Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48367

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a do Servizo de Cardioloxía.

Mediante a Resolución do 8 xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 144, do 31 de xullo), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a do Servizo de Cardioloxía na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

A base 5.11 da convocatoria establece que «A convocatoria será declarada deserta mediante proposta motivada cando non concorran aspirantes, cando concorran aspirantes que non reúnan os requisitos exixidos ou cando ningún/ningunha dos/das aspirantes acade 15 puntos na avaliación do proxecto técnico». A este procedemento non se presentaron candidatos/as ao posto convocado, polo que se procede a declarar deserta a convocatoria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Cardioloxía na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, por non concorreren aspirantes ao procedemento convocado.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 22 de outubro de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés