Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47632

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 3/2019, do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 3/2019,
do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 65, 66, 67, 68, 69 e 74 da Lei 3/2019, do 2 de xullo, de ordenación farmacéutica de Galicia.

2. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3. Comunicar este Acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente Acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 24 de setembro de 2019

A ministra de Política Territorial e Función Pública

P.S. (Real decreto 351/2019, do 20 de maio)

Luis Planas Puchades
Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza