condicións habituais, o nivel de emisión producido debe quedar moi lonxe dos valores máximos permitidos de emisión. Por tanto, unicamente deberán vixiarse situacións de mala ventilación con forte concentración de maquinaria, en condicións de inversión térmica moi acusada, situacións que, dada a climatoloxía existente na zona do proxecto, son moi pouco probables.

En canto á circulación ferroviaria remolcada mediante tracción diésel, a emisión esperable de gases contaminantes, referenciada á potencia nominal da máquina de tracción e considerando unha velocidade media de circulación de 40 km/h, será, por quilómetro de liña e quilovatio de potencia nominal, a seguinte:

Gases emitidos

Emisión (gr)

CO (monóxido de carbono)

0,077

HC (hidrocarburos non queimados)

0,017

NOx (óxidos de nitróxeno)

0,099

Estas emisións están referidas a unhas condicións medias de circulación, e non se esperan valores superiores debido a que no trazado non existen pendentes fortes con carácter continuado.

En condicións habituais, e dadas as frecuencias máximas de tráficos esperados, o nivel de emisión producido debe quedar moi lonxe dos valores máximos permitidos de emisión.

A xeito de conclusión, o nivel de emisión de gases producidos durante a fase de construción é unha situación que non debe producir un impacto significativo e que polo seu carácter temporal e reversible se considera cun efecto mínimo.

En canto ás emisións de gases producidas polas circulacións anteriormente citadas, aínda que o seu efecto sexa permanente, pola pequena importancia deste considérase practicamente nulo o impacto que orixina.

3.2.2. Emisións sonoras.

As emisións sonoras proceden, basicamente, da maquinaria de obras públicas utilizada na execución das obras e do tráfico ferroviario e de vehículos que o propio centro vai xerar. As primeiras emisións teñen un carácter temporal, mentres que as segundas producen un efecto permanente.

A maquinaria utilizada para as obras públicas debe axustarse aos criterios de homologación en materia de xeración de niveis sonoros que emanan das directivas da Unión Europea e da lexislación española, na súa maior parte derivada destas directivas.

Os niveis de ruído máximos admisibles nos diferentes tipos de máquinas de obras públicas son da orde de 100 a 110 dB(A), medidos a distancias da orde de 10 metros. Estes valores son orientativos, pois dependen do tipo de máquina, do seu tamaño e da súa potencia.

A normativa galega en materia de ruídos (Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica) regula no seu artigo 7 os niveis de ruído por actividades varias, deixando en mans dos concellos o establecemento dos horarios e os niveis máximos de emisión en caso de obras de carácter singular como as aquí descritas.

Non obstante, debido a que a zona de estudo se atopa nun lugar totalmente deshabitado, a incidencia do impacto debido a emisións sonoras é moi pequena.

3.2.3. Verteduras ao río.

A calidade das augas pode verse negativamente afectada durante a fase de obras debido aos movementos de terras e ás posibles verteduras accidentais de graxas ou hidrocarburos da maquinaria pesada ou das zonas de almacenamento, de forma que poden modificarse certos parámetros como os sólidos disoltos e en suspensión, e os nutrientes, graxas ou hidrocarburos. Os seus efectos serán temporais pero aditivos. Ademais, ten que considerarse que os efectos que poden producir sobre a fauna acuática ou a saúde da poboación non se circunscriben á zona concreta onde se producen, senón que poden transmitirse augas abaixo a áreas máis afastadas.

Durante a fase de explotación, os principais contaminantes son os derivados da deposición de contaminantes atmosféricos, principalmente partículas, e as verteduras procedentes das redes de recolla de augas pluviais e de augas fecais, aínda que estas últimas terán o seu correspondente tratamento na estación depuradora de augas residuais (EDAR).

Ademais das alteracións ou afeccións por contaminación de augas, pódense prever outras que afectan os propios leitos e o seu réxime, e que definen a permanencia do impacto. Estas afeccións refírense á posibilidade de colmataxe por sedimentación, alteración das marxes dos leitos por corrementos ou deposición de terras e materiais, desviación de cursos de auga, etc.

4. Inventario ambiental.

4.1. Descrición do medio físico no estado preoperacional.

Inclúense tanto os elementos físicos e morfolóxicos como os biocenóticos.

4.1.1. Introdución.

O ámbito de estudo foi distinto para cada compoñente do medio. Así, variables tales como a xeoloxía, solos, comunidades vexetais, etc., circunscríbense especificamente ao trazado proxectado, mentres que paisaxe, fauna, etc. precisan dun ámbito maior para a súa descrición.

O conxunto de variables estudadas no presente traballo son as seguintes:

– Xeoloxía.

– Climatoloxía.

– Hidroloxía.

– Solos.

– Vexetación.

– Fauna.

– Paisaxe.

– Áreas de interese singular.

4.1.2. Marco xeográfico.

O ámbito de estudo sitúase no termo municipal de Culleredo.

O devandito ámbito de estudo atópase limitado, aproximadamente, polos paralelos 43º 18’ e 48º 15’ de latitude norte e polos meridianos 4º 40’ e 4º 44’ de lonxitude oeste.

Respecto á situación cartográfica, a situación corresponde ás seguintes follas do mapa nacional do Instituto Xeográfico Nacional e/ou cartografia militar:

– Escala 1:50.000 folla n2 45 (Betanzos).

– Escala 1:25.000 folla n9 45-IV (Abegondo).

4.1.3. Morfoloxía e relevo.

A área de estudo considerada atópase nunha zona de relevos suaves. A topografía é descendente en dirección leste ata chegar á estrada Culleredo-Ledoño que enlaza coa autovía. Nun primeiro tramo atópanse ladeiras que baixan desde a vía do ferrocarril (cota aproximada +110 m) ata a cota +50 m. Estas ladeiras presentan, fundamentalmente, un aproveitamento forestal. A partir da cota +50 m aparecen terreos bastante chairos e fértiles, o uso fundamental dos cales é o agrícola, que ao estaren regados polo regueiro de Orro e polo río Valiñas presentan aproveitamentos de importancia.

As zonas principais de valgada discorren a ambos os dous lados do regueiro de Orro e do río Valiñas, con alturas inferiores aos 25 m.

4.1.4. Xeoloxía e xeotecnia.

4.1.4.1. Esquema xeolóxico xeral.

Xeoloxicamente a zona de estudo enmárcase no Macizo Hercínico. Das cinco zonas en que este macizo se divide na Península Ibérica, esta área pertence á denominada zona centro ibérica e, dentro dela, ao dominio de Galicia Tras-os-Montes.

Na área de estudo atópanse dous tipos de rochas: xistos e granitos. Os xistos pertencen ao complexo de Ordes e dentro das unidades que compoñen este complexo forman parte da unidade de Betanzos-Arzúa.

A orixe dos xistos está no metamorfismo que afectou unha potente sucesión dunha serie sedimentaria arxilo-areosa depositada nunha bacía oceánica situada tras un arco-illa. Dentro da unidade xistosa, distínguese, puntualmente, unha facies de xisto areento e outra de cuarzoxisto. Debido ao proceso oroxénico que deu lugar á formación da Cordilleira Hercínica, estes materiais sufriron un metamorfismo e situáronse a través de grandes mantos de corremento con converxencia cara ao leste, constituíndo o complexo de Ordes na súa posición actual. Durante a oroxénese tiveron lugar tres fases de deformación principais, a máis importante das cales, para os efectos da influencia sobre o deseño das obras que se proxectan, é a fase 1, que deu orixe aos planos de xistosidade que presenta a rocha.

Nos últimos tempos da oroxénese situáronse grandes masas de rochas graníticas onde se sitúa a zona de estudo. A localización no devandito punto tivo lugar en dúas fases e orixinou dous tipos de granitos con diferenzas mineralóxicas e texturais: granito de dúas micas e granodioritas precoces, as diferenzas das cales non son relevantes para os efectos prácticos no deseño das obras, polo que neste estudo se consideraron como unha única formación litolóxica.

Ao rematar a oroxénese hercínica producíronse unha serie de fracturas a grande escala, con direccións predominantes noroeste-sueste e nornoreste-sursudoeste. A favor destas direccións de fractura escavaron os seus vales os principais ríos da zona: Valiñas, Brexa, Barcés e Mero.

Tamén estas grandes fracturas dan lugar a corredores de meteorización onde a rocha se presenta alterada. O máis importante destes corredores constitúeo o que forman os vales do regueiro Comares e Orro.

No fondo dos vales dos ríos (Valiñas, Brexa, Barcés e Mero) atópanse depósitos de solos aluviais. Os ríos Barcés e Mero depositaron niveis de terrazas aluviais, que actualmente aparecen como retallos illados debido á erosión.

4.1.4.2. Formacións afectadas.

Granito.

Desde o punto de vista petrolóxico, cabe diferenciar dous tipos: granitos de dúas micas e granodioritas precoces. A diferenza entre estes dous tipos consiste en que estas últimas adoitan presentar grandes cristais de feldespato que dan lugar a unha textura porfírica, aínda que esta textura non se observa en todos os afloramentos. A diferenciación entre estes tipos de granito adoita facerse coa axuda do microscopio. As características xeotécnias dun e outro tipo, desde o punto de vista da afección ás obras, son practicamente iguais, polo que se cartografaron como unha soa unidade. Non se observou ningunha relación entre a distribución da meteorización e os sistemas de fracturación co tipo de granito.

En bastantes zonas os granitos atópanse meteorizados e dan lugar ao material denominado “xabre”, que presenta unha composición predominante de area arxilosa, ao producirse a desagregación dos minerais e a caolinización dos feldespatos.

Como pode verse nas plantas xeolóxico-xeotecnias a escala 1:5.000, cartografáronse (como unidades diferenciadas) as principais zonas de meteorización, que constitúen as denominadas depresións de alteración, que adoitan estar asociadas á rede principal de fracturación, a partir da cal se propagou a meteorización. En moitos casos, ademais dos procesos de alteración, actúan tamén algúns axentes erosivos que remobilizan os materiais e dan lugar a que estas depresións se atopen, ás veces, recubertas por depósitos de solos aluviais e coluviais; en xeral, obsérvase que o maior espesor de rocha meteorizada se atopa nos vales e zonas de valgada, e que é menor nas zonas de cumios.

A estrutura vén determinada pola fracturación: fallas e sistemas de xuntas. As fallas observadas presentan unha dirección predominante noroeste-sueste e outras dúas asociadas leste-oeste e noroeste-sueste. As xuntas presentan en xeral unha orientación subvertical e paralela ás principais direccións de fracturación. Tamén aparecen esporadicamente xuntas subhorizontais orixinadas pola descompresión do granito nos seus niveis máis superficiais.

Formacións de solos cuaternarios.

Diferenciáronse na cartografía xeolóxica varios tipos de solo, dependendo da súa orixe:

– Solos aluviais: son os sedimentos depositados por mecanismos de transporte fluvial, nas chairas aluviais dos principais ríos e, ocasionalmente, nalgúns vales secundarios.

Nas plantas xeolóxico-xeotecnias a escala 1:5.000 móstrase a súa distribución.

– Solo coluvial: estes solos orixináronse por alteración da rocha e sufriron certo transporte pola acción da auga. Atópanse principalmente ao pé das ladeiras, nos fondos dos vales secundarios e enchendo depresións nas zonas de granito meteorizado. Nas plantas xeolóxicas a escala 1:5.000 móstrase a distribución destes depósitos de solos. Os solos coluviais desenvolvidos sobre xistos presentan en xeral unha composición de solos cohesivos, arxila (CL) e limos (ML), en ocasións tamén de area limosa (SM). O contido de grava é de indicios. Nos coluviais sobre granitos predominan as areas limosas e areas arxilosas, que presentan como característica diferenciadora respecto aos coluviais en xistos o maior contido de grava.

– Recheos antrópicos: os recheos importantes son practicamente inexistentes. Os principais cartografáronse nas plantas xeolóxico-xeotécnias 1:5.000. Estes recheos pertencen a obras lineais (ferrocarril e estradas).

4.1.4.3. Estrutura xeral da zona.

O complexo de Ordes o que pertence a unidade de xistos presenta un repregamento asociado a un grande manto de corremento, que constitúe a base do complexo, formado durante a segunda fase de deformación hercínica.

Posiblemente estes materiais sufriron algunha fase de deformación prehercínica. Non obstante, as fases de deformación que orixinaron as estruturas máis marcadas na rocha pertencen á oroxénese hercínica. Estas fases principais son as seguintes:

– Primeira fase: orixina a xistosidade principal que presentan os xistos. Tamén deu lugar a dobras menores (que empenan suavemente a xistosidade), liñacións e boudinage (veas de cuarzo con estiramento).

– Segunda fase: desenvolve grandes mantos de corremento trasladados cara ao leste. Entre estes, o máis importante está constituído polo cabalgamento basal do complexo de Ordes. Tamén se forma unha nova xeración de xistosidade que produce unha crenulación da xistosidade de primeira fase.

– Terceira fase: dá lugar a grandes dobras que dobran as estruturas anteriores. Na zona de estudo estas dobras practicamente non influíron.

Nas últimas fases da oroxénese hercínica produciuse a intrusión dos materiais graníticos e posteriormente tivo lugar unha fase de distensión tectónica xeneralizada, que deu orixe á formación de grandes fallas de desgarre. Estas fallas volveron activarse durante a oroxénese alpina e agrúpanse en tres familias principais de orientación noroeste-sueste, leste-oeste e noroeste-sueste. Esta última dirección constitúe a principal aliñación estrutural hercínica.

4.1.4.4. Hidroxeoloxía.

Nas plantas xeolóxico-xeotécnias (escala 1:5.000) preséntase a situación dos mananciais e zonas alagadas detectadas na zona de estudo. Tamén se representaron os cursos de auga secundarios con circulación de auga superficial.

En conxunto, considérase que os xistos presentan unha permeabilidade moi baixa, os granitos permeabilidade baixa e as formacións de solos permeabilidade media.

As formacións de solos aluviais constitúen os mellores acuíferos da zona, pero presentan unha extensión bastante restrinxida. Nestas zonas o nivel freático atópase próximo á superficie. No resto da zona de estudo, non existen grandes unidades acuíferas, a nivel rexional. Non obstante, recoñeceuse a existencia de pequenos acuíferos, asociados á zona superficial de rocha meteorizada, fracturas e depósitos detríticos recentes. Estes acuíferos proporcionan un escaso caudal, explotado por pozos e mananciais para abastecemento das casas e rega de pequenos terreos.

Aínda que na zona de estudo e o seu ámbito hai bastantes pozos, é difícil facer unha medida dos niveis freáticos, ao encontrarse a maioría pechados con chave ou dentro de terreos e casas pechadas. En conxunto, observouse, como era de esperar, a adaptación da superficie piezométrica á topografía ondulada do terreo.

Con respecto ás afeccións de obra aos acuíferos considérase que é de carácter moi restrinxido, pois os desmontes poden afectar os pozos moi próximos cando se escave por debaixo do nivel actual da auga. O apoio dos recheos ocupando mananciais ou zonas con auga subsuperficial deberá ir precedido pola captación e evacuación dos caudais de auga a través de capas de material drenante dispostas no contacto recheo-terreo natural.

4.1.5. Bioclimatoloxía.

4.1.5.1. Conceptos xerais.

A bioclimatoloxía é unha ciencia ecolóxica que trata de poñer de manifesto a relación existente entre os seres vivos e o clima.

De entre os factores climáticos que configuran as comunidades de organismos ou biocenose, a precipitación e a temperatura destacáronse como os máis directamente responsables.

A pesar de que nunha área dada, os factores do medio (clima, solo, xeográfica, etc.) son os responsables da existencia dun ou outro tipo de ecosistema vexetal, a acción antropozoica decide en último termo a configuración da paisaxe actual. En consecuencia, en función do grao de influencia humana, parece necesario distinguir desde un principio entre ecosistemas naturais, rurais, urbanos e industriais.

Se se correlacionan o medio físico (clima e solo) e as descontinuidades biocenóticas que aparecen nas montañas coa altitude (cliseries altitudinais), veremos que se cumpren en toda a terra certos ritmos ou cambios en función da temperatura e a precipitación (termoclima e ombroclima). En consecuencia, en función de tales cambios pódese recoñecer, por un lado, o continente físico, que son os pisos bioclimáticos, e, por outro, o contido biolóxico vexetal, que son as series de vexetación. Do primeiro dos devanditos compoñentes tratarase neste capítulo.

4.1.5.2. Zona climática.

A área de estudo atópase situada na zona climática 1 da Coruña que é a que compoñen as bacías dos ríos que desembocan entre Fisterra e o límite coa provincia de Lugo. Pola súa orientación, é a parte da provincia máis sensible para os efectos dos sistemas nubrados que proceden do norte e noroeste, en tal medida que, cando non son moi activos, todas as súas consecuencias quedan limitadas a esta zona da provincia, e producen no resto pouco máis que algunha nebulosidade ou precipitacións débiles e pasaxeiras. O resultado final é unha pluviometría similar en toda a zona próxima aos 1.000 litros/m2, nas proximidades da costa, e aos 1.800 cara ao interior, en concordancia co aumento das precipitacións (efecto foehn) coa altura, que nesta zona se pode estimar nuns 200 litros por cada 100 m de elevación.

En canto a temperatura nesta zona, como noutras lindantes co mar, hai que ter en conta que a grande capacidade calorífica da auga faina actuar como un excelente moderador térmico, ao absorber unha grande cantidade de calor cunha pequena elevación da temperatura e, inversamente, realizando unha grande cesión sen arrefriarse apenas, suavizando as temperaturas máximas e mínimas en contraste coas terras, en que se producen grandes variacións de temperatura con pequenas achegas de calor. Este efecto térmico, relacionado coa distancia ao mar, coñécese co nome de continentalidade e, con frecuencia, combínase co que orixina a altitude, ao provocar un descenso duns 5 ºC por cada km, de elevación, que enmascara o anterior no que se refire ás temperaturas máximas.

Nesta zona as temperaturas medias anuais oscilan entre os 11 ºC e os 14 ºC.

Como modelo representante do litoral pódese tomar A Coruña (capital), o climatograma da cal, que relaciona as temperaturas e precipitacións medias durante os 12 meses do ano, nos mostra a existencia dun curto período seco no verán, así como temperaturas suaves no inverno e moderadas no verán.

Durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, novembro e decembro, as temperaturas medias oscilan de 9 ºC a 13 ºC, e nos restantes meses as temperaturas medias superan os ditos 13 ºC, alcanzando un máximo de 19 ºC de media no mes de agosto. Con temperaturas medias inferiores a 13 ºC considérase necesario utilizar calefacción nas vivendas.

A temperatura media anual é de 13,9 ºC e a media de precipitacións 947 litros/m2, rexistrándose uns 150 días de chuvia ao ano, 42 despexados, 180 nubrados e 143 cubertos; similares valores rexístranse nas demais áreas da zona, aínda que se nota máis ao distanciarse da costa o efecto da continentalidade das temperaturas e o aumento das precipitacións coa altitude. O número de horas de sol está comprendido entre 1.800 e 2.100 h/ano.

Como fronte representativa do interior da zona, pode considerarse a estación meteorolóxica das Pontes de García Rodríguez, o climograma da cal mostra as temperaturas medias entre os 6,5 ºC e os 18 ºC, mentres que a pluviosidade oscila entre os 40 hm2 en xullo ata os 240 hm2 en decembro e xaneiro.

4.1.6. Augas superficiais.

O ámbito de estudo é atravasado polo regueiro de Orro en dirección oeste-leste, que desemboca augas abaixo no río Valiñas. Estes cursos de auga son curtos e de escasa pendente, e o seu caudal é por termo medio escaso no cómputo anual.

Ademais destes cursos, hai numerosas valgadas e lindes de parcelas que actúan como recolectores de augas de escorremento superficial, que, así mesmo, acaban tributando aos cursos de maior entidade. Son estas canalizacións naturais, repartidas por todo o ámbito de estudo, as que se verán afectadas en maior medida polo proxecto, como se reflectirá no capítulo correspondente á previsión de impactos.

A importancia do escorremento superficial vén dada en boa medida polas augas de chuvia, e por tanto, polos índices de pluviosidade da bisbarra.

4.1.7. Solos.

4.1.7.1. Edafoloxía.

Na descrición dos solos existen varias posibilidades de clasificación. A aquí utilizada é a clasificación americana do U.S. Soil Taxonomy e, de acordo con ela, inclúese un mapa ou esquema edafolóxico. Esta clasificación é coincidente coa que presenta Salvador Rivas Martínez nas súas publicacións do Icona. Tendo en conta a clasificación do USST, e tomando como referencia o Estudio Agroedafológico de la Provincia de A Coruña realizado polo Instituto de Investigacións Xeolóxicas, Edafolóxicas e Agrobiolóxicas de Galicia, os tipos de solos achados na zona de estudo son os entisois e os inceptisois.

Entisois.

Agrupan unha grande variedade de solos, que teñen como característica común carecer de horizontes de diagnóstico. Son solos moi novos sen ningún desenvolvemento no perfil. Seguindo a clasificación de Kubiena, dentro desa primeira orde agrúpanse os seguintes: sapropel, solos con formación mariña, de perfil NG, escasos en materia orgánica, alto contido en nitróxeno e potasio; marsch, con perfil igualmente AIG, ricos en nitróxeno, fósforo e potasio asimilables; solos pertencentes ao grupo ranker, igualmente de perfil AIG, sobre materiais xeralmente silíceos; o máis frecuente é o protoranker, que se localiza na zona occidental da provincia. Son solos de composición areenta, polo que son permeables e moi ben aireados, con abundantes pedras.

lnceptisois.

Os inceptisois son os solos predominantes en Galicia, resultado da sucesión xeobotánica máis típica. A súa correspondencia establécese coas denominadas terras pardas, nalgún dos seus subordos, como os que aquí nos afectan.

Caracterízase por ser un horizonte orgánico superficial A que pasa dun modo pouco marcado ao horizonte B. Son solos de cor parda, de granulación limosa, que provoca o almacenamento de auga nas capas superficiais e, por tanto, eminentemente húmidos. Son os solos que forman a maior parte das terras de cultivo que non están situadas nos fondos dos vales.

O perfil que presentan é, por tanto, N(B)/C. Preséntanse sobre materiais silíceos, consecuencia de horizontes óchrico-cámbicos e con contido baixo en materia orgánica. O pH adoita oscilar entre 5,5 e 6,5 en terras do interior.

Nos casos en que o horizonte (B) é máis profundo, isto prodúcese porque a vexetación arbórea baseada en quercíneas fixo evolucionar o solo ao moelo e achegar un humus compensatorio da súa acidez.

Aqueles enclaves de horizonte (B) máis estreito son constituídos por áreas como as anteriores, pero nas cales a pendente provoca fenómenos erosivos que impiden unha mineralización do humus, ou ben que o mantemento de pradarías ou prados de sega obrigan a que o devandito horizonte (B) non se consolide.

4.1.7.2. Capacidade produtiva do solo.

Inclúese este capítulo por considerar de interese ter unha visión xeral da produtividade do solo afectado. Esta visión xeral implica non afondar na tipoloxía e si unicamente definila.

De entre todas as clases e grupos, só algúns corresponden ao terreo directamente implicado no proxecto (ver mapa adxunto):

Grupo I. Clases de terras segundo as súas calidades moi dificilmente modificables.

– Clase A. Solos que permiten todo tipo de mecanización e con profundidade abonda para calquera tipo de vexetación. Rega superficial sen limitacións. Risco nulo ou lixeiro de erosión.

– Clase B. Solos sen limitacións para a mecanización, pero con moderadas limitacións por profundidade para os cultivos de enraizamento profundo. Rega superficial con poucas limitacións, ou ben de suficiente profundidade para calquera tipo de cultivo pero con limitacións para a rega superficial de gravidade. Risco de erosión de nulo a moderado.

– Clase C. Solos sen limitacións para a mecanización, pero con limitacións para a rega superficial por gravidade e para cultivos de enraizamento profundo; ou ben solos con limitacións para a maquinaria pesada pola existencia de afloramentos e con lixeiros problemas en canto á profundidade e/ou posibilidades de rega superficial por gravidade. Riscos de erosión de nulos a moderados.

– Clase D. Solos en que se adoita empregar maquinaria pesada, pero con risco de erosións graves. Solos nos cales está impedida a utilización de maquinaria pesada na maior parte dos casos pola existencia de afloramentos rochosos e/ou por exceso de pendente. En xeral con profundidades intermedias que limitan o crecemento de plantas de enraizamento profundo. Risco de erosión moderado.

Grupo IV. Clases de dispoñibilidade potencial de nutrientes.

– Clase 4. Dispoñibilidade potencial de nutrientes mala. Saturación do 15 ao 7 % e pH de 4,5 a 5. Solos derivados de rochas graníticas e xistos que non pertenzan ao complexo anterior. Solos derivados de materiais sedimentados arxilosos ou limosos.

Grupo V. Clases segundo problemas de toxicidade no solo.

– Clase 5. Solos con toxicidades por salinidade. Zonas de solos marsh que presentan, en xeral, unha condutividade do extracto de saturación superior a 8 mmhos/cm, e xeralmente superior a 16 mmhos/cm nas zonas máis influídas polas mareas (sapropel).

4.1.8. Vexetación.

4.1.8.1. Vexetación potencial.

Dedicarase esta epígrafe á descrición da vexetación potencial como indicación da flora autóctona e natural da bisbarra.

Distínguese no ámbito de estudo unha soa serie de vexetación, aínda que en áreas próximas aparece unha segunda serie, pertencente a outro piso bioclimático. As series na devandita orde, son:

– Serie colina galaico-portuguesa acidófila do carballo ou Quercus robur.

– Serie montana galaico-portuguesa acidófila do carballo ou Quercus robur.

Obviamente, só a primeira delas será descrita neste epígrafe.

Piso colino.

Áchase amplamente distribuído en case todas as provincias corolóxicas da rexión Eurosiberiana da península Ibérica. Ocupa un extenso territorio no norte e noroeste peninsular, sobre todo nos sectores cántabro-euskaldún, galaico-asturiano e galaico-portugués, onde representa unha cintura ou chanzo altitudinal costeiro, de amplitude variable. En xeral, a este piso bioclimático colino pertencen os territorios costeiros, vales e montañas desde o mar ata os 300 ou 400 metros de altitude, aínda que esta cota pode oscilar apreciablemente nalgunhas bisbarras. En todo este piso bioclimático as cabezas de serie ou etapas maduras das sinasociaciones ou sigmetum, teñen unha estrutura boscosa, na cal preponderan as árbores caducifolias, con excepción das series sucesorias de carrascas e aciñeiras, que son perennifolias.

O principal valor termoclimático do piso colino é o seu índice de termicidade (It) superior a 240 (T>12º, M>100, m>2 ºC). Ademais do subpiso colino u horizonte bioclimático eucolino (It =241 a 320) pódese recoñecer o subpiso termocolino ou colino inferior (It>320, T>1 4tM>1 3 %m>5 ºC) de invernos particularmente cálidos, estritamente costeiro, en que se refuxia un bo número de plantas termófilas mediterráneo-macaronésico-tropicais, con ausencia ou escaseza de xeadas deste subpiso.

Das 7 series recoñecidas deste piso, a que nos ocupa intégrase nas series das carballeiras colinos e colino-montanas e acidófilas cántabro-atlánticas.

As series das carballeiras acidófilas colino-montanas cántabro-atlánticas presididas polo carballo de folla sésil ou, simplemente, carballo (Quercus robur), áchanse amplamente distribuídas por todo o noroeste da Península Ibérica.

Cara a occidente, a partir do subsector galaico-asturiano setentrional, as carballeiras acidófilas son dominantes en todos os solos oligo-mesótrofos e só inclúen algún ameneiro (Alnus glutinosa) nos solos de hidromorfía temporal marcada (Carpinion, Alno-Ulmion).

A serie colina galaico-portuguesa acidófila do carballo (Rusco-Querceto roboris sigmetum) corresponde no seu óptimo estable a unha carballeira densa de carballos (Quercus robur), que poden levar certa cantidade de cerquiños (Quercus pyrenaica), acivros (Ilex aquifolium), castiñeiros (Castanea sativa), loureiros (Laurus nobilis), e sobreiras (Quercus suber) en certos casos.

No sotobosque da carballeda, ademais dun bo número de herbas nemorais esciófilas: como, Teucrium scorodonia, Hypericum pulchrum, Holcus mollis, Asplenium onopteris, Luzula forsteri, Viola riviniana, Linaria triornithophora, Omphalodes nitida, Aquilegia vulgaris subsp. dichroa, Anemone trifolia subsp. albida, Luzula sylvatica subsp. henriquesii, etc., existe un sotobosque arbustivo máis ou menos denso en que adoitan acharse elementos mediterráneos da clase Quercetea ilicis como, Ruscus aculeatus, Daphne gnidium, Arbutus unedo, Rubia peregrina, Viburnum tinus, etc., coexistindo con outros vexetais caducifolios eurosiberianos ou de área máis ampla: Pyrus cordata, Lonicera periclymenum, Frangula alnus, Crataegus monogyna, Corylus avellana, etc. A área desta serie parece coincidir bastante ben co piso colino do sector galaico-portugués, aínda que a xeito de comunidade permanente pode acharse tanto en certas solainas e cristas cálidas do piso colino galaico-asturiano como nalgunhas avesedas moi húmidas do piso mesomediterráneo do sector beirense litoral.

A degradación moderada dos bosques desta serie permite a extensión das xesteiras oceánicas colinas e mesomediterráneas, pobres en especies de distribución galaico-portuguesa, ourensá e beirense litoral (Cytisenion striati: Ulici europaei-Cytisetum striati), a estrutura da cal corresponde a un piornal de gran talle rico en fentos, silveiras e toxos (Cytisus striatus, Ulex europaeus subsp. latebracteatus, Rubus lusitanus, Pteridium aquilinum, etc.).

Resulta ser moi significativo e diagnóstico na Galicia meridional o que ao ascender ao piso montano do sector galaico-portugués (Vaccinio mirtilli-Quercetum roboris sigmetum) ingresen na xesteira outros piornos como Genista polygaliphylla, Cytisus striatus, Cytisus scoparius e Cytisus grandiflorus.

As breixeiras que aparecen tras os lumes continuados e polos repoboacións de piñeiros resineiros (Pinus pinaster subsp. atlantica) levan xa un bo número de elementos da breixeira mediterránea ibero-atlántico do Ericion umbellatae como, Ulex minor, Genista triacanthos, Cistus psilosepalus, etc., pero manteñen aínda outro da breixeira cántabro-atlántica do Daboecienion: Daboecia cantábrica, Pseudarrhenatherum longifolium, etc.

A vocación dos territorios correspondentes ás series das carballeiras colino-montanas acidófilas cántabro-atlánticas é agrícola, forestal e gandeira.

Bioindicadores e etapas de regresión

Nome da serie

Acidófila colina galaico-portuguesa do carballo

Árbore dominante

Quercus robur

I. Bosque

Quercus robur

Ruscus aculeatus

Pyrus cordata

Physospermum cornubiense

II. Matogueira densa

Cytisus striatus

Ulex europaeus

Arbutus unedo

Rubus lusitanus

III. Matogueira degradada

Daboecia cantábrica

Ulex minor

Erica cinerea

Halimium alyssoides

IV. Pasteiros

Agrostis capillaris

Avenula sulcata

Anthoxanthum odoratum

Tendo en conta a situación bioxeográfica e bioclimática, a vexetación potencial da zona sobre substratos ácidos é a da serie denominada Ruscus aculeati-Querceto roboris sigmentum, serie outeiro galaico-portuguesa acidófila do carballo (Quercus robur).

Esta serie ten como bosque maduro un bosque en que domina o carballo acompañado de acivros (Ilex aquifoiium), loureiro (Laurus nobilis), espiño branco (Crataegus monogyna), pereira silvestre (Pyrus communis), castiñeiro (Castanea sativa), etc. Como etapas de substitución desenvólvense os piornais con toxo, da asociación Ulici europaei-Cytisetum striati e as breixeiras con toxo da asociación Ulici europaei-Ericetum cinereae.

En moitos puntos maniféstase unha clara tendencia ás mouteiras mixtas con predominio alternativo de quercineas, ou coníferas, ou eucalipto, ou frondosas caducifolias. Nestes casos, pódense achar especies asociadas nos estratos inferiores, correspondentes ás formacións comentadas:

Daphne laureola (trovisco macho).

Helleborus viridis (herba chaveira).

Hepatica nobilis (hepática).

Pteridium aquilinum (fento común).

Cardamine pratensis (agrón de prado).

Festuca pratensis.

Linum bienne (liño bravo).

Lolium perenne (xoio).

Lotus corniculatus (trevo dos cornos).

Poa pratensis (grama dos prados).

Rumex pulcher (labaza).

Taraxacum officinale (leitarega).

Dactilis glomerata (dactilo).

Narcissus sp. (narciso).

Trifolium sp. (trevos).

Anthoxantum odoratum (lestas).

Achillea millefolium (milfollas).

Menyanthes trifoliata (trevo das pozas).

Arnica montana (árnica de montaña).

Ranunculus flamula (bugallón).

Stellaria media (moruxe).

Linaria triornithofora (arreitó).

Sedum album (uvas de raposo).

Asplenium trichomanes (fento das boticas).

Asplenium ruta-muraria (ruda dos muros).

Solanum nigrum (herba moura).

Fumaria officinalis (pé de galiña).

Chelidonium majus (ceruda).

Hypochoeris radicata (paciporca).

Brunella vulgaris (herba férrea).

Plantago lanceolata (chantaxe menor).

Serapias cordigera (crista de galo).

Mentha rotundifolia (mentraste).

Urtica sp. (estruga).

Digitalis purpurea (estalote).

Verbascum thapsus (seoane).

Pubilaria bicolor (ouropesa).

Arenaria montana (arenaria).

Calluna vulgaris (queiroga da cruz).

Lithospermun postratum (herba das doas).

Genista sp. (xestas).

Potentilla tormentilla (solda).

Pteridium aquilinum (fento común), etc.

Jasione montana (botón azul).

As formacións maduras da vexetación potencial descrita apenas están representadas na zona de estudo, xa que a transformación da cobertoira vexetal debida á actividade humana foi realmente moi intensa na área de actuación do proxecto. O poboamento disperso, común a toda Galicia, está nesta zona unido a unha alta densidade de ocupación, polo que practicamente en todo o territorio a cobertoira vexetal potencial foi substituída por algún uso agrícola ou forestal. Os prados e cultivos ocupan as veigas dos ríos e zonas máis chairas e fértiles e os repoboacións de piñeiro ou eucalipto o resto, co que se relegaron as formacións arborizadas naturais a pequenos enclaves en valgadas ou nas beiras das zonas repoboadas, ou ás sebes entre cultivos. Unicamente xunto aos principais cursos de auga a vexetación de ribeira conserva certa importancia e é recoñecible como unha estreita franxa arborizada.

Por iso non se localizaron na zona afectada polo proxecto verdadeiras carballeiras; todo o máis, tal como se dixo, observáronse pequenas mouteiras, non cartografables nas zonas repoboadas, ademais dalgúns pequenos enclaves entre cultivos.

4.1.8.2. Vexetación de ribeira.

Delimítase como unha única unidade cartográfica a vexetación que se desenvolve ao amparo das especiais condicións edáficas das marxes de ríos e regueiros, tanto a arbórea, como a arbustiva e a herbácea.

Nas marxes dos ríos, en solos con certa humidade edáfica, a vexetación potencial está constituída polos amieirais e bidueirais da asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae na que, xunto co ameneiro (Alnus glutinosa) aparece o freixo (Fraxinus angustifolia), o bidueiro (Betula pubescens subsp. celtiberica) e salgueiros (Salix atrocinerea).

Nestas formacións asócianse especies como:

Alnus glutinosa (ameneiro).

Betula celtiberica (bidueiro).

Salix atrocinerea.

Frangula alnus (sanguiño).

Senecio nemorensis.

Osmunda regalis (fento real).

Carex broteriana.

Fentos.

Rubus sp. (silveiras).

Salix salvifolia.

Fraxinus angustifolius (freixo).

Sambucus nigra (sabugueiro).

Crataegus monogyna (espiño branco).

Con estas premisas, chégase a definir a produtividade potencial forestal como a máxima produción que se pode chegar a obter nun terreo que cumpra as seguintes condicións:

– Solo maduro, en equilibrio co clima e evolucionado conforme o condicionamento fixado pola rocha nai.

– Xestión técnica axeitada que supoña a ordenación dos aproveitamentos, a conservación da espesura normal e a rexeneración natural da masa.

– Bo estado fitosanitario.

– Especie de maior crecemento e compatible coa estabilidade do medio.

A metodoloxía empregada para definir as clases forestais cobre os seguintes estadios:

a) Estudo da relación clima-propiedades do solo.

b) Estudo da relación litofacies-propiedades do solo.

c) Clasificación e cuantificación do efecto da litoloxía sobre a produción forestal.

d) Definición de clases de produtividade potencial forestal, como conxunción dos efectos do clima e litoloxía.

Así se definiu unha única clase na área de estudo:

Clase 1.

Defínese como terras que non teñen limitacións importantes para o crecemento de bosques produtivos.

Nestas zonas as condicións climatolóxicas son tales que permiten os mellores crecementos das masas forestais.

Considérase que as zonas de valor pola súa vexetación son as delimitadas polas unidades 7 e 8, definidas no número 2.7.1 (Vexetación potencial).

A cartografía realizada servirá de referencia para determinar as condicións para cumprir, que se concretaron no seguinte:

Proxéctase valar de toda a zona de ocupación (incluíndo, pois, as zonas de vexetación de interese) e proxéctanse, tamén os camiños de acceso á obra. Nos planos de ordenación ecolóxica, estética e paisaxística e no prego de prescricións técnicas indícanse os puntos e áreas onde a maquinaria e vehículos de obra teñen restrinxido o movemento á zona afectada polo proxecto.

As zonas con vexetación de ribeira de interese tivéronse en conta no proxecto para tratar de evitar ao máximo a afección á devandita vexetación.

No proxecto inclúense as unidades de obra necesarias para realizar a decapaxe, almacenamento, mantemento e reutilización da terra vexetal das zonas de vexetación de frondosas e das zonas cultivadas, engadindo no prego de condicións as especificacións para iso.

4.1.9. Fauna.

4.1.9.1. Xeneralidades. Nomenclatura.

O estudo das comunidades de vertebrados de Galicia non pode enfocarse sen ter en conta o tipo de uso a que están sometidos os diversos hábitats por parte do ser humano, feito xa resaltado por distintos autores que levaron a cabo estudos anteriormente sobre a fauna da rexión (Santamarina, 1991).

Tendo en conta a anterior afirmación, distinguíronse cinco hábitats ou biótopos na área do proxecto, en función dos tipos básicos de explotación agropecuaria existentes na zona.

Os biótopos diferenciados son os seguintes: bosque caducifolio, piñeiral, eucaliptal, campiña, ríos e bosques de ribeira. A seguir, descríbese de forma sintética cada un deles, caracterizando as comunidades de vertebrados que sustentan con base na súa riqueza específica, densidade e diversidade. A descrición de cada unidade inclúe unha relación das especies máis notables desta; nesta relación inclúense os taxons especialmente abundantes no biótopo, os que son exclusivos del e os de maior valor de conservación.

a) Bosque caducifolio.

O bosque caducifolio é, xunto cos bosques ripícolas asentados nas marxes dos cursos de auga, a formación vexetal climática da rexión. A especie arbórea dominante neste tipo de arboredos é o carballo (Quercus robur). O sotobosque da carballeira é bastante denso.

Diversos factores, entre os que se poden destacar a estrutura minifundista da propiedade predominante na zona e o suave relevo desta, propiciaron a case total eliminación do bosque caducifolio orixinal, que subsiste formando pequenas mouteiras que vexetan en precarias condicións entre prados, cultivos e, máis frecuentemente, entre masas doutras especies arbóreas de carácter exótico e rápido crecemento.

A carballeira madura presenta durante a primavera e o verán as poboacións de aves máis densas e diversas de todos os biótopos estudados. En outono e inverno, aínda que descende a densidade, as comunidades orníticas seguen conservando valores elevados de diversidade (Santamarina, op. cit.). No que respecta ao resto da fauna, as manchas de carballo constitúen o medio preferido por moitos mamíferos de mediano tamaño propios da zona para establecer os seus refuxios e tobos, e son frecuentadas, ademais, por numerosos micromamíferos, anfibios e réptiles que, estacionalmente, dependen en grande medida dos recursos ecolóxicos ofrecidos por este biótopo (alimento, microclima, etc.).

Entre os habitantes máis característicos do bosque caducifolio de zonas máis ou menos próximas á área do estudo, destacan pola súa elevada dependencia deste hábitat a arcea, o papamoscas negro, o ferreiriño común, o ferreiriño subeliño, o agateador común, o gaio, o morcego das hortas, o gato montés, o teixugo e a xeneta.

b) Eucaliptal.

Os cultivos forestais de eucalipto (Eucalyptus globulus), moi estendidos ao longo da área de estudo, configuran formacións regulares densas de pouca idade nas cales o arboredo rara vez chega a superar os 10-15 anos. Nos eucaliptales desenvólvese un mesto sotobosque de toxo (Ulex europaeus), breixo (Erica sp.), silveiras (Rubus sp.) e piñeiro (Pinus, sp.).

As masas de eucalipto aprovéitanse principalmente para a produción de pasta de papel. Este feito, unido ao rápido desenvolvemento da especie na rexión, favorece que a explotación do eucaliptal se leve a cabo de acordo coas breves quendas de curta anteriormente apuntadas.

As tallas continuadas foron sinaladas como un dos principais condicionantes da pobreza faunística que caracteriza este tipo de formacións vexetais, xa que imposibilitan o establecemento de comunidades animais ben desenvolvidas (Telleria e Galarza, op.cit.).

Na súa fase de rexeneración, o eucaliptal aloxa unha fauna moi empobrecida; a comunidade de aves sustentadas polas masas de ata 4 anos de idade componse de apenas 6 especies distintas, e ofrece unha densidade total de tan só 12,9 aves/ha (Bongiorno, 1982).

Mesmo nas súas etapas máis maduras, durante a época reprodutora, o eucaliptal alberga as comunidades orníticas menos densas e diversificadas de todos os biotipos forestais existentes no norte peninsular (Telleria e Galarza, 1990). Ao chegar o inverno a densidade do biótopo rexistra un incremento visible, xa que o continxente de aves insectívoras aumenta coa chegada dalgúns elementos procedentes doutros hábitats máis abertos. Non obstante, tamén durante o inverno a fauna presente neste medio é máis pobre e menos numerosa que a existente no resto das unidades atravesadas polo trazado.

Ningún dos taxons censados se pode considerar exclusivo desta unidade, aínda que algunhas especies son relativamente comúns no seu interior nalgún momento do seu desenvolvemento. Así, nos primeiros estadios de crecemento da masa, a laberca, o chasco común e a escribenta amarela son os taxons dominantes no eucaliptal (Bongiorno, op. cit.). O carrizo alcanza moi elevadas densidades neste biótopo a partir dos 7 anos de idade do arboredo (8,08 aves/ha segundo Tellería e Galarza). Outras aves características do eucaliptal a partir deste estado de desenvolvemento son o pimpín vulgar, a papuxa das amoras, o paporrubio e o picafollas europeo. As aves estritamente arborícolas non parecen ser capaces de adaptarse a estas formacións.

Polo que respecta ao resto da fauna vertebrada, hai que salientar que, en xeral, o eucaliptal é un medio pouco atraente para a maioría das especies de anfibios, réptiles e mamíferos presentes na zona.

c) Piñeiral.

Alternando co eucalipto, non é raro atopar ao longo da área de estudo monocultivos de piñeiro distribuídos de forma bastante fragmentada. A especie máis amplamente cultivada é o piñeiro marítimo ou resineiro (Pinus pinaster). Os piñeirais “puros” adoitan albergar un sotobosque pobre, integrado case exclusivamente por fentos e silveiras.

Un feito frecuente na área de estudo é a invasión por parte do piñeiro do interior das masas de eucalipto, o que dá lugar, ás veces, á aparición de mouteiras mixtas de ambas as dúas especies.

No piñeiral explótase a madeira e o sotobosque serve para cama do gando. As quendas de corta do arboredo adulto na área de estudo oscilan xeralmente de 20 a 70 anos, segundo a especie.

No que á fauna se refire, os piñeirais albergan comunidades pouco diversificadas e máis ben pobres en número de especies. A fauna dos piñeirais caracterízase, ademais, por ser marcadamente estable ao longo de todo o ano e por presentar elevadas concentracións dun reducido número de taxons, especializado en aproveitar os recursos alimenticios ofrecidos polo arboredo ininterrompidamente durante todo o ciclo anual.

As aves son o grupo de fauna vertebrada que conta con elementos máis especialmente adaptados a este medio. Así, paseriformes como a estreliña do norte, o ferreiriño negro, ou o ferreiriño cristado alcanzan no piñeiral densidades moi superiores ás que manteñen no bosque caducifolio autóctono (Telleria e Galarza, op. cit). As copas dos piñeiros de maior talle son aproveitadas, ás veces, por determinadas aves de presa como o miñato, o azor e o gabián, para construíren os seus niños.

d) Campiña.

A campiña é, sen dúbida, o biotipo máis típico da paisaxe galega; confórmano os pasteiros e cultivos que ocupan as localizacións máis fértiles e chás do territorio. O elemento florístico máis caracterizado deste hábitat está constituído polas sebes que o enmarcan e separan as distintas parcelas. As sebes, integradas fundamentalmente por arbustos espiñentos e exemplares illados ou en pequenos grupos de carballos, castiñeiros e piñeiros, teñen un elevado valor ecolóxico, xa que confiren a esta unidade o carácter ecotónico causante da elevada diversidade da fauna que sustenta.

Os prados e cultivos posúen unha enorme produtividade, baseada na grande cantidade de sementes producida pola súa puxante comunidade herbácea e na abundante fauna invertebrada que se desenvolve a expensas da súa flora e do gando que aproveita os pasteiros. Por este motivo, a campiña é frecuentada por numerosos mamíferos, anfibios, réptiles e aves, que integran unha comunidade animal moi rica en especies.

Entre os mamíferos máis comúns neste hábitat pódense relacionar case todos os micro mamíferos recollidos no inventario, carnívoros como a denociña, o armiño e a fuíña, e outros como a lebre ou o coello.

Os anfibios e réptiles tamén son frecuentes neste biótopo e destacan pola súa relación co sapo común, o escáncer tridáctilo, o escáncer, o lagarto ocelado, a lagarta de Bocage, a cobra lisa e a víbora de Seoane.

Diversos autores coinciden en outorgar a este medio un grande valor ornitolóxico (Bongiorno, op. cit.; Telleria e Galarza, op. cit.) debido á rica comunidade de migrantes transaharianos que nidifican no seu interior durante a primavera e á abundante avifauna invernante de tipo paleoártico que recibe durante os meses máis fríos do ano.

Algúns destes taxons pódense considerar habitantes exclusivos da campiña, xa que apenas se deixan ver no resto dos hábitats da área de estudo. Este é o caso da curuxa das xunqueiras, o peto verde, a lavandeira branca, o picaxuncos, a folosa amarela, a papuxa común, o chasco común, o moucho das orellas común, a bubela, o merlo, o xílgaro, etc.

e) Ríos e bosques de ribeira.

Os cursos fluviais albergan unha fauna peculiar e exclusiva, tanto no interior dos seus leitos como ao longo das beiras, onde a humidade edáfica existente favorece o desenvolvemento dunha comunidade vexetal bastante densa e estratificada, que serve de soporte a outro numeroso conxunto de especies animais.

O estrato superior dos bosques de ribeira da zona compóñeno fundamentalmente freixos (Fraxinus angustifolia), ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix sp.), mentres que no seu sotobosque aparece un nutrido conxunto de especies arbustivas, herbáceas e lianas.

4.1.9.2. Inventario de especies.

A seguir, exponse unha lista con algunhas das especies presentes nestes ecosistemas. Na lista indícase o nome común, o nome científico, e se está protexida ou estritamente protexida segundo a Convención de Berna 1986. Díxitos utilizados:

(D): especies endémicas da Península Ibérica.

(C): especies cuasi endémicas da Península Ibérica.

EP: especies protexidas.

EEP: especies estritamente protexidas.

(1): habitan nos prados e cultivos ou en edificacións.

(2): habitan en bosque mixto de frondosas.

(3): habitan xunto ao río.

(4): habitan en piñeiral e/ou eucaliptal.

Mp: migrante en paso.

Iv: invernante.

Ct: constante.

Ir: esporádica ou irregular.

Es: estival.

Anfibios

Nome común

Nome científico

Situación xurídica

Ra patilonga

Rana iberica (1)

EP

Píntega común

Salamandra salamandra (2)

Tritón ibérico

Trituras boscai (3) (D)

EP

Sapo común

Bufo bufo (1)

Sapiño pinto

Discoglossus pictus (3)

EP

Sapo corredor

Bufo calamita (1)

EP

Réptiles

Nome común

Nome científico

Situación xurídica

Cobra de colar

Natrix natrix (1)

EP

Escáncer

Anguis fragilis (1)

EP

Escáncer tridáctilo

Chalcides chalcides (1)

EP

Víbora de Seoane

Vipera seoanei (D) (1) (4)

Cobra lisa meridional

Coronella girondica (2)

EEP

Lagarto ocelado

Lacerta lepida (c) (1)

Lagarta de Bocage

Podarcis bocagei (D) (1) (4)

Aves

Nome común

Nome científico

Situación xurídica

Moucho común

Athene noctua (1) Ct

EEP

Andoriña

Hirundo rustica (1) (Es) (Mp)

EP

Verderolo común

Carduelis chloris (1) (Ct)

Pardal común

Acanthis cannabina (1) (4)

Rula común

Streptopelia turtur (3) (Es)

Peto verde

Picus viridis (3) (Ct)

EEP

Ferreiriño cristalino

Parus cristatus (4)

EP

Ferreiriño negro

Parus ater

EP

Miñato común

Buteo buteo (2) (Ct)

EEP

Rabirrubio tizón

Phoenicurus ochruros

EP

Chasco común

Saxicola torquata (1)

EP

Papuxa común

Sylvia communis (1)

EP

Lavandeira verdeal

Motacilla flava (Ob)

EP

Paporrubio

Erithacus rubeoula (2) (Ct)

EP

Merlo común

Turdus merula (2) (Ot)

Pega

Pica pica (1) (Ot)

Gaio común

Garrulus glandarius (2) (4) (Ob)

Aves

Nome común

Nome científico

Situación xurídica

Lavandeira branca

Motacilla alba (1) (Ct)

EP

Escribenta amarela

Emberiza citrinella (1) (3) (Ct)

EP

Tordo charlo

Turdus viscivorus (Ct)

Pardal común

Passer domesticus (1) (Ct)

Escribenta común

Emberiza cirlus (1) (Ct)

EP

Agateador común

Certhia brachydactyla (2) (4)

EP

Lagarteiro vulgar

Falco tinnunculus (1) (Ct)

EEP

Bubela

Upupa epops (1) (Ct)

EEP

Peto real

Dendrocopos major (4) (Ct)

EEP

Laberca común

Alauda arvensis (1) (4) (Ot)

Andoriña de cu branco

Delichon urbica (1) (Ct)

EP

Cuco

Uculus canorus (2) (4) (É)

Pombo torcaz

Columba palumbus (4) (Ct)

EP

Cirrio común

Apus apus (1) (Ot)

EP

Estorniño negro

Sturmus unicolor (1) (Ct)

EP

Carrizo

Troglodytes troglodytes (1) (2)

EP

Pimpín vulgar

Fringilla coelebs (1) (2) (4)

EP

Mamíferos

Nome común

Nome científico

Situación xurídica

Toupa común

Talpa europaea (1)

Furafollas

Sorex sp: Orocudura sp (1) (2) (4)

Corta dos prados

Pitymis lusitanicus (1)

Denociña

Mustela nivalis (1) (2)

Rato espigueiro

Micromys minutus (1)

Rato común

Mus musculus (1)

Ourizo común

Erinaceus europaeus (1) (2)

Rata de auga

Arvicola sapidus (3)

Tourón

Putorius putorius (3) (Ir)

Trilladeira pataqueira

Microtus arvalis

Trilladeira dos prados

Microtus agrestis

Teixugo

Meles meles (2) (4) (Ir)

Rato de campo

Apodemus sylvaticus (2)

Raposo

Vulpes vulpes (2) (Ir)

Leirón careto

Elyomis quercinus (4) (Ir)

4.1.9.3. Valoración.

A valoración do inventario debe ter en conta que a fauna presente ou posible ten un carácter predominante de asociación ou presenza tolerable co ser humano, descartando especies en estrito perigo de extinción e outras de gran porte. Aínda así, é de destacar a abundancia e variedade de especies. A maior vulnerabilidade corresponde a especies de hábitats de difícil rexeneración (bosques e masas arbóreas) e a aquelas que necesitan acceso a zonas húmidas. As especies máis antropóxenas son, á vez, e por termo xeral, as máis abundantes, aínda que tamén son as menos singulares.

4.1.10. Paisaxe. Áreas de interese ecolóxico.

4.1.10.1. Unidades da paisaxe.

A paisaxe constitúe un nivel de organización que corresponde ao mosaico de comunidades que cobren unha unidade de terreo, como unha bacía ou unha rexión fisiográfica (caracterizada pola configuración do relevo). Se se considera que cada comunidade, pola súa fisionomía propia, constitúe unha unidade particular e que estas non se xuxtapoñen no mosaico, senon que en boa medida se manteñen interrelacionadas, esta definición queda incluída entre aquelas que fan referencia á paisaxe como sistema.

A cuestión inicial que se formula xeralmente para elaborar un modelo paisaxístico axeitado é precisar con claridade cales son as unidades básicas sobre as cales se basea todo o desenvolvemento posterior. Trátase, pois, de lograr en primeiro lugar, unidades de paisaxe cuxa resposta visual sexa homoxénea, tanto nos seus compoñentes paisaxísticos como, na súa resposta visual ante posibles actuacións.

Para determinar estas unidades básicas, adóitanse tomar como condicionantes fundamentais as características xeomorfolóxicas, entendendo que son as que confiren unidade e integración ás formacións menores incluídas nelas. Non obstante, é un feito fóra de toda dúbida que a vexetación constitúe o expoñente máis frecuentemente visible, tanto na contemplación desde terra como desde as alturas (a excepción das rexións áridas). Por tanto, para definir as unidades de paisaxe no ámbito de estudo, tómase como factor abiótico a xeomorfoloxía e como factor biótico a vexetación. Ambos os dous factores están relacionados de forma que, dependendo do relevo e das condicións xeomorfolóxicas, se foron modificando as estruturas vexetais, proceso que estivo mediatizado pola acción do home, xeralmente.

Así, podemos distinguir a grandes trazos dous tipos de paisaxe na zona:

– Montes e ladeiras: corresponde esta unidade á maior parte da área de estudo (ver mapa adxunto). Constitúena os montes e ladeiras a cobertoira vexetal das cales varía desde a matogueira de degradación ata as parcelas agrícolas de explotación familiar pasando por masas boscosas de coníferas, frondosas ou mixtas e, en maior ou menor entidade e densidade. A capacidade de absorción visual é variable, dependendo da altura e distribución da vexetación arbórea, aínda que será máis alta que na unidade de chaira costeira. Nalgúns tramos desta unidade apréciase a paisaxe en mosaico galego, na que se intercalan terreos de dedicación agrícola varada e mouteiras dispersas.

– Chaira de cultivo: as ladeiras descenden cara a cotas máis baixas e ábrense nunha, máis ou menos largacía, chaira que acolle a maior densidade de núcleos e vivendas da bisbarra. Esta presenza humana expándese alén das edificacións e mediatiza o ámbito, aparecendo as explotacións agrícolas de forma continua. Por tanto, a cobertoira vexetal arbórea se fai máis escasa. Este factor, engadido á condición do relevo, fai que a capacidade de absorción visual sexa menor, como se estudará no capítulo dedicado á previsión de alteracións. As liñas fanse máis suaves, se cabe, e cobra forza a veiga dominante no segundo plano. Os elementos da paisaxe, tales como forma, textura, contraste, etc. están definidos en función dos dous factores considerados e áchanse variedades en cada un deles.

4.1.10.2. Valoración.

– Montes e ladeiras: a valoración da calidade paisaxística, tanto a nivel comarcal como rexional, pódese considerar como normal, xa que é a correspondente á maioría do territorio galego. Estes trazos fundamentais da rexión galega consideráronse de forma primordial ao ordenar o terreo obxecto do presente proxecto.

– Chaira de cultivo: a valoración da calidade paisaxística, tanto a nivel comarcal como rexional, é alta, como corresponde a todo o territorio rural galego. A relativa fraxilidade da calidade visual obrigará a ter en conta este elemento do medio á hora de establecer as medidas correctoras necesarias.

5. Avaliación dos efectos ambientais.

5.1. Consideracións previas.

Neste capítulo procederase a describir as principais alteracións a cuxa posibilidade ou certeza se calcularon ou deduciron. Esta análise lévase a cabo atendendo á descrición xeral que do medio se realizou na primeira fase deste estudo.

Analizaranse, en calquera caso, os efectos a cuxa importancia e relevancia sexa maior para o medio, obviando así, os que non revistan especial importancia.

É necesario mencionar que algunhas afeccións non son doadas de avaliar a priori, tanto pola dificultade de medir a súa magnitude como pola non certeza absoluta de que concorran ata o momento da propia realización do proxecto, ou mesmo nun prazo máis longo de tempo.

5.2. Descrición dos efectos ambientais causados pola execución do proxecto.

5.2.1. Contaminación acústica.

Os efectos do ruído producido polas obras de construción da vía (movemento de terras, movemento de maquinaria pesada,…) e os derivados da súa explotación da mesma (tráfico rodado de camións, aumento da frecuentación na zona...), son importantes polas alteracións que poden producir sobre a saúde das persoas que viven ou traballan nos lugares próximos a esta, pero tamén o son pola influencia que poden ter no desenvolvemento da vida da fauna que pertence ao biótopo que ocupa. Especial importancia teñen nos momentos de cría das aves que frecuenten a zona.

Seguindo as recomendacións da OCDE, fixáronse unha serie de niveis en función dos diferentes limiares de afección para o ser humano.

Estes niveis, expresados en Leq db (A), corresponden ao ruído no exterior dos edificios, e son os seguintes:

Leq >55, o sono pode verse alterado se as ventás están abertas. Leq >60, o sono e a conversa poden verse alterados se as ventás están abertas.

Leq >65, o sono e a conversa poden verse alterados se as ventás están pechadas.

Leq >70, perturbación do sono e a conversa.

De modo que, na actualidade, as tendencias apuntan a que non se considera recomendable que durante o día os valores medidos no exterior das fachadas superen os 65 dB(A) e pola noite o valor de 55 dB(A).

De todos os xeitos, durante a fase de obras os efectos poden previrse limitando as datas e horarios de realización de certas tarefas que poidan provocar uns niveis de emisión de ruídos indesexables.

5.2.2. Contaminación atmosférica.

Os efectos da calidade do aire sobre a saúde humana, os animais, a vexetación e os ecosistemas foron obxecto de numerosas investigacións. Os diferentes contaminantes examináronse de forma individual ou en combinacións para avaliar os seus efectos sinérxicos. Pero non foi doado, polo momento, establecer relacións sinxelas entre os niveis de contaminación e os efectos sobre a saúde e o ambiente.

No que respecta á saúde, os criterios da OMS son o máis comunmente aplicados; pero no caso do medio, o problema é máis complexo, sobre todo no caso da vexetación, na cal os danos causados pola combinación de contaminantes (incluíndo contaminantes secundarios a partir dos primarios), polo seu transporte e capacidade de dispersión na atmosfera e as reaccións que nela se producen, son de difícil seguimento e previsión.

Polo menos durante a fase de obras prodúcese un incremento da emisión de partículas (movementos de terras, transporte de materiais, erosión eólica...) que, temporalmente, poden ocasionar niveis de emisión elevados de partículas en suspensión e sedimentables.

Durante a fase de explotación, o incremento dos niveis de emisión prodúcese polas emisións procedentes da circulación de vehículos con motivo da combustión de carburantes e afecta, como xa se dixo, partículas en suspensión, monóxido de carbono, hidrocarburos non queimados, óxidos de nitróxeno, chumbo, dióxido de xofre e, en menor medida, certos metais pesados (Zn, Mn, Fe).

Non se consideran afeccións a microclimas concretos. As aves serán as especies faunísticas máis afectadas, aínda que o impacto non será relevante.

5.2.3. Solos. Erosión.

As afeccións sobre solos concrétanse, por un lado, en relación coa destrución directa ou compactación pola construción das vías e os movementos de terras e, por outro, respecto á acumulación dunha serie de contaminantes transmitidos por vía atmosférica ou hidrolóxica a través dos arrastres de augas de escorremento. Hai que engadir, ademais, a susceptibilidade de aumento da erosión pola propia construción das vías.

Deles, o primeiro tipo de afección é o que se considerou o máis importante.

Os impactos maniféstanse principalmente e como consecuencia de actuacións tales como movemento de maquinaria, formación de terrapléns, apertura de noiros en desmonte, cortas e rareos, compactación, etc.

Os efectos producidos son:

• Terrapléns: ocultación do terreo en áreas lindantes ás propios vías.

• Desmontes: rotura do terreo, alteración das capas do solo, conformación de superficies facilmente alterables por erosión (hídrica e eólica).

• Compactación: perda de capacidade de aireación e permeabilidade.

• Cortas e rareos: aumento dos niveis de erosión das capas máis superficiais do solo.

Tamén é importante sinalar o efecto destrutivo, en profundidade, que provoca a apertura de canteiras para préstamos. Mesmo se pode sinalar que a pegada deixada na paisaxe é xeralmente definitiva e difícil de recuperar.

5.2.4. Recursos hídricos. Calidade da auga.

A calidade das augas pode verse negativamente afectada durante a fase de obras debido aos movementos de terras e ás posibles verteduras accidentais de graxas ou hidrocarburos da maquinaria pesada ou das zonas de almacenamento, de forma que poden modificarse certos parámetros como os sólidos disoltos e en suspensión e os nutrientes, graxas ou hidrocarburos. Os seus efectos serán temporais pero aditivos. Ademais, debe considerarse que os efectos que poden producir sobre a fauna acuática ou a saúde da poboación non se circunscriben á zona concreta onde se producen, senón que poden transmitirse, augas abaixo, a áreas máis afastadas.

Durante a fase de explotación os principais contaminantes son os derivados da deposición de contaminantes atmosféricos, principalmente partículas e chumbo, e das verteduras tanto das augas de saneamento de pluviais como de fecais. En canto a estas últimas, o seu impacto vai ser mínimo, pois, como xa se mencionou na descrición das obras, o centro vai contar cunha EDAR, co que as augas que se vertan ao río van ter as características necesarias para non supoñer ningún tipo de efecto ambiental negativo. En canto ao procedemento elixido para lograr as devanditas características, é o que se detalla a seguir:

1. Desbaste de grosos; reixa 5 cm entre eixes.

2. Desbaste de finos; baruto 0,6 mm.

3. Tratamento físico-químico; proceso de mestura e floculación con adición de coagulantes cunha flotación final con extracción de lamas en superficie.

4. Tratamento de lamas con espesamento, estabilización con polielectrólito e deshidratación final con filtro banda.

Ademais das alteracións ou afeccións por contaminación de augas, pódense prever outras que afectan os propios leitos e o seu réxime, e que definen a permanencia do impacto. Estas afeccións refírense á posibilidade de colmataxe por sedimentación; alteración das marxes dos leitos por corremento ou deposición de terras e materiais; desviación de cursos de auga, aínda que de entidade pequena, por efecto barreira ou pola rede de drenaxes que se estableza; desecamento das zonas húmidas próximas aos leitos en áreas de pradaría con niveis freáticos moi superficiais, etc.

5.2.5. Vexetación.

O grao de afección da vexetación depende non só das características da obra que se vai realizar senón da natureza e sensibilidade das formacións vexetais afectadas. Por un lado, nos pasteiros e cultivos, ademais da destrución de superficie, prodúcese unha mingua de produtividade nos terreos adxacentes, debido fundamentalmente á acumulación de po e partículas producidas durante as obras, así como do resto dos contaminantes atmosféricos producidos polo tráfico rodado.

É de sinalar, ademais, a relación directa e crónica que teñen as deposicións de chumbo e metais pesados sobre a vexetación coa saúde das poboacións animais e humanas polas acumulacións comprobadas destes contaminantes nas cadeas tróficas.

As afeccións máis importantes veñen dadas polos movementos de terras, cortas e rareos, explanacións, etc., que producen unha destrución directa de pés de plantas dificilmente recuperables.

Neste sentido é necesario considerar que nas marxes do regueiro de Orro se conservan na súa totalidade, así como as formacións de frondosas de ribeira de grande interese botánico ecolóxico baseándose na fauna que albergan. Ao manter o leito do regueiro intacto e, por tanto, respectar a vexetación adxacente antes definida, conséguese manter en boa medida as condicións naturais da zona obxecto deste proxecto.

Dado que o impacto se exercerá principalmente sobre piñeirais, matogueiras e zonas de eucaliptal, non se considera de magnitude grave, aínda que é conveniente aplicar medidas correctoras.

5.2.6. Fauna.

Os efectos negativos, que posiblemente afectarán a fauna da área de estudo, poden resumirse en:

A. Destrución directa da fauna, fundamentalmente a edáfica e a ornítica, pero tamén perda de efectivos doutros grupos, causada pola morte de animais pequenos ou por fuxida. No caso das aves, a afección directa maniféstase principalmente na destrución de ovos e pitos.

B. Destrución de superficie de biótopo e/ou alteración do biótopo lindante, diminuíndo a capacidade do territorio para acoller animais (especialmente aves nidificantes).

C. Respecto ao aumento dos niveis de ruído, presuponse que, aínda que a fuxida de exemplares chegue a efectuarse, se restablecerán as condicións iniciais (similares) e a fauna afectada volverá e adaptarase a elas ou a outras novas similares.

D. Tamén é necesario mencionar a destrución de lugares de aniñamento por acción dos movementos de terras.

5.2.7. Paisaxe.

As actuacións do proxecto que provocan alteracións sobre a paisaxe durante a fase de obras non se consideran como significativas pois son temporais e poden paliarse posteriormente con medidas correctoras apropiadas (de non se aplicaren, considerarase o impacto como permanente).

Durante a fase de explotación serán permanentes a visibilidade ou intrusión visual da urbanización, os cambios de forma, de relevo, etc.

5.3. Valoración dos efectos ambientais.

5.3.1. Metodoloxía.

Existe na actualidade un amplo abano de metodoloxías de avaliación dos efectos ambientais. No presente estudo optouse pola aplicación dun método matricial (tipo Leopold), debido a que se trata da técnica que mellor se adapta ás características deste estudo.

A valoración realízase na súa totalidade sobre unha matriz causa-efecto, nas columnas da cal se representan as accións do proxecto e nas filas se reflicten os factores do medio.

5.3.1.1. Criterios de valoración.

Co fin de dar unha idea de conxunto sobre os posibles efectos que producirá a construción do centro loxístico, móstrase a seguir unha matriz que dá unha idea cualitativa dos efectos producidos, en dous aspectos:

– Signo: positivo ou negativo.

– Magnitude.

En canto á magnitude dos efectos negativos:

– Compatible: impacto de pouca entidade que non precisa de medidas correctoras.

– Moderado: é aconsellable o emprego de medidas correctoras, a recuperación das condicións orixinais require certo tempo.

– Severo: é indispensable o emprego de medidas correctoras e a recuperación, aínda con estas medidas, require un amplo período de tempo.

– Crítico: perda permanente na calidade das condicións ambientais, sen posible recuperación das mencionadas condicións. A magnitude do impacto é superior ao limiar aceptable.

En canto aos impactos positivos, fíxose unha clasificación cualitativa en pequeno, normal e elevado.

5.3.2. Matriz de valoración de impactos.

Seguindo a metodoloxía empregada, obtense a seguinte matriz de valoración de efectos ambientais.

5.3.3. Estudo comparativo da situación ambiental actual e futura.

En canto á situación actual, cabe destacar, despois de todo o visto no presente estudo, que na zona afectada polo CLT de Culleredo non se atopa ningunha especie animal nin vexetal protexida. Por tanto, as especies que se verán afectadas pola construción do centro carecen de calquera interese ecolóxico, ademais de que as actividades que se desenvolverán no CLT non impiden o desenvolvemento das especies da zona, e o único inconveniente destacable é a ocupación de terreos e un parcial efecto barreira que coacciona o libre movemento pola zona das especies.

Os efectos sobre a atmosfera, no que se refire á calidade do aire e ruídos, son mínimos, posto que unicamente se reducen ás emisións gasosas producidas polos vehículos que teñan como orixe/destino o CLT e ao ruído propio da circulación dos vehículos no interior do centro, que se verá paliada polas masas boscosas que o rodean facendo que os ruídos sexan imperceptibles para as vivendas próximas ao centro. A situación futura en pouco diferirá da actual, xa que os vehículos que circulan pola próxima autovía A-6 xeran uns ruídos e afectan o aire dunha forma moi similar ao que sucederá coa implantación do centro e quedan totalmente amortecidos polas masas boscosas que o rodean. En canto ao efecto sobre os recursos hídricos, igual que sobre a atmosfera, é mínimo, pois a construción da EDAR elimina todos os posibles efectos negativos que a construción do centro podería ter sobre a calidade das augas do río Orro.

O impacto sufrido pola vexetación, debido ao escaso interese ecolóxico das especies que se ven afectadas –na súa maioría matogueiras e monte baixo–, avalíase como impacto moderado posto que pouco fará cambiar a variedade e cantidade da flora da zona respecto á existente actualmente.

Desde o punto de vista do impacto paisaxístico, débese destacar que a situación do CLT nunha zona non divisable desde a distancia e as medidas que se adoptarán, como a creación de espazos verdes dentro do centro ou a sementeira dos noiros, contribúen a minimizar o impacto visual que causa a construción do CLT.

No que respecta ao medio socioeconómico, é importante facer fincapé nos efectos tan positivos que terá o centro transcendendo do ámbito comarcal ao rexional, posto que a área de influencia do CLT abrangue grande parte do territorio galego. Consecuencias inmediatas da súa implantación serán crear novos empregos, desviar o tráfico pesado dos núcleos urbanos, mellora das infraestruturas, etc.

6. Establecemento de medidas protectoras e correctoras ambientais.

6.1. Consideracións previas.

Unha vez descritos os impactos previsibles máis importantes, en concepto e en intensidade, procédese a establecer unha serie de medidas correctoras tendentes a minimizar eses impactos, na medida do posible. Estas propostas serán nuns casos, de carácter xeral, e noutros poderase concretar con máis exactitude o tipo de medidas que aplicar e as zonas ou puntos susceptibles disto.

6.2. Medidas correctoras no medio físico.

6.2.1. Contaminación acústica.

Refírese ao ruído producido sobre o medio natural. Non se considera viable establecer medidas correctoras respecto ao aumento dos niveis de emisións sonoras que se van producir, principalmente na fase de construción da obra, debido aos seguintes motivos:

A. Ao producirse o impacto en maior grao na fase de construción, considérase este como temporal. Por outro lado, non se espera que se superen os niveis sonoros equivalentes críticos.

B. Economicamente non se atopa xustificación ao gasto que suporía a instalación de pantallas ou outras medidas preservadoras do estado orixinal, en relación co efecto producido.

C. As medidas que se puideren adoptar son tecnicamente inviables e difíciles de concretar.

D. Non hai posibilidade de supresión das actuacións que elevan o nivel de ruído, pois son indispensables para a realización das obras (isto acontece igualmente no caso dos encoros, estradas, autovías, etc.).

6.2.2. Contaminación atmosférica.

Non se aplicará ningún tipo de medidas correctoras especiais para protexer a atmosfera nin os microclimas existentes debido á pouca magnitude que supoñen as súas alteracións e a dificultade para levar a cabo esas medidas minimizadoras.

Non se considera oportuno, xa que os efectos de deterioración se consideran inevitables na construción de calquera obra deste tipo. Economicamente tampouco sería xustificable baseándose nesa magnitude de impacto.

Unicamente, e como se reflectirá no plan de vixilancia ambiental, se controlarán as emisións de partículas e contaminantes atmosféricos por se estes superan os límites tolerables legalmente establecidos. A rega periódica das superficies de terra, sobre todo en épocas estivais, é unha actuación sinxela que axuda a mitigar o levantamento de po e partículas sólidas.

6.2.3. Solos. Erosión.

As alteracións producidas polo movemento de terras e a remodelación dos solos afectan a case todos os demais elementos do medio. Por tanto, as medidas que se tomen a este respecto redundarán en beneficio do conxunto.

A. Controlando a emisión de partículas no aire, minimízase o efecto sobre os solos en canto a redución dos procesos erosivos. Un método doado e economicamente pouco gravoso é o de regar as superficies de terras creadas, tanto en rozas como en aplanamentos, etc. (xa mencionado).

B. Evitaranse derrubas de rochas ou corrementos de terreo adoptando noiros con pendentes non superiores a 2:1 aproximadamente (de ser posible) e instalando mallas protectoras ou muros de contención (cando sexa necesario e tecnicamente posible).

C. As acumulacións de materiais que non se vaian utilizar conformaranse como solo novo, mediante a súa estendedura nas zonas removidas e a súa compactación. Trátase de evitar a formación de novas capas de relevo pouco propicias para a colonización vexetal. A este respecto, resulta interesante recoller a terra vexetal removida para utilizala posteriormente na restauración vexetal do ámbito.

D. Como medida principal que adoptar para previr e minimizar os procesos erosivos, así como os corrementos das capas do terreo e a inestabilidade dos noiros, hai que mencionar os procesos de revexetación e restauración natural do medio. As plantacións introducen un reforzo mecánico a partir do sistema de raíces; engaden unha sobrecarga sobre o noiro, polo peso da masa vexetal (principalmente árbores); restrinxen a capacidade de movemento físico do solo e diminúen o potencial erosivo e a capacidade de transporte dos fluxos de auga superficiais.

E. Evitarase a creación de novas canles de escorremento superficial para evitar o aumento de erosión hídrica.

F. Conformaranse os noiros con superficies irregulares e ofrecendo un aspecto natural que facilite a rexeneración vexetal, así como que evite o seu corremento.

6.2.4. Recursos hídricos. Calidade da auga.

A execución das obras provocará algunhas alteracións dos recursos hídricos, ao constituír un obstáculo antinatural para o escorremento superficial.

Propóñense como medidas correctoras:

A. Canalización dos escorrementos superficiais cara aos leitos hídricas existentes (regueiro de Orro). Con esta medida, evítanse, ademais, posibles problemas de seguranza viaria nas rúas.

B. Evidentemente, deberán de facerse as oportunas recomendacións ao persoal de obras en relación coas verteduras de lixos, aceites ou contaminantes líquidos en auga de regueiros ou directamente no solo, xa que por filtración e escorremento subterráneo acabarían sendo recollidos por regueiros e canles de rega.

C. Como medida correctora fronte á canalización do río Orro realizarase a construción de zonas onde o río discorra a pel, de modo que se consiga unha maior oxixenación das augas e os niveis de OD nas augas non descendan dos recomendables para as especies existentes.

D. Construción dunha estación depuradora de augas residuais, de maneira que as verteduras que se produzan ao río sexan convenientemente tratadas antes de que a devandita vertedura teña lugar.

A rede de drenaxe lonxitudinal e transversal deseñada descríbese amplamente no punto correspondente do proxecto.

6.2.5. Vexetación.

As medidas correctoras deberán orientarse cara á rexeneración da cobertoira vexetal, xa que en varios puntos é inevitable a súa perda, degradación e deterioración. Tamén deberán de realizarse as oportunas obras e canles de drenaxe (por exemplo nos desmontes); aínda que non se atoparon endemismos destacables, deberá evitarse na medida do posible a destrución de individuos de especies bioloxicamente interesantes, como poden ser agrupacións de quercíneas, vexetación ribeirá e palustre, que constitúen un bo nicho ecolóxico, ou mesmo especies de frondosas cuxo aproveitamento como drenaxe natural resultará beneficioso nos propios lindes das obras.

Revexetaranse noiros en desmonte (que non deberán ter arestas e bordos redondeados), terrapléns, explanacións, camiños accesorios, etc.

Non é descartable a posibilidade, en casos concretos, de realizar técnicas de transplante de exemplares arbóreos maduros (carballos e castiñeiros), aínda que este é un proceso caro e que non asegura a viabilidade.

Independentemente dos procesos de restauración vexetal que se realicen, en primeiro lugar haberá que evitar a destrución innecesaria da cobertoira vexetal, ben por rozas excesivas, lumes do persoal, etc.

6.2.6. Fauna.

As medidas correctoras que se poden adoptar para minimizar os impactos sobre as especies faunísticas son de difícil realización e cuantificación.

De calquera forma algunhas recomendacións serían:

A. Para evitar a destrución de hábitats innecesariamente, efectuar soamente as imprescindibles deforestacións e aperturas de terreo.

B. Para recobrar hábitats deteriorados ou crear outros novos onde a fauna poida adaptarse, o plan de adecuación paisaxística e toda clase de revexetacións é indispensable.

C. Para evitar a mortaldade por incendio, non se deberán acender cacharelas alleas ás obras, e colocaranse os sinais pertinentes.

D. Procurarase realizar as obras que supoñan maior nivel de ruídos en épocas non de cría das aves.

6.2.7. Paisaxe.

É un dos elementos onde é maior tanto o número como o éxito das medidas correctoras posibles. Non obstante, débese sinalar que este éxito vai depender en boa parte do deseño que se realice de noiros e terrapléns. Considérase un desmonte 1:1 como o límite por baixo do cal non é practicamente viable unha restauración (polo que é recomendable o 2:1), e son estas restauracións a principal medida para executar. As especies que se seleccionen como as máis idóneas deberán cumprir certos requisitos indispensables entre os cales destaca o de seren especies non alleas á área ou bisbarra en que nos achamos, e que, ademais de autóctonas, teñan razoables probabilidades de prosperar.

Conseguirase, por tanto, un apreciable grao de implantación das obras no territorio, unha continuidade da masa vexetal nos cortes de terreo e, en xeral, unha mellora sensible do contorno que minimice ao máximo o efecto visual das obras.

7. Establecemento do programa de vixilancia ambiental.

7.1. Xeneralidades.

A prevención e corrección de efectos non desexables debe ser controlada para confirmar se os niveis de alteración da calidade ambiental, unha vez na fase de funcionamento do centro loxístico de transportes, se manteñen dentro dos niveis previstos e, en calquera caso, en niveis aceptables.

Por outra parte, a aparición, nuns casos, e a magnitude, noutros, de determinadas alteracións negativas, está ligada ao grao de cumprimento dalgunhas das medidas preventivas ou correctoras propostas. De aí a necesidade de controlar o seu cumprimento mediante un programa de vixilancia ambiental cuxa base normativa se atopa no Regulamento para a execución do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño (BOE nº 210, do 2 de setembro de 1989).

A dirección das obras e os organismos competentes serán os encargados de facer cumprir este plan. Un equipo técnico formado por representantes de ambos os dous estamentos, así como persoal especializado alleo a eles, é sempre conveniente para coordinar e controlar o cumprimento das normativas aplicables.

7.2. Seguimento do programa de obra.

O equipo de control e vixilancia deberá realizar un seguimento do avance e ritmo dos traballos e as modificacións que poidan producirse no programa de obras, analizando a súa repercusión sobre a planificación xeral e propoñendo solucións debidamente coordinadas cos restantes traballos en curso.

Mensualmente informarán á dirección de obra sobre as conclusións deste seguimento.

En canto ás medidas para adoptar na fase de construción, convén destacar as seguintes:

7.2.1. Fase de construción.

1. Os terreos afectados deberán ser tratados mediante un proceso de revexetación axeitado.

2. Non se permitirá a creación de vertedoiros no ámbito inmediato das obras nin en calquera outro sitio non apropiado para iso (áreas de maior visibilidade, valgadas, zonas urbanas, etc.).

3. Non se deberán realizar verteduras de aceites, graxas ou outro tipo de produtos contaminantes, especialmente nas proximidades dos pequenos leitos nin en parcelas dedicadas ao cultivo agrícola.

4. Controlarase a procedencia dos préstamos para evitar que estes sexan extraídos de zonas non recomendadas, debendo axustarse estas actuacións ás indicacións do capítulo de medidas correctoras.

5. Nas zonas máis próximas aos núcleos rurais realizaranse as obras que produzan maior nivel sonoro a horas consideradas de menor afección sobre a poboación e os seus costumes (horas diúrnas).

6. Analizaranse regularmente as emisións de contaminantes e axustaranse os niveis destas actuacións ás regulamentacións vixentes.

7. Realizarase un estudo exhaustivo dos servizos afectados, para repoñelos, e a posible aparición dalgunha nova infraestrutura non recollida neste proxecto. Reposición e orzamento destes.

8. Realización das obras no menor tempo posible e coas menores molestias para a poboación circundante, sobre todo naqueles tramos máis próximos aos núcleos de poboación. En todo caso, cumprirase o plan de obra previsto.

9. Axeitada planificación e sinalización dos desvíos de obras nos puntos de conexión coa rede actual.

10. Terase especial coidado nas áreas de valgada e de recolla de pluviais para evitar problemas de drenaxe e alagamentos, así como o corte de augas de rega.

11. As vías de acceso á obra que se abran deberán coincidir co previsto no proxecto, para evitar a invasión e deforestación de terreos non previstos. A ser posible, estas vías de acceso coincidirán con camiños ou estradas xa existentes.

12. Controlarase o acendemento de lumes innecesarios para as obras por parte do persoal, para o cal se darán as recomendacións necesarias que eviten alteracións colaterais.

13. Nas rozas do terreo tratarase de respectar e protexer os exemplares arbóreos de maior madureza ou singularidade cuxa desaparición non sexa imprescindible.

7.2.2. Fase de explotación.

1. Mediranse os aumentos reais nos niveis de ruído, por se for necesaria a colocación dalgunha pantalla sónica, nas zonas máis próximas ás poboacións circundantes.

2. Tamén se deberán medir os aumentos de niveis de contaminación no aire, para poder, se for caso, establecer novas medidas correctoras.

3. Controlarase periodicamente o estado actual das plantacións efectuadas, co obxecto de mantelas de forma efectiva e cumprindo o labor asignado.

4. Vixiarase o estado da erosión e estabilidade de desmontes e terrapléns, previndo alteracións nestes e actuando de novo sobre eles se for necesario.

5. Así mesmo, controlaranse as actuacións dos usuarios no centro loxístico de transportes, en relación con riscos de incendios, caza furtiva, formación de vertedoiros de lixo, etc. Corresponderá este control aos diversos estamentos policiais e de vixilancia forestal.

7.3. Relacións valoradas e control orzamentario das medidas correctoras.

Con carácter mensual, o equipo de control e vixilancia deberá elaborar un informe que recolla os seguintes aspectos:

– Relación valorada da obra executada.

– Medición total da obra actualizada e valorada aos prezos contractuais, desagregados nos correspondentes capítulos.

– Medición e valoración desglosada da obra pendente.

– Desviación da obra actualizada respecto á inicial.

7.4. Informes.

Considérase a realización de dous tipos de informes: sistemáticos e ocasionais.

7.4.1. Informes sistemáticos.

Reflectirán os resultados de todas as actuacións derivadas do control e vixilancia ambiental, nos impresos correspondentes.

Os informes sistemáticos serán de periodicidade mensual, e deben recoller os incidentes acontecidos neste período sobre climatoloxía, accidentes, visitas, descrición e valoración da obra realizada, modificacións, resultados do control e calquera outro asunto que, con carácter sistemático, propoña a dirección da obra.

7.4.2. Informes ocasionais.

De forma complementaria aos informes anteriores, emitiranse aqueles informes, derivados dos labores de control ou asesoramento, que se requiran en situacións específicas da obra, modificacións, problemas especiais, falta de calidade de materiais ou fallos na execución.

Capítulo 6

Determinacións do planeamento municipal que deben ser modificadas como consecuencia da aprobación deste proxecto e prazo para realizar a correspondente adecuación

Índice do capítulo 6

1. Determinacións urbanísticas de aplicación.

2. Determinacións urbanísticas do planeamento municipal que deben ser modificadas como consecuencia da aprobación do sectorial.

3. Prazo para realizar a correspondente adecuación.

1. Determinacións urbanísticas de aplicación.

Os terreos que constitúen o ámbito de actuación do CLTC están clasificados polo Proxecto de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana do termo municipal de Culleredo, actualmente en vigor (en diante, PXOU) parte do solo non urbanizable de réxime normal, parte como solo non urbanizable de protección da natureza, e parte como solo non urbanizable de ribeiras e cauces, séndolles de aplicación ao solo non urbanizable de protección da natureza e ao solo non urbanizable de ribeiras e cursos fluviais as determinacións urbanísticas recollidas nas ordenanzas 14 e 15 das normas urbanísticas do PXOU, publicadas no BOP nº 226, do 30 de setembro de 1988, e ao solo non urbanizable de réxime normal as determinacións recollidas na ordenanza nº 9 da modificación puntual do PXOU publicada no BOP do 19 de xuño de 1990.

Os ámbitos de aplicación das distintas ordenanzas indícanse no plano nº IU.2, fotocopia do plano de clasificación do solo do PXOU.

As determinacións urbanísticas das distintas ordenanzas son:

Ordenanza nº 9: solo non urbanizable de réxime normal.

Definición.

Comprende esta ordenanza aqueles solos que pola súa natureza ou situación non sexan incluíbles nalgunhas das restantes categorías de solo non urbanizable.

Delimitación.

Atópase delimitado, de acordo co previsto nos artigo 80.a) de T.R. e 93.b) de R.P., nos planos de ordenación a escala 1:5.000.

Condicións de uso.

O solo cualificado como non urbanizable de réxime normal polo presente plan xeral, constitúe un estado final en si mesmo, e non é susceptible de transformación por non ser apto para o asentamento urbano nin necesaria a súa inclusión neste para acoller a demanda de solo.

Non obstante, é esta categoría de solo a adecuada para ser ocupada por actividades compatibles co medio rural, dentro das limitacións establecidas no artigo 85 de T.R.

Os usos posibles serán os especificados no artigo 11.5 destas normas, mesmo o residencial.

Para a súa composición volumétrica, materiais, etc. observarase, ademais, o disposto nos artigos 73 de T.R. e 98 do R.P.

Condicións de edificación.

De acordo co establecido no 36 do R.P. as condicións de edificación serán as seguintes:

Condicións de edificación

Vivenda unifamiliar

Parcela mínima (m2)

2.000 m2

Altura máxima (m)

3

6

Ocupación máxima (%)

10

5

Recuado a lindeiros (m)

5

5

Fronte mínima de parcela (m)

15

Excepcionalmente, e para os efectos de autorizar a construción en solo non urbanizable segundo o trámite do artigo 42 da LASCA, coas disposicións ao respecto establecidas no Decreto 242/1989, do 2 de novembro, de medidas urxentes para a ordenación urbanística de Galicia, entenderanse como edificacións de utilidade pública e interese social as seguintes:

A) Equipamentos sanitarios: centros de saúde, dispensarios, clínicas, hospitais, sanatorios ou cemiterios.

B) Equipamentos docentes: gardarías, colexios e escolas.

C) Equipamentos asistenciais: residencias de anciáns, conventos e santuarios, centros de rehabilitación, centros penitenciarios.

D) Equipamentos turísticos: recreativos ou deportivos, hoteis, cámpings, discotecas e salas de festas, complexos deportivos e centros de información turística.

E) Edificacións para a defensa nacional, acuartelamentos e instalacións militares.

F) Edificacións para uso agrícola e pecuario: granxas para cortes e cría de gando, piscifactoría, naves para usos agrícolas calquera que for o seu destino cunha superficie superior a 40 m2.

G) Edificacións para servizo e explotación de obras públicas estables ou permanentes: centros reguladores de tráfico, instalacións para a conservación e plan de infraestruturas, apeadoiros e estacións de ferrocarril, instalacións portuarias ou aeroportuarias, estacións de peaxe.

H) Construcións para infraestruturas de servizos públicos: produción e transporte de enerxía eléctrica, telecomunicacións, estacións, depuradora de auga potable ou residuais, plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos ou industriais, parques de bombeiros.

I) Todas aquelas que teñan que albergar actividades declaradas de utilidade pública ou interese social por un órgano administrativo en virtude das disposicións de lexislación sectorial.

Para este tipo de construcións fíxanse as seguintes condicións de edificación para os efectos de concesión de licenzas por parte do Concello:

A) A ocupación en planta da parcela pola edificación será como máximo do 40 %.

B) A distancia entre a edificación e calquera dos lindeiros do terreo será como mínimo de 5.000 metros.

C) A altura máxima das edificacións será de 10 metros e (B+2). Excepcionalmente poderán excederse os 10 metros fixados de altura máxima fixada, non así o número de plantas, cando se xustifique por motivos funcionais.

Ordenanza nº 14: solo non urbanizable de protección da natureza.

O solo non urbanizable de protección da natureza está constituído por aquelas áreas delimitadas nos planos de ordenación a escala 1:5.000, ás cales debe outorgárselles unha especial protección en razón dunha ou varias das seguintes características:

– Por razóns de integridade, evolución e/ou estabilidade do ecosistema no seu conxunto.

– Por razóns de tipo cultural paisaxístico e xeomorfolóxico no seu conxunto.

– Por efectos da súa vexetación e/ou a súa forma.

– Por efectos xeomorfolóxicos.

– Por tratarse de áreas de grande incidencia visual afastadas da percepción desde vías de comunicación e núcleos habitados.

Usos permitidos.

Coinciden cos que actualmente se dan, que son os tradicionais, entendendo exclusivamente como tales o forestal, gandeiro (como complemento para a conservación dos valores existentes), caza e pesca, lecer, montañismo, acampada, etc.

Instalacións permitidas.

Só se permitirán aquelas instalacións que sirvan para a explotación directa dos recursos naturais da zona, así como as obras de mellora e mantemento das vías de comunicación existentes, e prohíbese o trazado de novas vías, salvo as de acceso ás construcións.

Plans especiais.

Poderán redactarse plans especiais de rexeneración do ecosistema, co fin de evitar accións tendentes a conseguir a súa evolución, aproximándose ás características do seu ámbito, reducindo os ecosistemas degradados a unha evolución progresiva compatible co seu aproveitamento actual.

Ordenanza nº 15: solo non urbanizable de protección de ribeiras e cursos fluviais.

Definición.

Comprende o solo inmediato aos cursos de auga e masas de augas superficiais vinculado á súa protección ou ao asentamento de determinados usos específicos da auga.

Ámbito de aplicación.

Delimítase de acordo co previsto nos artigo 80.b) de T.R. e 93.h) de R.P. e abrangue as franxas de terreo grafadas nos planos a escalas 1:2.000 e 1:5.000.

Condicións de uso.

Trátase do establecemento de prohibicións que impidan un uso que implique a transformación do seu destino ou natureza ou lesionen o seu valor natural predominante, polo que dentro da zona delimitada como de protección de ribeiras e cursos fluviais non está permitido ningún tipo de uso excepto daqueles vinculados á auga e que pola súa natureza e características sexa materialmente imposible a súa localización noutro lugar distinto do territorio, tales como muíños, piscifactorías, etc., mediando sempre autorización e informe previo dos organismos competentes, e con especial atención ao impacto ambiental que a instalación poida producir sobre o elemento que se quere protexer.

As especies forestais de ribeira e as matogueiras características da paisaxe serán protexidas e conservadas.

Do anterior dedúcese a non adecuación da dotación e instalacións recollidas neste proxecto sectorial ás determinacións urbanísticas recollidas no PXOU.

2. Determinacións urbanísticas do planeamento municipal que deben ser modificadas como consecuencia da aprobación do sectorial.

No ámbito de implantación do CLTC deben suprimirse as determinacións urbanísticas actualmente vixentes relativas ás ordenanzas 14 e 15, en consecuencia coas obras proxectadas, así como modificar as determinacións de aplicación no ámbito incorporando como determinacións propias do PXOU as provisións de ordenación urbanística que se establecen neste proxecto sectorial e que, substancialmente, están recollidas nos planos nº O.2, O.3 e O.4 e no capítulo 4 deste documento.

3. Prazo para realizar a correspondente adecuación.

Dado que o documento denominada Revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de Culleredo (en diante, PXOM) está en tramitación e alcanzou a súa aprobación inicial en sesión plenaria do concello do 12 de xaneiro de 1999, establécese como prazo para realizar a correspondente adecuación o que resulte necesario para que o documento do PXOM alcance a súa aprobación definitiva, debendo incorporar este documento como propias as previsións de ordenación urbanísticas recollidas neste proxecto sectorial.

Capítulo 7

Planos

Índice de planos

IU Información urbanística

IU1

Situación e localización

IU2

Referencia no planeamento

IU3

Estado actual. Topográfico

IU4

Estado actual. Estrutura da propiedade do solo

IU5

Estado actual. Edificacións, usos e vexetación

O Ordenación

O1

Planta xeral sobre topográfico

O2

Zonificación e usos

O3

Aliñación e posicionamento da edificación

O4

Parcelamento e volumetría

O5

Delimitación de afeccións

O6

Enlaces do CLTC coa CP-3109

Modificación puntual do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo e desenvolvemento da normativa e condicións da edificación.

Índice

1. Antedecedentes.

2. Xustificación da necesidade da presente modificación puntual.

3. Proposta de modificación puntual.

Anexo 1: táboa de volume e aproveitamentos.

Anexo 2: plano O.4 Parcelamento e volumetría.

4. Condicións xerais da edificación en zona de naves almacén e naves taller.

4.1. Condicións de volume e aproveitamento.

4.1.1. Agrupacións e segregación.

4.1.2. División horizontal.

4.1.3. Altura libre de tesoira das naves.

4.1.4. Altura en número de plantas.

4.1.5. Petos en fachada, esquemas de alzados normativos.

4.1.6. Planta baixa, aproveitamento baixo rasante e baixo cuberta.

4.1.7. Aliñacións, posición da edificación.

4.2. Condicións de estética.

4.2.1. Cuberta.

4.2.2. Fachadas e paramentos.

4.3. Usos en naves almacén.

4.3.1. Usos principais.

4.3.2. Usos complementarios compatibles.

Anexo 3: petos en fachada-cuarteirón 8.

5. Condicións xerais da edificación en zona de servizos.

5.1. Edificacións específicas ou singulares.

5.2. Plantas soto.

5.3. Tratamento estético.

5.4. Cubertas, baixocuberta e bufardas.

5.5. Voos.

5.6. Usos da edificación na zona de servizos.

5.6.1. Usos do edificio administrativo.

5.6.2. Usos do edificio de oficinas.

5.6.3. Usos da superficie comercial.

5.6.4. Usos do centro de acollida e restaurante.

5.6.5. Usos das naves taller.

1. Antecedentes.

O organismo promotor da localización e instalación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo é o Concello de Culleredo.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (A Coruña) foi redactado no ano 2000 para os efectos da súa tramitación de acordo coa Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia. Foi aprobado con data do 21 de xullo polo Consello da Xunta de Galicia. O proxecto de parcelamento foi aprobado o 13 de setembro de 2004 polo concelleiro de Urbanismo do Concello de Culleredo e o 7 de outubro de 2004 pola Xunta de Goberno. Na actualidade, as obras de urbanización xa están finalizadas e as parcelas á venda para a súa explotación.

2. Xustificación da necesidade da presente modificación puntual.

De resultas da posta no mercado das parcelas resultantes do proxecto sectorial, e por suxestión dos propios demandantes de solo, detectáronse certas carencias no proxecto sectorial que aconsellan a presente proposta de modificación puntual. Estas carencias sintetízanse nos seguintes dous puntos:

• Por un lado, algún dos parámetros edificatorios parece non axustarse á demanda do mercado actual; en concreto, a altura máxima das naves de almacén, que resulta claramente insuficiente para unha grande parte dos peticionarios de parcelas.

• Doutra parte, existe certa indefinición nas condicións edificatorias e de uso das naves de almacén no proxecto sectorial. Estas condicións son consideradas insuficientes para a elaboración dos proxectos construtivos tanto polos peticionarios coma pola administración municipal que debe outorgar as licenzas.

Así pois, proponse e formúlase unha modificación puntual do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo para a adecuación de alturas de almacenaxe demandadas polo mercado, sen que iso supoña aumento ningún da edificabilidade, e para dotar o documento dunhas ordenanzas reguladoras de edificación e usos na zona de naves almacén e naves taller que acheguen tanto aos usuarios coma ás administracións intervenientes a mutua seguranza xurídica á hora de solicitar as licenzas correspondentes.

3. Proposta de modificación puntual.

No proxecto sectorial aprobado, a altura obrigatoria libre de tesoira é nuns cuarteiróns de 11 metros e noutros de 7,50 metros.

A presente proposta de modificación puntual neste sentido é a seguinte:

1. Para o cuarteirón 4 a altura obrigatoria libre de tesoira establécese en sete metros cincuenta centímetros (7,5 m) cunha altura máxima da liña de cumieira de dez metros e cincuenta centímetros (10,5 m).

2. Para os cuarteiróns 1, 2, 3, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12 e para a zona de naves taller a altura obrigatoria libre de tesoira establécese en once metros (11 m) cunha altura máxima da liña de cumieira de quince metros (15 m).

Non obstante, no suposto de que exista un proxecto conxunto para a totalidade do cuarteirón ou que se estableza unha unidade de criterio neste sentido por unanimidade entre todos os propietarios, as alturas poderán ser inferiores.

3. Ademais, na totalidade das naves cuxa altura de tesoira sexa de 11 m poderá materializarse a distribución da edificabilidade nun máximo de B+2 plantas, sen que iso supoña incremento ningún da edificabilidade permitida no proxecto sectorial aprobado, é dicir, de maneira que a suma total da superficie de cada unha das plantas non exceda a superficie máxima construíble fixada no proxecto aprobado para cada parcela.

Non se produce pois en ningún caso modificación da edificabilidade asignada á parcela, polo que, en consecuencia, a modificación proposta non afecta o aproveitamento nin os coeficientes de edificabilidade netos asignados ás parcelas polo proxecto sectorial aprobado.

Achéganse:

• Como anexo nº 1: cadro cos parámetros edificatorios básicos e superficie máxima construíble para cada unha das naves.

• Como anexo nº 2: plano de parcelamento con indicación da volumetría e posición da edificación en planta.

Anexo 1: táboa de volume e aproveitamentos

Anexo nº 1: condicións de volume e aproveitamento da naves

Parcelas-naves

Sup.

parcelas (m2)

Sup. máx. construible por planta (m2)

Sup. máx. construible (m2)

Alt. libre de tesoira (m)

Alt. máx cumieira (m)

Nº de plantas (*)

Fondo máx. p. altas (m)

Volume

Naves almacén tipo I

Parcelas (cuarteirón 4)

31

980

578x2

1.156

7,5

10,5

(B+1)

22,5

5.202

25

1.007

578x2

1.156

7,5

10,5

(B+1)

22,5

5.202

30/36

1.459

578x2

1.156

7,5

10,5

(B+1)

22,5

5.202

26 a 29/32 a 35

962,5

578x2

1.156

7,5

10,5

(B+1)

22,5

5.202

Naves almacén tipo I

Parcelas (cuarteirón 1/2/3)

1/5/9/13/17/21/24

1.110

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

4/8/12/16/20

1.037

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

2/3/6/7/10/11/14/15/18/19/22/23

1.020

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

Parcelas (cuarteirón 5/7)

37/43/55/61

980

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

67

1.046

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

42/48/66/72

1.459

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

38 a 41/44 a 47/62 a 65/68 a 71

962,5

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

Parcelas (cuarteirón 10)

120/126/127/133

1.095

637x2

1.274

11

15

(B+1)

22,5

8.281

121 a 125/128 a 132

1.056

637x2

1.274

11

15

(B+1)

22,5

8.281

Parcelas (cuarteirón 6/12)

49/55

980

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

54/60

1.459

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

50 a 53/56 a 59

962,5

578x2

1.156

11

15

(B+1)

22,5

7.514

141/144/145

1.110

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

148

1.037

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

142/143/146/147

1.020

612x2

1.224

11

15

(B+1)

22,5

7.956

Naves almacén tipo II

Parcelas (cuarteirón 8)

73/88/89/104

2.176

1.566+224x2

2.014

11

15

(B+2)

10

20.358

74 a 87/90 a 103

1.902

1.566+224x2

2.014

11

15

(B+2)

10

20.358

Parcelas (cuarteirón 9)

105 a 108

2.062

1.546+344x2

2.234

11

15

(B+2)

10

20.098

109

2.201

1.546+344x2

2.234

11

15

(B+2)

10

20.098

Parcelas (cuarteirón 11)

149

16.475

13.620+1945x2

17.510

11

15

(B+2)

10

177.060

Naves taller

110 a 118

1.110

600x3

1.800

11

15

(B+2)

30

7.800

119

1.083

600x3

1.800

11

15

(B+2)

30

7.800

(*) Naqueles en que se establece unha altura de baixa+1, pódese chegar a B+2 sen aumentar a superficie máxima construíble.

4. Condicións xerais da edificación na zona de naves almacén e naves taller.

4.1. Condicións de volume e aproveitamento.

4.1.1. Agrupacións e segregación.

En ningún caso se permiten segregacións das parcelas que están determinadas no proxecto. A superficie e forma xeométrica de parcelas mínimas indivisibles e testeira mínima de parcelas á vía pública son as establecidas no plano 0.4 do proxecto sectorial.

Permítese a agrupación de parcelas. Isto non exime do cumprimento de todas as prescricións establecidas nas presentes ordenanzas para as parcelas resultantes da agrupación.

4.1.2. División horizontal.

Queda prohibida toda división horizontal de propiedade dentro das parcelas mínimas descritas no plano 0.4.

4.1.3. Altura libre de tesoira das naves.

Enténdese por altura obrigatoria libre de tesoira para cada nave a distancia existente entre o punto medio do plano de fachada, medido no seu encontro coa rasante do terreo, ata a parte inferior de calquera elemento estrutural de cuberta.

1. Para o cuarteirón 4 a altura obrigatoria libre de tesoira establécese en sete metros cincuenta centímetros (7,5 m) e unha altura máxima da liña de cumieira de dez metros e cincuenta centímetros (10,5 m).

2. Para os cuarteiróns 1, 2, 3, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12 e para a zona de naves taller a altura obrigatoria libre de tesoira establécese en once metros (11 m) cunha altura máxima da liña de cumieira de quince metros (15 m).

Non obstante, no suposto de que exista un proxecto conxunto para a totalidade do cuarteirón ou se estableza unha unidade de criterio neste sentido por unanimidade entre todos os propietarios, as alturas poderán ser inferiores.

4.1.4. Altura en número de plantas.

1. Naves almacén tipo I (cuarteiróns 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 12):

• Planta baixa+1 en toda a superficie en planta.

• Planta baixa+2 só naquelas naves que alcancen a altura de tesoira de 11 m (é dicir todas menos as naves do cuarteirón 4) co condicionante, en todo caso, de que iso non supoña aumento da superficie máxima construíble total que lle asigna o proxecto sectorial a cada nave, de maneira que a suma total da superficie das tres plantas non exceda aquela que lle correspondería en caso de ocupar baixo+1 en toda a superficie da nave.

2. Naves tipo II (cuarteiróns 8, 9, e 11):

• Planta baixa+2 nun fondo máximo de 10 m desde a aliñación de fachada, permitíndose no resto do fondo edificable da nave unicamente planta baixa.

3. Naves taller.

• Planta baixa+2 plantas en toda a súa superficie.

4.1.5. Petos en fachada. Esquemas de alzados normativos.

Levantarase un peto horizontal corrido no coroamento das fachadas de todo o perímetro de cada un dos cuarteiróns e establécese como norma xeral unha altura total de fachada en cada nave.

No suposto de que exista un proxecto conxunto para a totalidade do cuarteirón ou se estableza unha unidade de criterio por unanimidade entre todos os propietarios que posibilite ou ben rebaixar a altura de tesoira a menos de 11 m ou ben a altura de cumieira a menos de 15 m, a altura do peto poderá ser menor, caso en que se establece, como norma xeral, a altura máxima de cumieira do cuarteirón uniforme resultante como altura máxima do peto de coroamento.

Ora ben, a grande lonxitude das testeiras de cuarteirón, unida ás diferentes pendentes das rúas, poden imposibilitar a realización dun peto corrido horizontal. Co obxecto de racionalizar neste caso os necesarios resaltes do peto e procurando a estética do conxunto edificatorio, propóñense uns alzados normativos esquemáticos en cada fachada por cuarteirón que deberán respectar obrigatoriamente os diferentes proxectos construtivos (ver anexo 3).

4.1.6. Planta baixa. Aproveitamento baixo rasante e baixo cuberta.

Respectando en todo caso a altura de tesoira definida no número 5.1.3 para cada nave, o nivel superior da placa ou soleira de planta baixa deberá estar necesariamente comprendida entre 1,50 m por riba e 0,50 m por baixo da aresta definida polo encontro do plano de fachada co plano da rasante do terreo en toda a fronte de cada fachada exterior da nave.

Enténdese como aproveitamento baixo rasante toda superficie que quede por baixo da cota de planta baixa así definida.

O aproveitamento baixo rasante non se computará como edificabilidade mentres non se superen estes parámetros, permitíndose a ocupación e instalación de maquinaria ou sistemas de almacenaxe en que sexa necesario o seu uso. O desenvolvemento da rampla de acceso efectuarase en calquera caso dentro dos límites de parcela.

Prohíbese a construción de plantas baixocuberta, entendendo por tales a adición dunha planta engadida ás establecidas como máximas no proxecto sectorial para cada parcela e situada inmediatamente baixo a cuberta. A última planta máxima permitida para cada parcela que se sitúe en contacto ou non coa cuberta do edificio non terá a consideración de baixocuberta para os efectos desta ordenanza.

4.1.7. Aliñacións, posición da edificación.

Aliñacións exteriores:

Son as liñas que fixa o proxecto sectorial como posición obrigatoria da edificación ou liña de fachada, independentemente dos lindes da parcela privativa coa vía pública.

As aliñacións exteriores quedan establecidas no plano O.3 do proxecto sectorial (Ordenación, aliñación, e posición da edificación). Defínese unha posición obrigatoria da edificación por cuarteirón, mediante a fixación das frontes edificatorias tanto na fachada principal como nas laterais. Non se permiten recuamentos nas frontes de edificación.

Para os cuarteiróns 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 12 disponse dunha aliñación obrigatoria, tal e como se establece no citado plano O.3.

Para a zona de naves taller, establécese un recuamento á fronte de 2 metros na zona traseira das naves e de 25 metros na súa parte dianteira, exceptuando a parcela P-119, que ten que adaptarse á rúa con que linda (plano O.3).

No suposto de que exista un proxecto conxunto para a totalidade do cuarteirón ou se estableza unha unidade de criterio por unanimidade entre todos os propietarios, o recuamento normativo obrigatorio poderá ser, se for o caso, maior do establecido, sempre que se respecte a uniformidade para cada unha das fachadas.

Recuamentos laterais interiores:

Dentro de cada cuarteirón, as construcións deberán encostarse unhas a outras.

Non obstante, permítense espazos libres de edificación xunto aos lindeiros laterais das parcelas interiores de ata 6 metros de largo na fronte edificatoria de fachada, deixando estes espazos libres da parcela para sistemas de circulación loxística interior e evitando, en todo caso, a formación de rúas interiores ao cuarteirón. O seu coidado e mantemento correrán ao cargo do propietario e queda prohibido usar estes espazos libres como depósito de materiais residuais ou para verter de desperdicios.

Estes espazos libres na fronte de fachada deberán resolverse compositivamente de xeito conxunto co alzado principal de cada nave, mantendo en todos os casos un elemento de coroamento en toda a lonxitude de fachada e ata o linde da parcela veciña de maneira que se cree unha fronte de cuarteirón unitaria e continua.

4.2. Condicións de estética.

4.2.1. Cuberta.

Prohíbese en todo caso o emprego de bufardas e beirís.

4.2.2. Fachadas e paramentos.

Fachadas: prohíbense as fachadas de bloque de formigón visto e fibrocemento, así como as fachadas de ladrillo para revestir sen a revocadura correspondente, o cal deberá ir en todos os casos pintado.

Medianeiras: o acabamento das paredes medianeiras realizarase con tratamento similar ou acorde co da fachada, e prohíbense en todo caso as fábricas cuxas características técnicas ou construtivas non sexan para quedar vistas.

As plataformas de carga: non sobresairán da aliñación de fachada. Cando por motivos do sistema de carga e descarga sexa necesario facelo fóra desta, deberanse utilizar sistemas mecanizados, móbiles, escamotables, elevables ou retráctiles, que poden sobresaír da aliñación no momento dos traballos.

Voos: prohíbense os corpos voados nas naves almacén e naves taller, entendidos estes como os elementos macizos cuxa superficie pechada supere a liña de posición obrigatoria da edificación.

Permítese a execución de marquesiñas, para as cales se establece unha altura desde a rasante de 5,00 m e un voo máximo de 5,00 m, que pode variar se se fai de forma conxunta por cuarteirón.

4.3. Usos en naves almacén.

O artigo 3 do proxecto sectorial establece os usos para as naves almacén do xeito seguinte:

– Almacenaxe, consolidación e fraccionamento de cargas en todas as alternativas que as devanditas actividades permiten (almacenista, distribuidor, grosista,...).

– Almacenamento e distribución de embalaxe baixo contrato (paquetaría).

– Almacenamento e posterior distribución por correo (embalaxe baixo contrato).

– Operador loxístico do frío.

– Mensaxaría urxente e correo.

– Quedan totalmente prohibidas as actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas consideradas no Decreto 2414/1961 (título primeiro, capítulo primeiro, artigo 3), exceptuando aquelas relacionadas coa almacenaxe e aquelas que sexan compatibles coas actividades desenvolvidas no CLTC.

– Calquera outro uso compatible coas actividades propias do CLT.

No número 2 do presente documento xustificábase parcialmente a elaboración desta modificación do proxecto sectorial na necesidade, unha vez posta en marcha a comercialización do centro, de dar resposta ás dúbidas e aclaracións dos peticionarios de parcelas, para clarificar certas indeterminacións do proxecto sectorial.

A presente modificación do proxecto sectorial debe proporcionar tanto aos peticionarios de solo como ás administracións encargadas de regular as actividades futuras, garantías e seguranzas do correcto exercicio destas.

Para iso propoñemos, por un lado, complementar o artigo 3 detallando parte das definicións que contén e, por outro, delimitar coa maior claridade posible o que se entende por uso compatible co CLT e ata onde alcanza a súa definición.

Proponse para isto utilizar dúas categorías habituais manexadas en todos os documentos urbanísticos no referente aos usos do solo.

4.3.1. Usos principais.

Son os usos enunciados no artigo 3 do proxecto sectorial aprobado e aos cales debe destinarse unha porcentaxe maioritaria da superficie total comercializada de cada nave.

Enténdense dentro dos usos principais a que se refire o artigo 3 os seguintes:

◦ Actividades de almacenamento e de gran distribución. Incluídas oficinas e servizos propios.

◦ Actividades de carga fraccionada ou carga completa, paquetaría e recadeiros, incluídas oficinas e servizos propios.

◦ Actividades de transporte de calquera tipo de titularidade, incluídas oficinas e servizos propios.

◦ Outras actividades loxísticas: aluguer de vehículos para transporte, garaxes de vehículos para transporte, selección e envasamento de produtos e, en xeral, todos os usos relacionados co almacenamento, depósito, garda e distribución de mercadorías, transporte e outros servizos do uso terciario que requiren espazo axeitado separado das funcións de produción, oficinas ou despacho ao público.

