Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47106

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa (expediente 4707/2018).

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

4707/2018

Polígono 25, parcela 69 27067A025000690000XI

Contorna do cemiterio de Covas, Viveiro

76543625Q (20,00 % de propiedade)

33759144C (20,00 % de propiedade)

Polígono 25, parcela 68 27067A025000680000XX

Contorna do cemiterio de Covas, Viveiro

Francisco Díaz Rego

Polígono 25, parcela 11 27067A025000110000XS

Contorna do cemiterio de Covas, Viveiro

33759152M

Polígono 25, parcela 72

Cat. 27067A025000720000XI

Contorna do cemiterio de Covas, Viveiro

33677191Q

Polígono 25, parcela 88 27067A025000880000XP

Contorna do cemiterio de Covas, Viveiro

Antonia Fandiño Polo

Viveiro, 18 de outubro de 2019

María Loureiro García
Alcaldesa