Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49436

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de recurso de apelación (500/2018).

No presente procedemento, peza de apelación civil 500/2018, dimanante do procedemento de execución hipotecaria número 182/2016 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín, seguido por instancia da entidade Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. fronte a Rosa Ana Entenza Santomé e Santiago Dorrío Díaz, ditouse auto o 26 de marzo de 2019, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, Jacinto José Perez Benítez.

Auto número 75/19.

En Pontevedra o vinte e seis de marzo de dous mil dezanove.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de execución hipotecaria 182/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 500/2018, en que aparece como parte apelante Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A., representado pola procuradora dos tribunais Elena Medina Cuadros, asistida polo avogado Guillermo Velasco Menéndez-Morán, e como parte apelada, Rosa Ana Entenza Santomé, representada polo procurador dos tribunais César Ángel Escariz Vázquez, asistido polo avogado Miguel Francisco Costas Díaz, e Santiago Dorrío Díaz, non comparecido nesta alzada. É maxistrado relator Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A sala acorda que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Unión de Créditos Inmobiliarios, S.A. Establecimiento Financiero de Crédito contra o auto do 15 de xaneiro de 2018 ditado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín no proceso de execución hipotecaria número 182/2016, confirmandoa, sen especial imposición de custas nesta alzada.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados sinalados na marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose o devandito demandado, Santiago Dorrío Díaz, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 31 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza