Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 140/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villamor Pérez contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o dezasete de outubro de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

Declaro prescrita a acción para instar a execución da sentenza de despedimento ditada por este xulgado nos autos DOI 404/2018 do 18.9.2018, en canto á condena de readmisión contida na devandita sentenza, e ordeno continuar a presente execución como execución monetaria, polos salarios de tramitación percibidos desde a data de efectos do despedimento ata a data de notificación da sentenza a razón de 45,87 euros diarios, que botan unha contía total de 15.779,28 euros, e pola cantidade de 642,18 euros polo concepto de liquidación, máis sobre esta última cantidade os xuros do artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a sentenza e os do artigo 576 da LAC desde a sentenza.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza