Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (CA 330/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento conta de avogados 330/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Fernández López contra a empresa Catersa Santiago, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa copia literal é a seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Mª Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Jorge Fernández López reclamou a Catersa Santiago, S.L. 1.519,22 euros en concepto de honorarios reclamados e non satisfeitos pola súa intervención como avogado no PO 849/12 e na ETX 188/17.

Segundo. Catersa Santiago, S.L. impugnou por excesivos os honorarios reclamados por Jorge Fernández López.

Terceiro. Deuse traslado á parte demandante polo prazo de cinco días, co resultado que consta nas actuacións.

Quinto. Enviouse testemuño ao Colexio de Avogados para que emita informe, co resultado que consta nas actuacións

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 35.2 da LAC dispón que: “Se se impugnan os honorarios por excesivos, o letrado da Administración de xustiza dará traslado ao avogado durante tres días para que se pronuncie sobre a impugnación. Se non se acepta a redución de honorarios que se lle reclama, o letrado da Administración de xustiza procederá previamente á súa regulación, conforme o previsto nos artigos 241 e seguintes, salvo que o avogado acredite a existencia de orzamento previo en escrito aceptado polo impugnante, e ditará decreto en que fixe a cantidade debida, baixo apercibimento de constrinximento se non se paga dentro dos cinco días seguintes ao da notificación.

Este decreto non será susceptible de recurso, pero non prexulgará, nin sequera parcialmente, a sentenza que se puider ditar en xuízo ordinario ulterior.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo determinar que a cantidade en concepto de honorarios de avogado se debe fixar en 1.052,20 euros máis IVE (21%), é dicir, 1.273,16 euros, cantidade que, conforme o sinalado na LAC, debe pagar a demandada no prazo de 5 días desde a notificación desta resolución, baixo apercibimento de constrinximento.

Contra esta resolución non cabe recurso pero non prexulgará, nin sequera parcialmente, a sentenza que se puider ditar en xuízo ordinario ulterior.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Catersa Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza