Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Biduedo e Fiais, nas parroquias de Riomao e San Fiz, no concello da Veiga (expediente 2018/0166).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 30 de outubro de 2019 do proxecto de repoboación forestal na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Biduedo e Fiais, nas parroquias de Riomao e San Fiz, no concello da Veiga (Ourense) promovido pola CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Biduedo e Fiais.

Este informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático