A Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019, debe ser modificada para permitir que os beneficiarios poidan acollerse á ampliación do prazo de xustificación dos traballos subvencionados.
Consecuentemente con todo o anterior esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPÓN:
Artigo único. Modificación da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.
A Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019, queda modificada como segue:
Un. No artigo 20.2 queda redactado como segue:
2. O prazo máximo para o remate e xustificación dos traballos será 4 meses desde a notificación da resolución de aprobación da subvención e, como máximo, ata o 31 de outubro do ano 2019. A ampliación do prazo de xustificación será por solicitude do beneficiario e este poderá exceder o 31 de outubro do ano 2019, ata un límite máximo de 1 mes e sete días a partir da devandita data, para todas as solicitudes presentadas antes do prazo de xustificación que remataba o 31 de outubro do ano 2019.
Disposición derradeira única. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural