Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47633

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se convoca o II Congreso internacional de criminalística aplicada. A investigación criminal forense.

A Academia Galega de Seguridade Pública, en colaboración co Instituto Internacional de Criminalística Aplicada, anuncia a convocatoria do II Congreso internacional de criminalística aplicada. A investigación criminal forense, de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: II Congreso internacional de criminalística aplicada. A investigación criminal forense.

Tipo: congreso.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 8.

Modalidade: presencial.

Contido:

– Venres 15 de novembro de 2019.

20.00 horas. Acto de entrega de condecoracións ao mérito profesional e académico.

Relatorio inaugural «O perito ante a Administración de xustiza».

Xuíz José Antonio Vázquez Taín.

– Sábado 16 de novembro de 2019.

10.00 horas. «Ciberseguridade e ciberguerra».

Col. Pedro Baños Bajo.

11.00 horas. «Investigación criminalística de incendios».

Jesús Ponte Pintor. Capitán xefe do laboratorio de criminalística da Policía Xudicial da Garda Civil de Galicia.

12.30 horas. «Narcotráfico e crime organizado no Estreito de Gibraltar».

Francisco López Gordo. Comisario principal da Policía Nacional de Alxeciras.

16.00 horas. «Pegadas. Ao bordo dos límites da ciencia».

Aitor Curiel López de Arcaute. Criminólogo e médico forense. Profesor na Academia do FBI.

17.00 horas. «Atracos a bancos e incidentes críticos e negociación policial en España. Natureza evolución e casuística».

Víctor das Heras Sanz. Titular docente da área de Policía Xudicial.

18.30 horas. «O crime dos marqueses de Urquijo e outros grandes misterios da historia criminal española».

Juan Rada. Xornalista e director de «El Caso».

19.30 horas. Mesa redonda «Xornalismo, xustiza e forzas de seguridade».

José Antonio Vázquez Taín (xuíz do Penal).

Estanislao de Kotska (avogado penalista).

Ignacio Santaló Junquera (avogado experto en dereitos humanos).

Juan Rada (xornalista de investigación e sucesos).

Roberto González (policía nacional-Consello Nacional de Policía).

20.00 horas. Clausura do congreso. Luís Alamancos Pampín e Antonio Busto Cuíñas. Instituto Internacional de Criminalística Aplicada.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatario/as:

Policía local, garda civil, policía nacional, UPA, protección civil e público interesado en xeral.

Prazas ofertadas:

Limitado á capacidade máxima.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no congreso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 13 de novembro de 2019.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet http://agasp.xunta.gal.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 13 de novembro de 2019, a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.gal as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: salón de actos da Agasp.

Datas: 15 e 16 de novembro de 2019.

Horario:

Venres 15 de novembro, das 21.00 ás 22.30 horas.

Sábado 16 de novembro, das 10.00 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 21.00 horas.

Certificado de asistencia:

Ao finalizar a actividade entregaráselles un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a ela.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así o exixan circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 29 de outubro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública