No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 331/2019 (procedemento abreviado), interposto por María Dolores Caamaño Lago contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 24 de maio de 2019, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 (categoría: grupo de xestión da función administrativa) (DOG núm. 53, do 15 de marzo).
A recorrente, no seu recurso, impugna a pregunta nº 47 da parte de contido teórico do primeiro exercicio da fase de oposición ao entender que a resposta considerada polo tribunal como correcta non o é.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos