Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 223/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 223/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Augusto Gómez Mallo contra Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L. e o Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 172/2019, do 9 de abril, ditada no procedemento ordinario 488/2016 a favor da parte executante, Augusto Gómez Mallo, fronte a Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 5.395,57 euros en concepto de principal (4.042,47 euros en concepto de diferenzas retributivas e salarios, 1.153,10 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 539,55 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe. A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

De cara a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 5.395,57 euros en concepto de principal (4.042,47 euros en concepto de diferenzas retributivas e salarios, 1.153,10 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 539,55 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0223 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir esa suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente os bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en forma legal a Pazos Instalaciones, Construcciones y Servicios, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza