Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de outubro de 2019 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 7 de agosto de 2018 na cal se impuxo a segunda multa coercitiva (expediente IU2/123/2012-B1R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 26 de setembro de 2019, ditou resolución pola cal se impón a segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 17 de decembro de 2013, do 6 de febreiro de 2017 e do 24 de outubro de 2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes en dúas edificacións con tipoloxía residencial nas parcelas 886 e 887 do polígono 14, no lugar de Area de Bon, Beluso, no termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra, ao seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Antonio de Jesús Dacosta, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística