Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Guldriz, concello de Friol (expediente 92/80).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 29.10.2019 figura o seguinte acordo:

Monte de Guldriz (expediente 92/80), pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, do termo municipal de Friol. O 18.12.2018, recíbese copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, do 10.5.2018, no procedemento ordinario 69/2016, en que, estimando a demanda presentada, se declara: «[...] Declaro fronte á demandada que o predio correspondente coa parcela nº 1 do polígono 296 do Catastro de Rústica do Concello de Friol (Lugo) é de plena e privativa propiedade do demandante [...]». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, o 7.8.2019 emite un informe (núm. 106/18) especificando as modificacións resultantes, nos termos que no dito informe se describen, quedando o monte de Guldriz cunha superficie de 205 hectáreas. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 7 de novembro de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo