Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (64/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 64/2019 por instancia de María Jesús Castro Parafita contra o Concello de Val do Dubra, a empresa Undine Servicios Integrales, S.L., a empresa Pedra Salgada, S.L. (desistida) e a empresa Limpiezas Germania, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 3 de xullo de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Desestímase a demanda formulada por María Jesús Castro Parafita fronte ao Concello de Val do Dubra e as empresas Udine Servicios Integrales, S.L., Pedra Salgada, S.L. (desistida) e Limpiezas Germania, S.L., desestímase a excepción de falta de lexitimación pasiva oposta por esta última, por inexistencia de despedimento, e absólvense estas das pretensións fronte a elas exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Undine Servicios Ingtegrales, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 7 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza