Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SS 261/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 261/2017 por instancia de Fermín Andrade Cardezo contra Ramón Parada Vaamonde, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Mutua MC Mutual, sobre seguridade social, nos cales se ditou a Sentenza do 25 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda formulada por Fermín Andrade Cardezo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua MC Mutual e a empresa Ramón Parada Vaamonde, e absólvense as citadas entidades ou empresas das pretensións exercidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza, ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ramón Parada Vaamonde, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza