Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións en relación cos expedientes de concentración parcelaria da zona de Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra), en modificación de bases definitivas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar); teléfono 986 80 54 33.

Pontevedra, 16 de outubro de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

117-2019

35428418T

Cambio de titularidade

155-2019

35600639C

Cambio de titularidade

343-2019

35456775K

Cambio de titularidade

345-2019

35441007P

Cambio de titularidade

346-2019

35458567L

Cambio de titularidade

419-2019

35453959B

Cambio de titularidade

468-2019

35436985B

Cambio de titularidade

657-2019

35452549G

Cambio de titularidade

700-2019

35460022W

Cambio de titularidade

4514-2018

35446115X

Cambio de titularidade