Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición de varios establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada pola Resolución do 9 de outubro do 2019.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de novembro de 2019

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Newroz Doner Kebap

Dilemin, S.L.

Praza Fonterrabía, baixo

Santiago de Compostela

La Fábrica

Fernando Valverde

República Arxentina, 10

Ferrol

Soho

Lisandra Pérez Alonso

Rúa Lugo, 54, baixo

Ferrol

A Costa do Marisco

A Costa do Marisco, S.L.

Lugar de Taraza, Meirás

Valdoviño