Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 132/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 132/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Juan Manuel Refojo González con Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., e condeno a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L. a lle aboar a Juan Manuel Refojo González a suma de 51.068,02 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 32.310,72 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza