Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Panificadora del Noroeste, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Panificadora del Noroeste, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 26 de xuño de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo capital social mínimo é de 21.000,00 €.

A Coruña, 15 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña