Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 25 de novembro de 2019 Páx. 50132

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial de la provincia núm. 210, do 31 de outubro 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019:

– Dúas prazas de técnica ou técnico de administración xeral, encadradas na escala de administración xeral, subescala técnica e integradas no grupo A1, por quenda libre.

– Unha praza de técnica ou técnico de xestión tributaria, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, clase media e integrada no grupo A2, por quenda libre.

– Dúas prazas de técnica ou técnico auxiliar en educación nocturna, encadradas na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.

– Unha praza de administrativa ou administrativo de administración xeral, encadrada na escala de administración xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C1, por quenda libre.

– Tres prazas de técnica ou técnico auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.

– Dúas prazas de auxiliar de administración xeral, encadradas na escala de administración xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 31 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL