Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47105

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenación de volumes nunha parcela de solo industrial na avenida das Carolinas, s/n.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de setembro de 2019, acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenación de volumes en parcela de solo industrial de superficie superior a 3.000 m2 na avenida das Carolinas s/n (R.U.242), promovido por Mario Villanueva Ruíz e/n Carolpark, S.L.

Segundo. Publicar no prazo dun mes no DOG o acordo de aprobación definitiva, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei do solo de Galicia e no artigo 199 do seu regulamento.

Terceiro. Remitir o expediente, en soporte dixital, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 8 de outubro de 2019

Alberto Varela Paz
Alcalde