Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Adiante Mos, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación dos artigos 44 e 45 dos estatutos sociais (novo capital social mínimo), da entidade Adiante Mos, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 10 de xullo de 2019, por unanimidade. Consta como novo capital social mínimo 36.000,00 €,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación dos artigos 44 e 45 dos estatutos (novo capital social mínimo), da entidade Adiante Mos, S. Coop. Galega.

Vigo, 8 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra