Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 21 de novembro de 2019 Páx. 49570

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 29 de marzo de 2019 (DOG núm. 71, do 11 de abril), publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.7 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 31 de outubro de 2019 de concesión das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á Oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o dito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición, no caso de non acceder ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición, no caso de non acceder ao seu contido.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica