Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 127/2019).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mateo Gil Rodríguez contra Conforocio Consultora, S.L.U., sobre ordinario, ditáronse o 30.11.2019 auto en que se despacha execución, recorrible en reposición no prazo de tres días, así como decreto recorrible en revisión en igual prazo. As devanditas resolucións encóntranse á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conforocio Consultora, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza