Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49438

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (1017/2019).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os presentes autos de execución de título xudicial nº 135/2018, en que foron partes Tatiana Natali Margot, representada polo procurador Sr. Trigo Trigo e asistida da letrada Sra. Pérez Marcos, fronte a Raúl Orlando Medina, con intervención do representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade.

Parte dispositiva:

Que debo estimar a demanda reitora desta execución de título xudicial deducida por Tatiana Natali Margot, representada polo procurador Sr. Trigo Trigo e asistida da letrada Sra. Pérez Marcos, fronte a Raúl Orlando Medina, con intervención do representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade e, en consecuencia, acordo a total suspensión do réxime de estancias e comunicación establecido na sentenza do xuízo verbal nº 365/2011, do 4.11.2011.

Non procede especial pronunciamento condenatorio en exclusiva en custas.

Contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial da Coruña, recurso que non suspenderá o curso da execución, nos termos antes enunciados, logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así o acordo, mando e asino, Roberto José Soto Sola, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela (A Coruña).