4.3.2. Usos complementarios compatibles.

Os usos compatibles, deben ser efectivamente complementarios das actividades loxísticas propias dun CLT ou derivadas do normal e axeitado mantemento e manipulación dos produtos almacenados.

Deberían, así mesmo, admitirse certas actividades de transformación e manipulación relacionadas co transporte e a loxística e que son plenamente compatibles coa finalidade última do CLT, sempre que se garanta debidamente o control das administracións competentes (Dirección Xeral de Transportes e Concello) e que, en caso de dúbida, se exixa a súa aprobación expresa, con carácter previo á súa instalación e desenvolvemento.

◦ Operacións relacionadas coa adquisición e distribución de bens e servizos.

◦ Xestión dos fluxos de materiais e de información.

◦ Recepción, tratamento e preparación de pedidos.

◦ Xestión de stocks de produtos acabados.

◦ Actividades necesarias para o correcto aprovisionamento do proceso produtivo (controis de calidade, preparación de semielaborados, xestión de stocks de materias primas e mantemento).

Descrición dos servizos e operacións que se efectuarán:

• Transporte.

• Distribución (primaria e secundaria).

• Almacenaxe.

• Manipulación e montaxe.

• Embalaxe e/ou envasamento.

• Reciclaxe/etiquetaxe.

• Xestión de stocks.

• Mantemento.

• Preparación de pedidos.

• Transmisión de información.

• Paquetaría industrial.

• Servizo postvenda.

• Controis de calidade e ensaios.

• Vixilancia, seguranza e control.

5. Condicións xerais da edificación en zona de servizos.

5.1. Edificacións específicas ou singulares.

Dentro das parcelas de servizos do CLTC estarán suxeitas a esta ordenanza as edificacións correspondentes aos usos que se considera que deben caracterizarse cunha arquitectura singular ou diferenciada do común do centro, isto é:

• Zona comercial (ZC).

• Zona de hotel (ZH).

• Zona de centro de acollida e restaurante (ZAR).

• Zona de edificio administrativo (ZEA).

• Centro de oficinas (ZO).

Con isto, preténdese dotar o CLTC dunha calidade de imaxe urbana acorde cos seus fins e obxectivos.

5.2. Plantas soto.

As plantas soto non poderán dedicarse a usos de venda directa, de aloxamento, de restauración nin traballo. Non obstante, poderán utilizarse para aparcadoiro de vehículos, almacenamento, instalacións, maquinaria, arquivos, etc. Os sotos non se computarán como edificabilidade consumida polo edificio.

5.3. Tratamento estético.

Prestarase especial atención ao tratamento estético e compositivo dos edificios citados, xa que deben asumir unha función representativa do conxunto do CLTC.

Prohíbese o uso de bloque de formigón visto (cor gris) e a placa de fibrocemento, así como as fachadas de ladrillo para revestir sen a revocadura correspondente, a cal deberá ir en todos os casos pintada.

5.4. Cubertas, baixocuberta e bufardas.

O peto das cubertas planas ou a cumieira das cubertas inclinadas non poderá superar a altura máxima establecida para cada tipo de parcela no punto 2.3 do capítulo 4 do proxecto sectorial.

Prohíbese a construción de plantas baixocuberta, entendendo por tales a adición dunha planta engadida ás establecidas como máximas no proxecto sectorial para cada parcela situada inmediatamente baixo a cuberta. A última planta máxima permitida para cada parcela que se sitúe en contacto ou non coa cuberta do edificio non terá a consideración de baixocuberta para os efectos desta ordenanza. Prohíbese en todo caso o emprego de bufardas.

5.5. Voos.

Prohíbense os corpos voados, entendidos estes como os elementos macizos cuxa superficie pechada supere a liña de posición obrigatoria da edificación.

5.6. Usos da edificación na zona de servizos.

5.6.1. Usos do edificio administrativo.

O edificio administrativo distribuirase en:

◦ Oficinas en aluguer.

◦ Comerciais en aluguer.

Dentro deles permitiranse: centro médico, servizos centrais da sociedade adxudicataria, central de contratación de cargas, asociacións de transportistas, alfándega, oficina bancaria, etc.

5.6.2. Usos do edificio de oficinas.

O uso deste edificio será o de todo tipo de oficinas compatibles coas actividades que se desenvolvan no denominado CLTC.

5.6.3. Usos da superficie comercial.

Todos aqueles derivados do sector terciario con exclusión de todas aquelas actividades molestas, nocivas, ou perigosas de acordo co Decreto 2414/1961 que non sexan compatibles co resto de actividades desenvolvidas no CLTC.

5.6.4. Usos do centro de acollida e restaurante.

O uso principal é o dedicado a restauración, aínda que no devandito centro se van ofrecer outros servizos que darán lugar a outros usos, como poden ser duchas, vestiarios, sala de esparexemento e reunión, auditorio multiúsos, etc.

5.6.5. Usos das naves taller.

Dedicadas principalmente á instalación de servizos de atención ao vehículo, como poden ser os talleres mecánicos e venda de recambios e pneumáticos, aínda que tamén están permitidos os locais de exposición e venda. Así mesmo, prevese o uso de lavado de cisternas nas parcelas destinadas a naves taller. O devandito uso supón a subministración de auga quente, desgaseador, elevador pneumático/hidráulico.

Proposta de modificación puntual do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, motivado por liña eléctrica de AT, canalización do río Orro, situación de depósitos de gas e modificación do sistema viario exterior.

Índice

1. Antecedentes.

2. Xustificación da necesidade da presente modificación puntual.

3. Proposta da modificación puntual.

Anexos.

1. Antecedentes.

O organismo promotor da localización e instalación do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo é o Concello de Culleredo.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo (A Coruña) foi redactado no ano 2000 para os efectos da súa tramitación de acordo coa Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia. Foi aprobado con data do 21 de xullo polo consello da Xunta de Galicia. O proxecto de parcelamento foi aprobado o 13 de setembro de 2004 polo concelleiro de Urbanismo do Concello de Culleredo e o 7 de outubro de 2004 pola Xunta de Goberno. Na actualidade, as obras de urbanización xa están finalizadas e as parcelas á venda para a súa explotación. En xaneiro de 2005 realizouse unha modificación puntual do proxecto sectorial para a adecuación de alturas de almacenaxe demandadas polo mercado e o desenvolvemento da normativa e condicións de edificación no centro.

En novembro do ano 2000 redactouse o proxecto Canalización do río Orro ao seu paso polo CLT de Culleredo con solicitude e autorización do organismo autónomo Augas de Galicia. Durante as obras de urbanización do centro procedeuse á canalización do río Orro, que a día de hoxe están finalizadas e co que se observará o disposto pola lexislación sectorial ao respecto, en canto a afeccións e servidumes de calquera curso de auga, xa sexa superficial ou canalizado.

Polo ámbito cruza unha liña aérea de enerxía eléctrica de alta tensión (LAT en diante). No comezo da tramitación do polígono, por indicación dos técnicos de Unión Fenosa, propúxose variar o tendido aéreo facéndoo pasar por riba do sistema viario do ámbito para que non afectase as futuras parcelas privadas e construcións e, ao mesmo tempo, cumprise coa normativa exixida por Renfe para o seu paso paralelo á liña de ferrocarril A Coruña-Madrid e as condicións solicitadas por Fomento para o seu cruzamento pola autovía A-9. Non obstante a Rede Eléctrica Española, como propietaria da mencionada LAT, non acepta a solución proposta por Fenosa e modifica o seu proxecto cambiando o trazado e afectando as parcelas privadas da zona de servizos do centro loxístico, a zona verde ZV-5 e o sistema viario interior.

Durante o transcurso das obras de urbanización do centro loxístico de transportes executáronse obras de infraestrutura de gas, consistentes en rede interior e centro de almacenamento. Estas obras executáronse de acordo cos servizos técnicos municipais de Culleredo e á vista do informe emitido polo xefe da área de ambiente e servizos. A problemática xorde canto se comproba que no proxecto sectorial non se prevía unha reserva de solo cualificada para tal fin onde puidesen situarse estas instalacións. Para a redacción do proxecto desta infraestrutura consensuado coa propiedade, coa compañía subministradora Repsol e cos servizos técnicos que redactaron o proxecto, situáronse os depósitos no extremo da parcela ZV-1. Os requisitos exixidos pola compañía e a normativa técnica para isto, exixían unha serie de condicionantes da zona, cunha superficie e accesos mínimos.

Así mesmo, durante o transcurso das obras de urbanización do centro, foron executadas obras exteriores ao ámbito na estrada de Meirama ao enlace coa A-9 pola Xunta de Galicia, o que supuxo a desaparición da estrada da Deputación Provincial CP-3901, punto de entrada e saída do centro loxístico, co que se afectou a circulación interior.

2. Xustificación da necesidade da presente modificación puntual.

As afeccións descritas, tanto da LAT como da canalización do río Orro, non estaban recollidas no proxecto sectorial debido a que estas requiren unha definición precisa e faise necesario reformulalas in situ unha vez executadas as obras. Estes dous sistemas levan consigo e crean unha franxa de protección en que se prohíbe a construción e afecta zonas en que no proxecto sectorial se situaba parte das naves taller e edificios de servizos. A presente proposta de modificación puntual recollerá as dúas novas afeccións.

Outra das necesidades é a modificación da zona verde ZV-5 anexa ao sistema viario, o cambio de circulación interior sufrido polas obras do sistema xeral viario exterior ao polígono e un dos apoios da LAT que afectan a esta zona.

Estas carencias sintetízanse nos seguintes tres puntos:

• No proxecto sectorial fíxase a posición da edificación obrigatoria da zona das naves taller, que se marca cunha liña de edificación (aliñación) e establece unha posición obrigatoria encostada ao linde lateral. Esta liña verase afectada polo cruzamento transversal da canalización do río que atravesa as parcelas nº 115, 116 e 117. Esta afección leva consigo un novo parcelamento e, por tanto, verase afectado o plano O.4 (Parcelamento e volumetría da modificación puntual do proxecto sectorial de xaneiro de 2005) e o plano O.3 (Ordenación, aliñación, e posición da edificación) do proxecto sectorial.

• A zona de servizos está afectada pola canalización do río e pola LAT. Na esquina sueste da parcela de uso comercial (parcela nº 137) pasa a canalización do río Orro, cunha afección de 5 m desde a aresta exterior de ambos os tubos, que afecta en 12 m a fronte da parcela e, por tanto, esta zona debe quedar libre de edificación. Pola parcela do hotel (parcela nº 136), practicamente polo seu centro, cruza o tendido aéreo de alta tensión en apoio de tipo bandeira, quedando así completamente afectada pola zona de protección de 11 m desde o cableamento, todo isto segundo normativa da compañía subministradora, e onde se prohíbe calquera edificación, polo que debe utilizarse como explanación libre para servizo e mantemento. En consecuencia a ocupación en planta de ambas as parcelas vese diminuída e as parcelas son modificadas por estas afeccións e isto leva á necesidade da modificación do plano O.4 (Parcelamento e volumetría da modificación puntual do proxecto sectorial de xaneiro de 2005).

• Respecto á nova parcela para a infraestrutura de gas e á vista do total de superficie de zonas verdes que se establecían no proxecto sectorial de 120.661 m2 e o total de superficie de zona verde que se recolle no proxecto de parcelamento de 133.199 m2, hai un exceso de metros cadrados respecto ao establecido no proxecto sectorial. Para tal fin, e segundo se recolle no novo plano O.2 [Zonificación e usos (proposta de modificación)] necesítase unha superficie de 3.765 m2 que habería que deducir do total da superficie da zona ZV-1, co que queda polo tanto, unha superficie de zona verde total no proxecto sectorial de 129.434 m2, que supera a superficie de zonas verdes recollidas no proxecto sectorial.

• A circulación interior vese afectada polas obras exteriores da estrada da Xunta de Galicia, pois a vía de acceso e saída do centro queda con distinta solución de circulación e afecta os xiros na zona verde ZV-5, que, pola súa vez, se ve afectada por un dos apoios da liña aérea.

Así pois, proponse e formúlase unha modificación puntual do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo para:

• A adecuación das tres parcelas das zonas de naves taller afectadas pola canalización do río Orro, motivada pola necesidade de modificación da posición da edificación.

• A modificación da zona de servizos, en concreto das parcelas do hotel nº 136 e comercial nº 137, realizando un novo parcelamento de ambas e modificando a ocupación en planta da zona de edificación do hotel e do comercial e reordenando o volume edificable, todo isto sen que supoña aumento ningún da edificabilidade.

• A modificación da zona verde 1, no plano O.2 de zonificación e usos para a inclusión dun novo uso de solo, ZI zona de infraestruturas.

• A modificación da rede viaria e zona verde ZV-5 con motivo da reordenación da circulación interior.

3. Proposta de modificación puntual.

A presente proposta de modificación puntual neste sentido é a seguinte:

1. Para a zona de naves taller as parcelas nº 115, 116 e 117 pasan a ser dúas parcelas, nº 115 e 117, cunha superficie de afección cada unha delas en que non se poderá edificar; por tanto, modifícase a liña de edificación e na táboa anexa a este documento recóllense as novas superficies.

2. Na parcela de oficinas da zona de naves taller recúase a liña de edificación cara ao interior uns dous metros e a superficie edificable que se perde lévase cara á súa fronte.

3. A parcela do hotel nº 136 modifícase e auméntase a súa superficie á custa da parcela comercial nº 137, todo isto sen aumentar a superficie máxima edificable en planta do hotel e sen modificar a altura B+3.

4. A parcela comercial nº 137 e a posición da edificación desta redúcese á custa da superficie que pasa a formar parte da parcela do hotel e da afección da canalización do río; proponse a modificación da parcela e a edificabilidade perdida en planta súplese por unha planta máis na zona comercial, igualándose ás condicións do hotel en número de andares e altura máxima, todo isto sen que supoña incremento de edificabilidade.

5. Modificar o plano O.2 de zonificación e usos para adaptalo ao novo uso. Esta modificación consiste en cambiar o uso de parte de zona verde a zona de infraestruturas.

6. Modifícase a circulación interior do sistema viario creando un xiro cara á zona de naves almacén a costa da zona verde ZV-5 e substituíndo un carril de saída do polígono como liña de aparcadoiro en batería.

Non se produce pois, en ningún caso, modificación da edificabilidade asignada ás parcelas, polo que, en consecuencia, a modificación proposta non afecta o aproveitamento nin os coeficientes de edificabilidade netos asignados ás parcelas polo proxecto sectorial aprobado.

7. En relación coa estación de servizo (parcela 138-A) no plano O.3 de ordenación, aliñación e posicionamento da edificación, non se fixa a posición da edificación pero consérvanse os parámetros de edificabilidade e volume sinalados no proxecto sectorial.

Achégase:

• Como anexo nº 1: cadro cos parámetros edificatorios básicos e superficie máxima construíble».

Anexo 1: táboa de volume e aproveitamento

Servizos do centro

Sup. total

parcelas (m2)

Sup. máx. construíble (m2)

Alt. libre de tesoira (m)

Alt. máx cumieira (m)

Andares

Fondo máx. p. baixa (m)

Fondo máx. p. altas (m)

Recuamento á fronte (m) (*)

Volume (m3)

Fronte (m)

Naves taller

110 a 114

1.110

600x3

11

15,0

(B+2)

30,0

30,0

25

7.800

20

115

1.737

684x3

11

15,0

(B+2)

30,0

30,0

25

8.892

26

117

1.590

541x3

11

15,0

(B+2)

30,0

30,0

25

7.033

34

119

1.083

600x3

11

15,0

(B+2)

30,0

30,0

25

7.800

20

Superficie comercial

137

5.035

4.350x4

15

(B+3)

65.250

Hotel

136

2.390

1.175x4

15

(B+3)

17.625

Acollida e restaurante

135

1.700

1.570x3

11

(B+2)

17.270

Acollida e restaurante

135

1.700

1.570x3

11

(B+2)

17.270

Edificio administrativo

134

700

630x3

11

(B+2)

6.930

Centro de oficinas

140

848

575x3

11

(B+2)

6.325

ITV

139

3.000

2.425x2

11

15

(B+1)

31.525

Edificio gasolineira

138

4.200

150x2

6

(B+1)

900

(*) Posición edificación obrigatoria segundo doc. gráfica do proxecto sectorial.