Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade de dous parques de cultivos mariños situados na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 7 de outubro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 698 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 90,53 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Antiga titular: María de los Ángeles Mollinedo Rey.

Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 796 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 155,21 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Fin da vixencia: 23.4.2029.

Antigos titulares: María de los Ángeles Mollinedo Rey e Manuel Barreiro Bouzas.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Novos titulares: José Luis Lorenzo Fungueiro (***4619**) e Margarita Castaño Fernández (***6044**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 9 de outubro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo