Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 18 de novembro de 2019 Páx. 49107

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (484/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 484/2019, seguido por instancia de Mohamed Mahmoud M Hamoud contra Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A., con intervención do Fogasa e do Ministerio Fiscal sobre despedimento, se ditou Sentenza 524/2019, do 24 de outubro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Coruña, 28 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza