En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 4.9.2019 os estatutos de Agadeca, Asociación Gallega de Empresas de Cátering (https://expinterweb.empleo.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
Asinan a acta de constitución: María Noemí Díaz López, Carlos Conde Díaz e María del Carmen López Rebollar.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2019
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego