Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47038

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade a diversos enderezos da internet de acceso a sistemas regulados pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, regula diversos sistemas que configuran un conxunto de servizos dispoñibles para a cidadanía, ou mesmo orientados á súa utilización dentro do sector público autonómico.

A disposición adicional primeira da dita lei establece que, mediante resolución da entidade do sector público autonómico con competencia en materia de desenvolvemento dixital, se dará publicidade aos enderezos da internet en que se localizan os sistemas regulados.

En consecuencia, e de conformidade coas atribucións conferidas polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos enderezos da internet de sistemas accesibles directamente pola cidadanía, que se incorpora como anexo I desta resolución, así como a relación dos enderezos da internet de sistemas para o uso do sector público autonómico no seu funcionamento interno, que se incorpora como anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Enderezos da internet de sistemas accesibles directamente pola cidadanía

1. O Portal web institucional da Xunta de Galicia, regulado no artigo 53 da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://www.xunta.gal

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia, regulada no artigo 16 da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://sede.xunta.gal

3. O sistema de notificacións electrónicas de Galicia, regulado no artigo 45 da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://notifica.xunta.gal ou no enderezo https://notifica.gal

4. Sala de sinaturas para a sinatura de documentos entre o sector público autonómico e terceiros https://saladesinaturas.xunta.gal

5. O Portal do Diario Oficial de Galicia, regulado no artigo 51 la Lei 4/2019, está accesible nos seguintes enderezos directos: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia ou https://dog.xunta.gal

ANEXO II

Enderezos da internet de sistemas para o uso do sector público autonómico
no seu funcionamento interno

1. A plataforma de intermediación pasaXe! para o intercambio de datos e documentos, regulada no artigo 78 da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://pasaxe.xunta.gal

2. Sistema para a sinatura electrónica de documentos https://portasinaturas.xunta.gal

3. A intranet corporativa, recollida no artigo 92 da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://intranet.xunta.gal

4. O directorio oficial do sector público autonómico, nos termos establecidos no artigo 61.4.a) da Lei 4/2019, está accesible no enderezo https://dirof.xunta.gal