Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46770

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de setembro de 2019 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro autorizado de ensinanzas deportivas Safe Formación, de Ourense.

Advertido erro no texto da Orde do 25 de setembro de 2019 que se cita, publicada no DOG núm. 193, do xoves 10 de outubro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44748, no artigo 1, onde di:

«Ensinanzas autorizadas:

Especialidade: deportes de inverno.

a) Grao medio.

• Técnico deportivo en esquí alpino.

• Técnico deportivo en esquí de fondo.

• Técnico deportivo en snowboard.

b) Grao superior.

• Técnico deportivo superior en esquí alpino.

• Técnico deportivo superior en esquí de fondo.

• Técnico deportivo superior en snowboard.

c) Ensinanzas a distancia.

Bloque común e complementario e o bloque común das actividades promovidas polas federacións deportivas».

Debe dicir:

«Ensinanzas autorizadas:

a) Especialidade: deportes de inverno.

Grao medio:

• Técnico deportivo en esquí alpino.

• Técnico deportivo en esquí de fondo.

• Técnico deportivo en snowboard.

Grao superior:

• Técnico deportivo superior en esquí alpino.

• Técnico deportivo superior en esquí de fondo.

• Técnico deportivo superior en snowboard.

b) Especialidade: deportes de montaña e escalada.

Grao medio:

• Técnico deportivo en alta montaña.

• Técnico deportivo en barrancos.

• Técnico deportivo en escalada.

• Técnico deportivo en media montaña.

Grao superior:

• Técnico deportivo superior en alta montaña.

• Técnico deportivo superior en escalada.

• Técnico deportivo superior en esquí de montaña.

c) Ensinanzas a distancia.

Bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia».