Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150034319 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio coñecido das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notificaránselles os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírteselles que, no caso de non compareceren, se considerarán notificadas para todos os efectos.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 18 de outubro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

35469285L

150034319

31.7.2019

Requirimento de documentación

50430635F

150014717

25.6.2019

Requirimento de documentación

32767628B

150168798

26.6.2019

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32462150L

150052994

22.7.2019

Requirimento de documentación

32379847X

150066610

15.7.2019

Requirimento de documentación

00327279N

150098402

20.8.2019

Requirimento de documentación