Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 211/2018).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 211/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Vázquez Fente contra Streamnow, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse a Sentenza 308/2019, do 1.7.2019, que estima a demanda e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Streamnow, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza