Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46345

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso dotacional no contorno do colexio Loyola, na rúa Curros Enríquez.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de setembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Prestar aprobación ao documento para cambio de uso dotacional no contorno do colexio Loyola, rúa Curros Enríquez, en parcela de equipamento dotacional para equipamento dotacional de aparcadoiro público, con data de agosto de 2019, redactado polo arquitecto Alejandro García Virosta e, en consecuencia, suprimir a adscrición para uso dotacional de equipamento público das parcelas de referencias catastrais 0821802NJ6102S e 0821803NJ6102S, sitas na rúa Curros Enríquez, cualificadas como solo urbano dotacional de equipamento (SUDE), e autorizar, polo tanto, o uso dotacional de aparcadoiro público (SUDE de aparcadoiro público), mantendo en todo caso a titularidade pública.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Mugardos, 27 de setembro de 2019

María Pilar Díaz Otero
Alcaldesa