Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a incoación do 27 de setembro de 2019, ditada no expediente sancionador LU-S-29/2019 por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á interesada que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido efectuar.

Neste mesmo acto designouse instrutora do expediente a Mercedes Campos Casares, e os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción grave correspóndelle á persoa titular da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro (DOG núm.193, do 9 de outubro), polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos e respecto do artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberase notificar no prazo dun ano desde a data deste acordo.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa imputada é informada, de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Lugo, 12 de novembro de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-29/2019.

Denunciada: Ana Isabel Rodríguez Redondo.

Establecemento: Cándido.

Enderezo: San Romao da Retorta.

Localidade: Guntín.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) e artigo 39 da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Cualificación: grave.

Incoación: 27 de setembro de 2019.

Sanción: multa de catro mil euros (4.000,00 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: tres mil douscentos euros (3.200,00 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: dous mil catrocentos euros (2.400,00 €).