Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da LAT 132 kV parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela (expediente 017/2005 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento de actas previas complementarias á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LAT 132 kV parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela (expediente 017/2005 AT).

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 16 de outubro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 017/2005 AT.

Denominación: LAT 132 kV parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela.

Convocatoria de levantamento de actas previas: 28 de novembro de 2019 no concello de Triacastela.

Predio

Polígono

Parcela

Propietarios

Data do acto

Hora

6

42

180

Herdeiros de Julia Pérez Ánguez

28.11.2019

10.00