Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 20 de novembro de 2019 Páx. 49471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2019/036-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Ramón Gómez Morandeira, colexiado nº 1304 do I.C.O.I.I.G., en Ourense, o día 3.10.2019, e asinado electronicamente o 10.10.2019, con visado nº 20192699.

Solicitante: E- Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Domicilio: Ribera del Loira, 60, 28042 Madrid.

Denominación: renovación da aparamenta en MT e novo cadro de BT do centro de transformación do Poboado de Prada (expediente IN407A 2016/209).

Situación: concello da Veiga.

Orzamento: 19.738,92 €.

Características técnicas: a obra atópase situada no CT existente no Poboado de Prada (expediente IN407A 2016/209), onde se instalan 2 celas de MT, do tipo illadas en gas SF6 de Ormazabal (unha de liña CE-1L-SF6 CGMCOSMOS I e unha de protección de transformador CE-1P-F-SF6 CGMCOSMOS-P) así como un cadro xeral de BT Ronutec AC-4IC FNL00100 con interruptor de corte xeral e R/T: 20000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 16 de outubro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense