Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 881/2018 por instancia de María Rodiño García contra Step Consulting & Advisors, S.L., a administración concursal e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 15 de outubro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución:
Estímase parcialmente a demanda formulada por María Rodiño García fronte á empresa Step Consulting & Advisor, S.L. e a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento de María Rodiño García realizado pola empresa Step Consulting & Advisor, S.L.
– Declárase extinguida a relación laboral.
– Condénase Step Consulting & Advisor, S.L. a aboar a María Rodiño García a cantidade de dous mil seiscentos sesenta e catro euros con vinte e oito céntimos de euro (2.664,28 euros) en concepto de indemnización, debendo responder de tales cantidades a administración concursal.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza, ante este xulgado, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.
Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Step Consulting & Advisors S.L. e á administración concursal de Step Consulting & Advisors S.L. expido e asino este edicto.
A Coruña, 22 de outubro de 2019
A letrada da Administración de xustiza