Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público parcial do ano 2019.

Mediante a Resolución da Alcaldía 510/2019, do 8 de agosto, aprobouse a seguinte modificación da oferta de emprego público parcial do ano 2019 do Concello de Pontedeume.

Persoal funcionario de carreira:

Número de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Grupo ou subgrupo

Titulación exixible

Nivel complemento destino

Sistema
de acceso

Forma de provisión

1

Oficial policía local

Servizos especiais

Oficial

C1

Bacharelato superior

18

Promoción interna.

Artigo 37 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais

Concurso oposición

2

Axente policía local

Servizos especiais

Axente

C1

Bacharelato superior

16

Libre

Oposición libre

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro que xulguen procedente.

Pontedeume, 14 de agosto de 2019

José Simoes Couceiro
Alcalde en funcións