Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2018-IPPC-I-36-325 para a ampliación dunha explotación avícola, ata 104.408 polos de engorda, en Parada de Outeiro, concello de Vilar de Santos (titular: Hermanos Quintas Pozos, S.C.).

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de outubro), e co artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación dunha explotación avícola ata 104.408 polos de engorda.

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.

Titular: Hermanos Quintas Pozos, S.C.

Localización: Parada de Outeiro, concello de Vilar de Santos (Ourense).

Expediente: 2018-IPPC-I-36.

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático