Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 19 de novembro de 2019 Páx. 49267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de novembro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos de documentación efectuados polo persoal da Inspección de Transporte Terrestre.

O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas instalacións se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, mero expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercadorías, os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polos seus preceptos estarán obrigadas a facilitar ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos de Inspección do Transporte Terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.

Intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os requirimentos de documentación do persoal de Inspección do Transporte Terrestre ás empresas que a continuación se citan.

A documentación deberá presentarse no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ante o Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, e sancionarase de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou artigo 141.4 da Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 5 de novembro de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Empresas requridas

Documentación requirida

Período de tempo requirido

53976718L

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (cargador)

13.2.2019

76986310C

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (cargador)

3.5.2019