Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47430

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de outubro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (código de procedemento MR553C).

A través da Orde do 13 de decembro de 2018 publicada no Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2019, a Consellería do Medio Rural estableceu as bases reguladoras e convocou a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, para o ano 2019 (código de procedemento MR553C).

Coa Orde do 8 de xullo de 2019, da Consellería do Medio Rural, publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do 12 de xullo, ampliouse o crédito orzamentario da Orde do 13 de decembro de 2018.

A Consellería do Medio Rural esgotou o crédito orzamentario ampliado e recollido na citada Orde do 8 de xullo de 2019, polo que non quedaría crédito para financiar as indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais para o resto do ano 2019.

En consecuencia, cómpre levar a cabo unha segunda convocatoria cun novo crédito orzamentario co obxecto de seguir tramitando as solicitudes de indemnizacións xa presentadas e as novas que cumpran cos requisitos, e así poder continuar coa concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais durante o ano 2019.

En consecuencia, por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me foron conferidas,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer a segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio ou morte de animais, ou pola destrución de produtos, no marco de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte de animais no contexto das medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, ou como consecuencia directa de tratamentos, manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, así como nos demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

2. O procedemento de Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades atópase recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento MR553C.

Artigo 2. Bases reguladoras

As bases reguladoras desta convocatoria son as que se recollen na Orde do 13 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2019 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2019).

Artigo 3. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán optar ás indemnizacións previstas no artigo 1 as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares:

a) De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.

b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.

d) De aves sacrificadas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.

e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana.

f) De animais que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais.

g) De animais que morreran como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.

h) Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias de vixilancia, loita, control e erradicación de cada enfermidade.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as persoas ou entidades que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Requisitos

1. Para os efectos de ter dereito ás indemnizacións reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:

a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a continuación, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, polo tanto, non se atoparán incursos en ningunha das circunstancias causantes da perda do dereito á indemnización previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996.

c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia: en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.

d) Será efectivo o sacrificio obrigatorio de todos os animais incluídos nas resolucións de sacrificio ou/e de baleiro sanitario que fosen emitidas pola autoridade competente.

2. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación do procedemento de concesión da indemnización, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos no número 1 anterior.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Estar ao día nas obrigas e débedas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Estar ao día nas obrigas e débedas coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio MR553C e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Disposicións para as solicitudes e prazo

1. As solicitudes presentadas ao abeiro da presente orde axustaranse ao establecido nas bases reguladoras (Orde do 13 de decembro de 2018, publicada no DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2019), sen prexuízo do disposto no punto 2 da disposición transitoria única e na disposición adicional terceira desta orde.

2. Para presentar unha solicitude de indemnización empregarase o formulario que se recolle como anexo I desta orde (código de procedemento MR553C).

3. O prazo para a presentación das solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 29 de novembro de 2019, incluíndo ambas as datas no cómputo do prazo.

Artigo 7. Lugar e forma de presentación das solicitudes

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. A presentación electrónica da solicitude será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica (comunidades de bens (CB), sociedades civís (SC), sociedades agrarias de transformación (SAT), etc.), e para as persoas representantes dunha das anteriores.

3. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (para este código de procedemento MR553C serán as persoas físicas), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Presentación de documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación necesaria para a tramitación do procedemento, e segundo o caso de que se trate:

a) Se é o caso, e cando o/a solicitante é unha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica (sociedade civil (SC), comunidade de bens (CB), sociedade agraria de transformación (SAT), etc.): copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos.

b) No caso de representación (da persoa solicitante): documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia. O representante poderá ser unha persoa física con capacidade de obrar, ou unha persoa xurídica sempre que isto estea previsto nos seus estatutos.

c) Xustificantes (certificado/informe) do sacrificio dos animais no matadoiro. No caso de animais trasladados ao matadoiro con documentos Conduce, en que o sacrificio é certificado polo veterinario oficial, non será necesario que a persoa interesada achegue o certificado/informe do sacrificio emitido polo matadoiro.

d) Se procede, xustificantes da morte ou eutanasia dos animais positivos/sospeitosos ou de baleiro sanitario: certificado veterinario oficial, informe do veterinario da explotación. No caso de que o documento sexa un acta de inspección emitida polos servizos veterinarios oficiais que comprobaron os feitos, non será necesario que a persoa interesada achegue esta por estar xa en poder da Administración.

e) Se é o caso, documentos comerciais de acompañamento para o transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

f) Se é o caso, para os animais sacrificados que fosen dalgunha das razas autóctonas incluídas no Catálogo oficial de razas de gando de España, previsto no anexo I do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras: documento ou certificado emitido pola entidade xestora do libro xenealóxico da raza que acredite que, nunha data anterior á do seu sacrificio, os ditos animais se atopaban inscritos no correspondente libro xenealóxico, e para os efectos do contido no artigo 1, punto 3, alínea b), do Real decreto 904/2017, do 13 de outubro.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. No caso de que morran animais da explotación afectada antes do seu traslado con destino ao matadoiro, sen que a persoa titular/responsable destes achegase aos servizos veterinarios oficiais a documentación xustificativa sinalada nas alíneas d) ou e) do punto 1 anterior, os mencionados animais non serán indemnizables aínda que estean incluídos na correspondente resolución de sacrificio ou de baleiro sanitario.

Artigo 9. Resolucións

A resolución dos expedientes de indemnizacións correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, e emitiraa no prazo máximo de cinco meses contados desde o inicio do procedemento de concesión da indemnización. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de indemnización por silencio administrativo.

Artigo 10. Notificacións

As resolucións expresas de aprobación ou de denegación notificaranse ás persoas interesadas seguindo os criterios dos artigos 41 a 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Financiamento

1. As indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, tanto as xeradas durante o ano 2019 (as da primeira convocatoria e as desta segunda convocatoria) como as que non puideron ser tidas en conta durante o ano 2018, financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.0 (proxecto 2012 00748) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Esta aplicación dótase para a segunda convocatoria cun crédito de douscentos mil euros (200.000 €).

2. Conforme o artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería do Medio Rural, excepcionalmente, terá a posibilidade de ampliar o crédito fixado na convocatoria desta orde cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 deste Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo I e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional segunda. Normativa de aplicación

A todos os aspectos non regulados na Orde do 13 de decembro de 2018 e na presente orde aplicaráselles o disposto nas seguintes leis: a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; a Lei 38/2003, xeral de subvencións; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional terceira. Regulación de preceptos e documentación pertencentes ao procedemento de concesión de indemnizacións do ano anterior

No caso de que durante a instrución do ano 2018 haxa solicitudes de indemnizacións presentadas en tempo e forma por persoas interesadas, así como informes para proposta de resolución emitidos polos servizos de gandaría provinciais, e ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2017, da Consellería do Medio Rural, que rexía a concesión destas indemnizacións (código de procedemento MR553C), e que non se puidesen tramitar durante o ano 2018, teranse en conta no procedemento de concesión de indemnizacións para o ano 2019 (trátase tamén do mesmo código de procedemento MR553C) e ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2018 e desta orde, sen necesidade de que as ditas persoas interesadas presenten un novo formulario de solicitude normalizada para elas, nin tampouco que os servizos de gandaría provinciais emitan novos informes para proposta de resolución se xa están xerados.

Disposición transitoria única. Réxime para as solicitudes

Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a presente orde, disponse que:

1. En cumprimento do artigo 6 da presente orde, desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, todas as solicitudes de indemnizacións (anexo I-código de procedemento MR553C) presentaranse conforme esta convocatoria.

2. Todas as solicitudes de indemnizacións presentadas en tempo e forma por persoas/entidades interesadas, así como os informes para proposta de resolución das indemnizacións emitidos polos servizos de gandaría provinciais, en calquera data anterior ou na mesma data de publicación desta orde, ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2018 e da Orde do 8 de xullo de 2019, da Consellería do Medio Rural, e pendentes de resolución, serán admitidas/os e continuarán coa súa tramitación ao abeiro da presente orde.

Disposición derradeira primeira. Facultade de aplicación e cumprimento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións necesarias para a aplicación e o cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Baremos de indemnización polo sacrificio obrigatorio de animais
de especies distintas da bovina, ovina e cabrúa

1. Especie porcina, cando proceda indemnizar:

• Sementais e reprodutoras: 240 euros a unidade.

• Leitóns desde o nacemento ata os 6 kg de peso vivo: 20 euros a unidade.

• Leitóns maiores de 6 kg e ata os 20 kg de peso vivo: 30 euros a unidade.

• Porcino de ceba maior de 20 kg de peso vivo: 150 euros a unidade.

2. Avicultura:

Polos de engorda da especie Gallus gallus

Semanas de vida

Euros/ave

1

0,14

2

0,32

3

0,54

4

0,84

5

1,16

6

1,49

7 e máis

1,80

Pavos de engorda da especie Meleagris gallopavo

Semanas de vida

Euros/ave

Machos

Femias

2

0,28

4

1,12

6

2,18

1,88

8

3,25

2,64

10

5,12

3,91

12

6,98

5,17

14

8,94

6,58

16

10,90

7,99

18 e máis

12,34

8,76