Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46769

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado estranxeiro O Castro International School, de Mos.

Advertido erro na Orde do 20 de febreiro de 2019, que se cita, publicada no DOG núm. 50, do martes 12 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 13651, onde di:

«• Autorización definitiva:

a) Nursery (3 anos de idade) ata o curso de Year 6 (11 anos de idade), para 550 postos escolares, que corresponde co 2º ciclo de educación infantil e de 1º a 6º curso de educación primaria do sistema educativo de España.

b) Year 7 (12 anos de idade) ata Year 9 (14 anos de idade), para 175 postos escolares, que corresponde a 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria do sistema educativo de España.

• Autorización temporal ata o 13 de novembro de 2021, de Year 10 (15 anos de idade) ata Year 11 (16 anos de idade), para 100 postos escolares, que corresponde a 2º e 3º curso de educación secundaria obrigatoria».

Debe dicir:

«• Autorización definitiva:

a) Nursery (3 a 4 anos de idade) ata o curso de Year 6 (10 a 11 anos de idade), para 550 postos escolares, que corresponde co 2º ciclo de educación infantil e de 1º a 5º curso de educación primaria do sistema educativo de España.

b) Year 7 (11 a 12 anos de idade) ata Year 9 (13 a 14 anos de idade), para 175 postos escolares, que corresponde a 6º de educación primaria e a 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria do sistema educativo de España.

• Autorización temporal ata o 13 de novembro de 2021, de Year 10 (14 a 15 anos de idade) ata Year 11 (15 a 16 anos de idade), para 100 postos escolares, que corresponde a 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria».