Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de outubro de 2019, da Zona Centro, polo que se procede á apertura de prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos número 14 novo e número 16 novo, no dominio público portuario de Corme.

Quedando dispoñibles no porto de Corme os departamentos nº 14 novo e nº 16 novo no dominio público portuario de Corme, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro da entidade pública empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 18 de outubro de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro