Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50130

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para cobertura de prazas vacantes de funcionarios, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia núm. 210, do 31 de outubro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2018 e 2019:

– Unha praza de técnica ou técnico superior, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica ou técnico medio xurídico, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase media e integrada no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica ou técnico medio de administración xeral, encadrada na escala de administración xeral, subescala de xestión e integrada no grupo A2, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de técnica ou técnico auxiliar electromecánico, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Sete prazas de administrativa ou administrativo de administración xeral, encadradas na escala de administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficiala ou oficial de costura e roupeiro, encadrada na escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por quenda de promoción interna horizontal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 31 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL