Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora.
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto dos contratos.
a) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1107. Colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo. Rianxo (A Coruña).
Clave do expediente: GA.19070.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).
Orzamento base: importe neto: 9.668,75 euros. Importe total: 11.699,19 euros.
Prazo de execución: 5 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 6.380,00 euros. Importe total: 7.719,80 euros.
Empresa contratista: Normansys, S.L.
b) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.315.1077. Saneamento na Malata. Ferrol (A Coruña).
Clave do expediente: GA.19077.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).
Orzamento base: importe neto: 13.685,00 euros. Importe total: 16.558,85 euros.
Prazo de execución: 4 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 7.550,00 euros. Importe total: 9.135,50 euros.
Empresa contratista: Normansys, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)): «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas».
En contrato, a actuación referida no punto 2.a) encádrase dentro da Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo» e a referida no punto 2.b) na operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ferrol». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia