Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 41/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 41/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Fernanda Suárez González contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Fernanda Suárez González contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno os demandados de modo solidario a aboarlle á demandante a suma de 1.290,60 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado terceiro desta sentenza máis os xuros previstos no artigo 1.108 do Código Civil sobre os conceptos indemnizatorios (que comportan 752,85 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre os conceptos salariais (que comportan 537,75 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Declaro que non procede apreciar responsabilidade do Fogasa no aboamento das sumas obxecto de condena, de conformidade co previsto no artigo 3 do Real decreto 1620/2011, do 14 de novembro, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

Para que lles sirva de notificación en legal forma á herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza