Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2019 polo que se notifica a resolución ditada no expediente de reposición derivado do expediente sancionador de clave DH.D27.58158.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de reposición derivado do expediente sancionador de clave DH.D27.58158.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa titular do NIF/NIE 33693721D.

Infórmase que o expediente se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.

Comunicáselle que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia