Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47107

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 18 de outubro de 2019 polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Anúnciase o alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

1. Entidade adxudicadora: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

2. Órgano de contratación: o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

3. Obxecto: alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

4. Procedemento: poxa en réxime de libre concorrencia

5. Orzamento do alleamento: 217.928,33 € máis o 21 % de IVE.

6. Orzamento de execución do proxecto técnico de desmontaxe: 195.885,56 € máis o 21 % de IVE.

7. Obtención da documentación e información: perfil do contratante da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=72&OR=72

Presencial: Servizo de Xestión e Servizos Comúns.

Teléfono: 981 54 08 51.

Correo electrónico: sercom@crtvg.es

8. Presentación de ofertas: epígrafe L da folla de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.