Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 3/84 e cinco máis).

Na sesión realizada polo Xurado o día 29 de outubro de 2019 figuran os seguintes acordos:

Monte de Xestoso (expediente 3/84), pertencente aos veciños do lugar de Xestoso, da parroquia da Fontaneira, no termo municipal de Baleira, e montes Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín (expediente 72/77), pertencentes aos veciños do lugar de Vilachá, da parroquia de Pedrafita de Camporredondo no termo municipal de Baralla. O 9.7.2019 tivo entrada un escrito dos representantes destas comunidades co que achegaron un acordo de deslindamento efectuado por avinza entre elas en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar ante o Xulgado de Paz de Baleira; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións da aprobación por parte das comunidades implicadas. Unha vez dado o traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 19.9.2019 emite un informe (núm. 52/19) no cal se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Xestoso queda cunha superficie de 365,67 hectáreas e os montes Bidueira, Trombeal, Trabazas, Ribado e Valín, cunha superficie de 349 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Montes Cornedo e Fonteseca (expediente 31/78), pertencentes aos veciños da parroquia de Vilalle, e montes Bacariza, Cuteiro, Ransedo, Queimada e Coto (expediente 23/78), pertencente aos veciños da parroquia da Frairía, ambos no termo municipal de Castroverde. O 6.3.2019 tivo entrada un escrito dos representantes destas comunidades co que achegaron un acordo de deslindamento por avinza entre elas en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio realizado ante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Unha vez dado o traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 19.6.2019 emite un informe (núm. 15/19) no cal se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. Os montes Cornedo e Fonteseca quedan cunha superficie de 219 hectáreas, e os montes Bacariza, Cuteiro, Ransedo, Queimada e Coto, cunha superficie de 157 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Montes Portela e Toxoso (expediente 116/77), pertencentes aos veciños da parroquia de Castromaior, e monte Penamoura (expediente 115/78), pertencente aos veciños da parroquia de Candia, ambos no termo municipal de Abadín. O 28.8.2019 tivo entrada un escrito do representante da Comunidade de Castromaior co que achegou un acordo de deslindamento efectuado por avinza entre estas comunidades en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio realizado ante o Xulgado de Paz de Abadín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Unha vez dado o traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 2.10.2019 emite un informe (núm. 57/19) no cal se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. Os montes Portela e Toxoso quedan cunha superficie de 480,18 hectáreas e o monte Penamoura, cunha superficie de 87,60 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 11 de novembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo